Xoves. 16.05.2024
El tiempo
12:19
14/06/11

Notas sobre a poboación de Cee (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860)

Notas sobre a poboación de Cee (ss. XVI-XX): 15. A evolución da poboación a través dos rexistros parroquiais (1600-1860)

Complementariamente á información que se pode obter a partir dos distintos censos e vecindarios, moi variable como x atemos comentado, a demografía do Antigo Rexime tamén pode ser estudiada en función da documentación parroquial, especialmente co aproveitamento dos datos ofecidos nos libros sacramentais de bautizados, casamentos e defuncións. É, dende logo, un traballo laborioso e complexo, no que hai que xogar con moitas variables e ter especial coidado co grao de fiabilidade das fontes emprego.

O emprego desta documentación con fins demográficos remóntase prácticamente a tres décadas, cando tivo lugar a introducción en España, por parte do profesor Eiras Roel, da corrente historiográfica dos Annales. Boa parte das suas ideas plasmáronse nunha serie de traballos, nados na Universidade de Santiago, grazas ós que hoxe podemos coñecer diferentes dinámicas e comportamentos demográficos de diversas partes de Galicia. Así, están estudiadas as comarcas do Salnés, Barbanza, a Ulla, a Terra de Montes, a antiga provincia de Mondoñedo ou a xurisdicción de Xallas, entre outras.

¿Qué características básicas presenta este tipo de documentación?

Temos que ter presente, en primeiro lugar, que non estamos diante dunha documentación “perfecta”, fundamentalmente debido a falta de coidado ou a mala preparación dos encargados da súa realización, esto é, os párrocos. Pódese comprobar o que afirmamos na meirande parte das parroquias rurais, con especial incidencia nas máis pequenas ou nos anexos. Normalmente, canto menos atractivos teña unha parroquia, desde o punto de vista económico, menor será a calidade da información conservada debido a que nestas parroquias acababan os curas peor preparados e tamén, por que non dicilo os que tiñan “menos recomendación”, xa que o obxectivo de todo cura era acadar unha boa parroquia que lle permitirá pasar tranquilamente o resto dos seus días, circunstancia que non sempre se daba xa que en moitas ocasións, os “grandes señores”, como podían ser o Conde de Altamira ou o Arcediago de Trastamara, que tiñan a potestade de nomear ós párrocos nos curatos do seu patronato, podían ordear o seu traslado segundo a súa conveniencia, xa que os curas non tiñan o dereito de permanecer fixos nunha parroquia.

Nas faltas ou omisións que nos podemos atopar nos libros sacramentais temos dous tipos: as fortuitas, na meirande parte consecuencia dun mal control por parte dos párrocos, e as de carácter sistemático, que a diferencia das primeiras son moito máis dificiles de subsanar e que fundamentalmente se refiren á mortalidade infantil. Nas vindeiras entregas iremos vendo, con exemplos, esta problemática que, indirectamente, nos permite achegarnos á realidade das nosas parroquias nos últimos catro séculos.

  • Víctor Castiñeira. (vmcastineira[arroba]quepasanacosta.gal)

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Elección Histórica da Costa da Morte

Especial Bicentenario de Víctor Castiñeira en La Voz de Galicia

Fonte

Comentarios