Tabaquismo
08:41 03/12/10
Hoxe quero falar dunha enfermidade. Este mal, que eu mesmo padecín durante anos, esta provocado pola adicción a unha substancia, a nicotina, que aínda que legal é máis nociva, segundo a mesma OMS, que moitas das prohibidas. O consumo desta substancia, altamente adictiva, conleva ademais una serie de cuestións que, á vez, resultan altamente prexudiciais para o resto de persoas que vivan, pasen ou circulen preto do consumidor desta droga. O ter que inhalala consumindo a planta seca do tabaco enrolado en cilindros que se queiman para absorber o fume que producen, ese fume resultante agride de xeito mortal o resto de afectados, queiran estes ou non consumir a substancia. Ata aquí os feitos. Agora divaguemos.
PP e CIU, por medio dunha enmenda, pretenden a morte dunha cantidade indeterminada de habitantes do país. As razóns son puramente económicas e están baseadas no poder dos grandes “lobby” do tabaco, produtores e empresas tabaqueiras, artífices dunha serie de políticas irracionais destinadas a defender o seu patrimonio económico. Non lles importa un pepino a saúde de ninguén, só o seu peto. E os partidos políticos son un excelente caldo de cultivo para este xeito de facer as cousas, sobre todo na dereita do arco parlamentario. Sigamos.
O PSOE, dun xeito valente e inexplicable, decidía hai meses poñer en marcha a elaboración e posterior aprobación dunha lei que ía prohibir o consumo de tabaco en áreas públicas de toda índole; bares, cafeterías, restaurantes, pero tamén preto de hospitais, colexios ou parques infantís. Unha medida que deixaba, iso si, total dispoñibilidade a quen o desexase a seguir suicidándose na súa casa ou no campo o aire libre si o desexaba. Ou na rúa, respetando as distancias debidas con espazos públicos onde persoas que non precisan nin queren morrer así non terían porque seguir absorbendo os nocivos fumes. Unha lei e unhas medidas amplamente aprobadas en Europa, onde en varios países esta xa prohibido fumar en ningunha parte salvo no propio fogar ou na rúa pelada.
Aquí, nembargantes, en xaneiro teremos unha lei mutilada. E eu, dende esta pequeniña atalaia que en demasiadas ocasións ninguén segue e que en outras moitas ninguén respeta, acuso aquí claramente de que o PP e CIU son responsables civiles subsidiarios de cantas mortes se produzan de fumadores pasivos dende ese dia e ata a redacción dunha lei onde, de verdade, se prohiba isto en tódolos lugares públicos susceptibles de albergar a persoas que non sexan fumadoras.
Chegados a este punto, vou respostar á pregunta da maioría dos fumadores que teñan chegado a ler ata aquí sen acordarse dos meus ancestros, ¿Por qué?. Pois mira, claramente. Porque si.
Pola mesma razón que a cocaína e a heroína son ilegais e pola mesma pola que, por moito que o pida un politoxicomano, non imos legalizar esas substancias do modo en que é legal consumir tabaco. Pola mesma razón pola que un enfermo de Alzheimer debe ser atendido e coidado. Pola mesma pola que alguén con Anorexia non pode decidir que menú quere para almorzar. Porque non estades no voso sano xuízo.
Porque sodes adictos, coma eu mesmo o fun durante anos. Porque, aínda que pensedes que si, non sodes capaces de deixalo, un de cada tres segundo un estudo recente. Porque nin as advertencias nas cajetillas, nin os casos cercanos a vos mesmos de cáncer de pulmón, nin a morte dese avó, de aquel tío, entre toses profundas, na mesma asfixia, vos fai recapacitar. Porque estades enfermos na vosa cabeza e pola mesma pola que non deixamos que os enfermos mentais diagnosticados conduzan autobuses escolares sen estar medicados e vixiados. Porque non estades ben. Porque si estiverades ben, simplemente non fumariades.
Así que, deixade xa o discurso das “liberdades individuais”. Non tedes nada de “libres” e si bastante de “dependentes”. O so feito de pensar en ter que estar sen fumar todo o dia no inverno, do traballo a cafetería, de alí o banco, o supermercado, o colexio a polos nenos, a buscar aquela cita o Hospital… ¿Cómo fago?, ¿onde fumo?. ¿Na rúa, chovendo?
Deixade xa o argumento da pobre hostalería, ay¡¡, mártir que perdera millóns a moreas. Falso. Irlanda, país das pintas e da “Happy Our” viu coma medraban un 11% as súas vendas dende a prohibición de fumar en bares e pubs. Deixade o peregrino argumento do fume dos coches porque aínda sendo certo ¿Qué preferides, que se prohiba fumar ou ir a pe ca mercancía do reparto o lombo?... Ahhh, xa me parecía. Algún dirá que a pe, cargado, sempre que poda fumar mentres traballa… ¿e ese esta ben da cabeza?
O tabaquismo matou o ano pasado 4.400 persoas en Galicia. Case a poboación total do concello de Dumbría. Tres veces a poboación de Corcubión. Pais, nais, avós, fillos, fillas. Con nomes e apelidos.
Eu vin morrer o meu avó dun cancro de larinxe. Foi minguando a inxesta de alimentos ata morrer de inanición. Non podía nin tragar auga e, finalmente, deixou de respirar. Tiña 68 anos. Fumou toda a súa vida e nunca ninguén lle dixo que era gravemente nocivo, ata que lle descubriron o cancro. Inoperable. A pesares disto eu acabei fumando. Fíxeno durante unha década. Eu tiven mais sorte e so fastidiei os bronquios de xeito tal que o do lado dereito me funciona o 30% e o do esquerdo o 60%. Respiro mal e a humidade acaba comigo, pero estou vivo. Cando deixei de fumar, consumía mais de dous paquetes o dia. Unha autentica cheminea era eu.
Deixei de fumar hai máis de seis anos e cada día, dende entón, sen fallar nin un momento, teño gañas de fumar. Vexo con envexa os amigos nas vodas chutandose eses "Habanos" excelentes, ese fantástico cheiro a madeira nobre consumida de a pouco. Ese aroma que o impregna todo. E si eu puidera, se non puxera en perigo a miña vida, senón me marease…
Si, son un yonki. Igual que ti. ¿De verdade me queres dicir que estas capacitado para defender que é preciso crear unha área para fumadores nos bares?. Repito para os despistados. PP e CIU pretende asasinar cunha enmenda da lei a milleiros de cidadáns o ano por medio do tabaquismo activo e pasivo. O resto é divagar.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Máis información e contacto
- Facebook: José Luis Louzán.
Novas relacionadas
Verdades anteriores
- ¿Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- "Agallas".
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- "Aínda que pareza mentira...".
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo....
- Patrimonio do ¿Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución ¿de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo....”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- ¿Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.