Domingo. 17.11.2019
El tiempo

O jazz costeiro invade a Atalaia de Laxe

O jazz costeiro invade a Atalaia de Laxe

A única cita jazzeira da Axenda Sonora da Costa da Morte ten lugar en Laxe. Este sábado 11 de agosto, o Atalajazz 2012 invade o paseo marítimo da vila laxense. Un festival que chega dando paso ás xentes de Galicia que apostan por esta música, ao tempo que aseguran a continuidade, en tempos de crise, da proposta cultural do Hot Club de Laxe.

Funkatro, a banda do coruñés Álvaro Muras, será unha das principais actuacións. Pero as outras dúas teñen acento da Costa da Morte.

O grupo "ON" parte da Laxe e da comarca de Bergantiños. Comenzouse a fraguar no ano 2011, pero non foi ata o 2012 cando inician a súa andadura. Formación dedicada ao Blues Eléctrico sin concesións, basean o seu repertorio en clásicos do xenero de autores coma Albert King, Elmore James, Muddy Waters ou Howlin Wolf, interpretandos dende a sua visión de "Power Trio", na que ten un forte peso a interacción instrumental.
"On" fórmano Ton Bello á batería, Víctor García ó baixo e voz, e Castor Montes á guitarra e voz. Para esta ocasión contan ca colaboración de Miguel Fernández ós teclados.

A terceira banda en escena son tamén veciños da Costa da Morte. Os All Jazzeera Band chegan dende Baio, Nantón e Laxe, e son cinco músicos curtidos ó longo de anos tocando en lomas, leiras de nabizas, cenas baile e ata en algún que outro pub do rural galego, que deciden cambiar os pasos dobles, pasos triples, a "ligth song" e os ritmos latinos para tocar temas de Coltrane, Hancock, Corea e demáis figuras do Jazz. Con apenas cinco ensaios e bastantes máis caixas de quintos tocarán por primeira, e seguramente última vez, no Atalajazz 2012. Aí é nada a sua presentación, como para perder esta oportunidade histórica!.

Os All Jazzeera Band tocaran por primeira e pode que por ultima vez no Atalajazz de Laxe 2012

E para mostra do que pode acontecer, aí quedan unhas imáxes da actuación na edición Atalajazz 2011 de Xacobe Martínez Trío.


Máis información

Novas relacionadas

Máis novas festivaleiras

Comentarios