Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas
09:51 09/01/12
Dona Diáspora é das que pensa que a emigración dos galegos foi soamente unha singradura sentimental polos vieiros do mundo. Non esquece que na nosa historia houbo moitos feitos que levaron fóra a milleiros de persoas que remataron os seus días lonxe da terra de Rosalía. Os estudos e as teses centran o seu interese na economía ou na sociedade ou no territorio pero ninguén vai mirar dentro do corazón dos emigrantes que deixaron a súa lareira nuns tempos nos que as distancias eran case definitivas.
Habería que ir pensando en establecer unhas liñas básicas polas que se desenvolvería un proxecto interdisciplinar de antropólogos, psicólogos e sociólogos que xuntos estuden aos protagonistas da nosa máis grande epopea humanitaria. Hai quen ---por ignorancia--- non sinte orgullo de ser membro numerario da nobre tribo galaica dos sementadores de esforzo honrado e solidario nos regos americanos e europeos. Os investigadores rastrexarán nos corazóns de residentes no exterior e retornados para ver se temos respostas do ser humano individual e concreto que loitou en terra allea.
A partir dunha mostra inicial de 500 entrevistas persoais iremos poñendo luz en espazos que aínda están as escuras. Poida que nas conclusións atopemos que non aparece por ningures nin a ambición nin o interese económico. A edición do estudo será moi útil para os netos da emigración que poderán confirmar con datos que os seus avós son merecentes das maiores louvanzas xa que deixaron a súa aldea para buscar o benestar dos seus descendentes. Haberá que falar pouco de cartos e moito de agarimo, paixón e xenerosidade.
Dona Diáspora non atopa ningún desexo tolo de facer cartos nos roteiros de tres emigrantes ---os tres existiron realmente--- na capital uruguaia que deixaron para os herdeiros un cofre cheo de emocións. Os tres desprazados foron valentes e puideron romper as cadeas. Cada un ao seu xeito foi quen de esmagar a freadora morriña para convertirse en alegres compañeiros das cores montevideanas.
a) O ferreiro. Era da parroquia vimiancesa de Tines. No seu primeiro domingo en Montevideo lévano a coñecer unha gran feira que se instala na rúa Tristán Narvaja. Vai con dous amigos mirando aquí e acolá ata que un retrato en branco e negro chama a súa atención. Pregunta o prezo e mércao. Deseguido rómpeo en media ducia de anacos diante do vendedor. A xente do seu redor, aplaude. Aquela fotografía era a mesma que penduraba na escola pero agora un tal Francisco Franco xa non o inquedaba.
b) O mariñeiro. Era da parroquia pontecesá de Corme. Traballaba facendo toldos de lona na máis importante empresa do país. Mercou unha chalana de madeira para ir coller peixes non lonxe do peirao do porto do Buceo. Volveu con tres caixas cheas de peixe: brótolas, corvinas e roncaderas. Puxo as caixas nun pequeno muro da rambla ata que quedaron baldeiras. Os uruguaios preferían o asado de tira pero tampouco se sorprenderon moito cando aquel emigrante ofrecía de balde o que viña de pescar.
c) O panadeiro. Era da parroquia zaense de Lamas. Tiña unha boa panadería en Malvín. Cada domingo e mentras escoitaba o partido de Peñarol no Estadio Centenario intentaba cocer un moletiño para non esquecer o que mercaba a súa nai na feira de Baio. Escollía a mellor fariña e coidaba do forno pero o sabor non era o que recordaba. Foi ata Minas para coller auga pero seguía sen obter o saboroso pan da súa infancia. Disque aló enriba segue amasando para non esquecer o oficio.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): "Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga".
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .