Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca
Dona Diáspora non puido achegarse por Fisterra na compaña da súa vella amiga Elba María Calvo Peña xa que a moi activa filla da emigración recibiu o luns 28 de xaneiro unha súpeta chamada celestial. Quería ensinarlle un lugar máxico desde o cal, nos días solleiros, albíscase o porto de Bos Aires. A viaxe incluía unha parada en Baíñas [Vimianzo] para poder escoitar as reflexións dunha prehistórica anta que defende con firmeza os dereitos de todos os galegos espallados polo mundo. Os que coñecen a Elba certifican que no seguinte diálogo recóllese enteiriño todo o que se falou naquela histórica visita que non tivo lugar.
Así o aseguran xa que o seu dinámico carácter non lle permitía deixar temas sen pechar ou problemas sen solucionar.
- Pedra da Arca:
Ola, Elba. Xa tiña eu ganas de coñecerte despois de anos esperando por ti. Aínda lembro cando viñeron verme tres amigos teus ---Marcelino, Pepe e Teresa--- para pedirme que te recibise cando foses ata Fisterra. Os teus amigos sabían ben que o meu traballo de informadora megalítica da Costa da Morte non me deixa tempo libre para desprazarme a Santiago de Compostela. A verdade é que sen os informes dos teus amigos sobre o teu corazón solidario non tería hoxe abertos os meus esteos para atenderte. Dixeron que eras unha digna herdeira de Galicia na Arxentina e iso a min, éncheme de ledicia. Entenderás que a miña axenda non teña ocos para as pantasmadas de persoas que acoden ao meu carón na busca de amaños para as súas ambicións trangalleiras.
- Elba:
Bueno, che, gracias pero te aclaro que el valioso tiempo que me dedicás no es a título personal ¿me entendés? Yo no tengo ninguna importancia. Los que realmente importan son mis queridos padres emigrantes de Pereda [Cea] y Xurenzás [Boborás] a los que recuerdo cada día con enorme agradecimiento. De mis amigos Marcelino, Pepe y Teresa te digo que son más que maravillosos. No saben lo que hacer para cuidarme y protegerme. Es cierto que ando un poco nerviosa, no lo puedo remediar, porque la calentura que me agarré me hizo subir la presión y afectarme la circulación sanguínea. ¿Querés saber lo que dijeron unos compañeros de mi agrupación política?
- Pedra da Arca:
Non sei case nada do acontecido no seo da delegación do teu partido na Arxentina. Estou un pouco apartada do mundo e sen aparello de telefonía móbil por mor desta agresiva liña eléctrica de alta tensión que coma podes ver pasa a rentes da miña mámoa. No verán, adoitan visitarme tres bos porteños da emigración ---Adolfo, Carlos e Gladys--- que me poñen ao día sobre as actividades e a vida social dentro da nosa ampla comunidade emigrante. Supoño, prezada Elba, que non andarei desencamiñada se digo que o problema comezou coas ansias de poder dalgúns compañeiros teus. Poida que houbese moitos interesados en presidir a agrupación e ningún que botase unha man no “laburo” cotián. Se ademais engadimos a túa antiga e cordial relación de amistade cun afillado dos Peares que manda moito no partido, entón, estás en perigo. O que non entendo, de verdade, é que sendo ti tan forte poidan ferirte as envexas de media ducia de arribistas preguiceiros.
- Elba:
Tenés razón. No tendría que darles bola. A lo mejor así evitaba los problemas de salud que estoy teniendo. La verdad, che, ando media floja. Cuando no me duele el brazo me duele la pierna. Si hasta ando con pastillas calmantes en el bolso. Yo, ahora, tener que pichicatearme por unos envidiosos: ¡no se puede creer! Antes de los líos políticos, una vez al año, me tomaba una aspirina al ver sufrir a mi querido Norberto porque el Racing de Avellaneda estaba con una pata en Segunda. Es que no me puedo aguantar y me salta el corazón cuando descubro traidores en mi gran partido político. Soy católica pero no los perdono. Son unos asquerosos que se mueren de rabia al verme en una foto al lado de mi ahijado.
- Pedra da Arca:
Non sei Elba pero tes que ir acougando. O primeiro é a túa saúde. A min e non te ofendas, paréceme que non tes madeira de dirixente política. Quero dicir que levas nas veas a sinceridade herdada dos teus pais e así non vas a ningures. Sempre chamas as cousas polo seu nome: a) para ti os que traizoan son traidores [en política son compañeiros con opinións diferentes]; b) para ti os que minten son mentireiros [en política son compañeiros con sentido do humor]; c) para ti os que rouban son ladróns [en política son compañeiros que tiveron un desfase contable]. Sendo así, Elbiña, tes que coincidir comigo en que é lóxico que os lareteiros non apoiaran a túa candidatura. Tiñan medo de que lle cortaras a lingua ou deras unha boa labazada nos fociños cando colleses o mando da agrupación.
- Elba:
Me dejás muy sorprendida. ¿Vós sos adivina? Casi no me conocés y acertás en todo. En serio te digo que si abrís un consultorio psicológico en Buenos Aires te llenás de guita. Te hago una pequeña aclaración que creo es importante. Me refiero a que nunca quise optar a la presidencia de mi agrupación al considerar que hay gente mucho más preparada. Yo soy una “laburadora”, nada más. Si me comprometí con un partido no fue para ganar nada; al contrario, gasté muchos pesos pero muchos más puso don Ramón Berdullas, que Dios lo tenga en la gloria. Lo que te digo lo puede corroborar mi ahijado. Si le preguntás te dirá algo así: “A Elba lo que la mueve es el cariño por la tierra de sus padres”. Bueno, nos tenemos que despedir. Quiero llegar a Fisterra antes de que cierren la iglesia de Santa María das Areas para pedirle al Santo Cristo que proteja a mi ahijado, a mi familia y a todos los emigrantes del mundo. Te agradezco tus consejos y no te olvidés estimada Pedra da Arca de que tenés una nueva amiga en la capital de la República Argentina.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): “Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga”.
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).