Mércores. 11.09.2024
El tiempo
10:30
06/04/13

Unha viaxe musical no Tren da Unha

Unha viaxe musical no Tren da Unha
O Tren da Unha Show de Laxe en Arteixo-Foto- Jose Manuel Ojen

O Tren da Unha Show naceu en Laxe no entroido do 2009 co único fin de pasalo ben e non levar un gholpe. Formado por expertos sumilleres tabernícolas e recoñecidos larpeiros (que non "papeiros"), gostan de xuntarse e de cando en vez botarlle unhas parrandadas.

Os seus compoñentes son José Manuel Toja “Piticas”, como voz solista e guitarra; Jesús Mari Pose aos coros e percusión; Javier Cundíns cos teclados; Víctor García, co baixo e ós coros e Tom Bello, batería e percusión.

O que comezou como unha aventura gastronómica acabou convertido no grupo revelación da Costa da Morte. Esta formación de Laxe é hoxe en día o prixel de todas as salsas en calquera celebración ou sarao que se celebre na zona. O único que pretenden, como nos di o Piticas, é "pasarlo ben e que a xente goce connosco".

Tanto Piticas como Jesús Mari pasaron de ser cantantes de taberna a formar en compañía duns mozos con inquietudes musicais, dunha banda que xa sabe o que é actuar na TVG acompañando a artistas de talla nacional. Levan varios discos editados con títulos como "A Marajota" ou "Asumballe" e estes días andan preparando un novo traballo.

Cómpre ver a potencia dos seus directos, nos que non dubidan en solicitar a colaboración do público e subilos ao escenario. Se na foto de incio os vemos na Feira Histórica 1900 celebrada en Arteixo en outubro de 2012, aquí vos deixamos con varios dos seus temas:

A Marajota (Xosé Manuel Toja "Piticas")

O outro día fun pescar cunha cana pola costa
e sentín un picadón pensei que era un tiburón
pero era unha marajota.

O traballo que me dou, doblabase a cana toda
e así que a subín, na miña vida tal vin
é unha marajota tola.

A marajota non para de brincar
salta pa diante, salta pa atrás
a marajota vai sacudindo o rabo
vai levantando a espiña, vai bailando de lado.

Miro pra ela e non para a condenada
que maneira de brincar hasta se move deitada (bis).

Fomos os do tren da unha todos xuntos a escamala
levámola para un bar mandámola preparar
fixémola en caldeirada.

O caso que nos pasou despois de comela toda
puxémonos a bailar, a saltar e a brincar
como fixo a Marajota.

O Tren da Unha Show de Laxe en Arteixo-Foto- Jose Manuel Ojen O Tren da Unha Show de Laxe en Arteixo-Foto- Jose Manuel Ojen

Máis información

Outros artigos de José Manuel Ojén

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios