Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo
Se nos achegamos pola rúa Helvecia do barrio montevideano de Piedras Blancas ---moi pertiño de onde remata a avenida do xeneral Flores--- seremos agasallados co sorriso de Teresa de Xan. Os que a coñecen siguen vendo nela a mesma alegría que tiña cando o 14 de marzo de 1958 desembarcou do “Juan de Garay” no porto de da capital uruguaia. No peirao agardaba o seu home, o ferreiro Ramón de Castro que chegara no ano 1955 para abrir o camiño dunha axeitada instalación familiar que incluía aos tres fillos ---de 2, 4 e 6 anos--- do matrimonio. Atrás quedaba a aldea de Señoráns [Santa María de Salto-Vimianzo] nun fermoso val soneirán da beira do río Grande.
A infancia de Teresa Domínguez Fernández non foi doada. Axiña quedou orfa. Aínda que era propietaria de boas terras tivo que traballar desde moi noviña sen os aloumiños dos pais e sen poder asistir a escola. Despois de casar e desexando que os fillos puidesen estudar é cando decide que o seu home colla o rumbo do sur na busca dun horizonte en América. Os xa establecidos en Montevideo afirmaban que alí un ferreiro ten moito traballo e aforrando uns cartiños, en pouco tempo, poderá conseguir a reunificación familiar no outro lado do mar.
Así foi que en marzo de 1958 comeza a historia emigrante dunha muller excepcional. Agora e cumpridos 55 anos do desembarco recibe unha máis que merecida homenaxe dos seus fillos que foron os beneficiarios principais do seu esforzo xeneroso. O “Salón Anacahuita” da Torre dos Profesionais foi unha emotiva festa con máis de 400 persoas aplaudindo a dona Teresa. Por desgraza non puido estar alí o ferreiro Ramón que xa leva anos falecido. Os que si estaban foron os seus orgullosos netos arroupando a unha avoa que sen dubida é unha fóra de serie. A reunión é moito máis que un cumpreanos. Quizais sexa o maior premio que pode recibir unha nai. Que os seus fillos universitarios [Constantino, Elvira e Manuel] recoñezan que grazas ao esforzo teimudo dunha emigrante que cruzou o mar, hoxe son o que son.
A miña prezada amiga Teresa non pasaba fame nin privacións na súa aldea e tampouco os seus fillos. Na festa parroquial do 15 de agosto os tres rapaces estreaban roupa e ían sempre moi ben arranxadiños. Non está aí o problema xa que non é unha razón de tipo económico a que empurra a Teresa. No suposto de non emigrar os seus fillos serán, con case toda probabilidade, labradores. Poida que Viruca case para a casa – ten boa comenencia de leiras, prados e montes-- e que Delmiro case en Reparada e Manolo en Torelo. Entón, haberá que preguntarse que foi o que levou a Teresa ata a afastada beira riopratense da República Oriental do Uruguai. Certamente que a visión dos que non son especialistas en estudos migratorios é moi esquemática. Uns e outros repiten erros e tópicos arredor dunha historia complexa e chea de facianas.
Quero lembrar, moi de pasada, que os galegos somos un caso particular dentro das migracións xa que a inmensa maioría dos que se desprazan lonxe de Galicia son propietarios. Así é que a nosa emigrante Teresa tiña unha boa casa de pedra e terra onde cultivar e alpendres e hórreo onde gardar o millo. Era dona e señora do seu por herdanza, é dicir que os bens non eran gananciais. Haberá entón que facer un exercicio de análise psicolóxica para intentar descubrir a razón de emigrar. Ela non gañaba nada deixando a súa aldea. Eu que sinto por ela unha grande admiración podo asegurar que emigrou por sentimento ou sexa por mor dunha nobre paixón de “agarimo responsable”. Teresa pensou que ademais de moitos bicos hai que educar e formar do mellor xeito posible e para iso un título universitario é imprescindible.
A homenaxeada Teresa mira ao escenario do salón, atentamente. A guitarra de Washington Carrasco dá entrada a melodiosa voz da neta da Pastoriza, Cristina Fernández que ao igual que Carlos Gardel “cada vez canta mellor”. Aplaude forte pero a súa mente está en Señoráns [alí din Señorás] lembrando os últimos días de febreiro de 1958. Case ten gravados os pensamentos anteriores ao embarque: Eu quero moito aos rapaces e sei que aquí medrarán felices comendo o seu caldiño quente e correndo detrás dos merlos que apousen no cabazo. Se quedamos non poderei mandalos a estudar a Santiago, son moitas as pesetiñas necesarias para pagar a pensión dunha moza e dous mozos. A min chégame de abondo pero sinto que o corazón chámame “fracasada” se non lles podo dar a eles os estudos que eu non tiven. Son da idea de que unha nai debe de sacrificar os seus intereses persoais para loitar polo futuro dos seus fillos. ¡Imos entón para Montevideo! Sei que Delmiro, Viruca e Manoliño serán uns fillos honrados e traballadores; sempre e cando eu teña saúde para empurrar deles.”
Os primeiros anos de Teresa en Montevideo foron transcorrendo sen grandes alegrías nunha vella casa de alugueiro na avenida José Belloni [ex Cuchilla Grande] que fora o local dunha escola pública de ensino primario. Aquela vivenda non era un fogar e ademais ---todo hai que dicilo--- era bastante peor que a súa casa da aldea. A nosa emigrante non afogou e axiña lle cambiou a cara cando mercan na rúa Helvecia a casiña propia en terra uruguaia. Aínda que non era unha gran marabilla, foise mellorando con dous cuartos novos no fondo e cunha moi completa horta de acelgas, allos, cebolas, leitugas e tomates.
Lembro aquelas felices mañás dos domingos nos que ía na compaña dun ferreiro de Tines ---meu pai--- camiño da feira de “Cuchilla Grande”. Un amplo espazo no que era doado atopar calquera ferro ou ferramenta que andiveses buscando. A familia García-Domínguez establecía un reparto de actividades entre os cinco membros para os domingos. Fóra ían Teresa, Ramón e Manuel. Na casa quedaban Elvira e Constantino. O fillo pequeno axudaba a nai coa venda de peixe no concesionario do Mercado Municipal e o pai atendía, na feira, o seu posto de venda de ferramentas agrícolas. Na casa, a filla encargábase do xantar e o fillo maior daba clases particulares de matemáticas nun dos cuartos do fondo. Para min aqueles curmáns meus eran un trío de grandes campións que admiraba moito. Eran moi completos. Todo o facían ben e sempre animados e cheos de sorrisos. Agora e despois da homenaxe a nosa prezada dona Teresa pode certificar que a súa viaxe foi un éxito porque non cruzou o mar en balde.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- As cartas do avó Pascasio: Un tano porteño no Vaticano.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): “Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga”.
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).