Xoves. 28.03.2024
El tiempo
11:38
25/01/12

Pechan Megaupload. Que está acontecendo?

Pechan Megaupload. Que está acontecendo?

De novo EEUU demostra ó mundo a súa capacidade para levar as súas abusivas leis e os seus intereses a outros países, os cales obedecen gustosamente e firman ordes de extradición a un país cuias leis contra a propiedade intelectual industrial dan en pleno século XXI verdadeira pena e vergoña.

Pena e vergoña dá tamén a explicación do acontecido polos principais canles de televisión, coma se o propio FBI fora quen dera a información, tachando de organización criminal a unha empresa que en calqueira parte do mundo sería legal e criminalizando simples acusacións como se de un xuíz se tratase. (Isto recordame a outras novas sobre Irán-EEUU-Israel)

Non vin ningunha nova que fixera referencia a que o almacenamento e posesión sen pasar por caixa de material con copyright só está penado en EEUU; e tampouco vin ningunha mención a que Megaupload non posúe servidores propios, como tampouco vin ningunha mención a que ninguén tiña a obrigación de pagar por descagarse un arquivo de Megaupload. Só escoitei palabras como “enorme rede de piratería”, “delincuentes”, “organización criminal”, “violación de propiedade intelectual”. Acaso volvémonos tolos?

Esta sería unha das veces que eu diría… "bueno, como sempre a desenformación en televisión, menos mal que sempre nos quedará a Internet libre e plural".
Pero ollo, pode que a Internet libre a plural teña os seus días contados, alomenos se nós, si… nós! Os que utilizamos este rede, nos poñamos as pilas e fagamos valer os nosos dereitos. Esta operación poderíase considerar un aperitivo de moitos dos plans que EEUU ten para acabar con esta libertade da que falamos, e que moitos países, mesmo o noso, están dispostos a seguirlles ata donde faga falta.

A neutralidade da rede está en serio perigo, a única vía de comunicación na que todos temos voz e na que todos somos iguais está a punto de cambiar de maneira radical; e por que? Pois polo de sempre.. polos cartos.

Sinde ou SOPA

Seguro que moitos de vos escoitachedes falar da lei SOPA americana, ou da lei Sende Española (da que xa teño falado por aquí). Así, mooooi polo miúdo, a americana pretende que todo o trafico que pase polo teu ordenador sexa analizado minuciosamente por si se atopa algún artigo con copyright (onde queda a privacidade?); a española pretende que sexa unha comisión e non un xuíz a que teña potestade para pechar unha páxina web que consideren “pirata” aínda que esta mesma sexa total e completamente legal a ollos da xustiza (vamos, conseguir con trampas o que legalmente non se pode).

Quen e por que

E todo isto para que? Para beneficiar a quen? Moitos pensarán que os creadores, músicos, productores, etc... e están moi equivocados. Como dixen o carto é o que manda, e as grandes multinacionais son as verdadeiras perxudicadas co tema de compartir cultura. Falo das Sony, Universal Studios, Toshiba, CBS, etc...

Compañias, que moitas de elas siguen un sistema de traballo e ganancias totalmente obsoleto nos tempos que corren e que lonxe de adaptarse o presente (como fai pouco fixo Kodak coa súa bancarrota) pretenden, co seu poder, que os gobernos obriguen á xente a volver ó pasado.

A inmensa maioría dos artistas non aceptan estas leis, de feito moitisimos deles están fartos de compañías, como por exemplo as discograficas, das que aguantando contratos abusivos tan só reciben menos de un 1% das ventas dos seus discos. Todo o mundo quere un cambio de modelo de negocio, adaptarse os novos tempos pero como gobernos como o de EEUU ou o Español sigan apoiando a estas compañías a tarea preséntase complicada.

Por sorte internet non é tan fácil de controlar e dominar, a redee podemos utilizala de mil formas e despois de este cerre demostrarase que non se lle poden poñer cancelas o campo. O intercambio de todo tipo de información sempre seguirá existindo, como toda a vida, non hai nada que o poda parar. E de eso falaremos noutro momento, de todas as alternativas os servizos de almacenamento centralizado que hai hoxe en día e que son imparables: Bittorrent, KAD etc..

O dito, o futuro de esta rede está en nós, visto o que hai ninguén vai a valer os nosos dereitos na rede máis que os que cada día a utilizamos, e parece mentira falar de isto como si foramos un grupo pequeno cando somos toda a poboación do planeta, da unha visión triste de a quen defenden realmente os gobernos. E máis se se lle suma o que se escoita polos medios de comunicación.

Estou lembrando o que dicían en Antena 3, que os cines estaban vacíos por culpa da piratería. E que ninguén se puxo a pensar no prezo das entradas?? Que mundo este...!


EDITO: Xa co artigo acabado enterome de esta nova: Megaupload planeaba pagar a los artistas y abrir una tienda musical.
A cal fai pensar un pouco, en quen ou quenes son os malos de esta historia…

Artigos anteriores de Mario Rodríguez

Fonte

Comentarios