Volvemos ao Río da Prata
Dona Diáspora está triste e aos seus anos as vellas feridas mal curadas producen fortes estragos nun corpo afectado por máis dun século de morriña emigrante. Non entende nada de economía pero os ollos e oídos aínda non a enganan. Sufre cando le ou escoita que o seu paraíso galego está perdendo poboación, en especial en Lugo e Ourense. Poida que sexa unha maldición pero semella que a “Santa Compaña” non inflúe moito nas altas taxas de desocupación da nosa mocidade que se recollen nos censos do INE. O certo é que cunha das paisaxes máis fermosas do mundo non abonda para manterse. Poida que o problema estea en que as novas xeracións abandoaron as vellas crenzas para poñer as súas vidas ao servizo dunha nova advocación relixiosa chamada “Santa Unión Europea”.
Dona Diáspora quere pedir perdón porque sinte vergonza allea pola insensibilidade dos parlamentarios que no Congreso dos Deputados aprobaron normas xurídicas inspiradas pola “Santa Unión Europea” que ían contra os dereitos dos cidadáns estranxeiros que buscaban mellorar a súa vida traballando no amplo e variado solar ibérico. Os señores lexisladores caeron no mesmo erro dos conversos que desexan seren aceptados e por iso son os máis activos represores do vello credo. Disque foi a velenosa burbulla especulativa a que nubrou as mentes dos deputados e os levou a pechar a porta que deixou fóra milleiros de ilusións. Neste peche violento ofenderon a cidadáns americanos de países cos que aínda estamos en débeda. En Galicia nunca pagamos as máis de 300 escolas que se ergueron cos cartiños que desde Cuba, Arxentina e Uruguai mandaron os emigrantes.
Nestes últimos 10 anos medrou fortemente a economía en varios países americanos. En case todos eles deixamos a nosa pegada solidaria que nos volve a garantir a posibilidade de de ter unha porta aberta nun momento de fonda crise laboral. Volvemos ir camiño do sur. Pouco nos durou o benestar. A mocidade máis preparada da historia está caendo no desalento de non atopar un posto de traballo. Antes fuxiron os avós e agora son os netos os que comezan a buscar ofertas de emprego en Bos Aires ou Montevideo. Aló no beira riopratense viven aqueles curmáns de Avellaneda que coñeceron hai anos nun campamento da Xunta de Galicia. Haberá que desculparse diante dos arxentinos e uruguaios para non nos boten en cara o inxusto maltratado recibido no aeroporto de Madrid. Están documentados varios casos de retención e devolución de cidadáns americanos ao seu país de procedencia coma se fosen mercadoría en mal estado.
Dona Diáspora suxire que o presidente da Xunta lle escriba a Cristina Fernández e a José Mujica para facer constancia oficial de que os sucesivos gobernos autonómicos actuaron sempre con moita xenerosidade diante do feito migratorio. Os presupostos xerais inclúen partidas específicas para axudar aos residentes galegos no exterior, sexa a título individual ou colectivo. As asociacións e entidades mutualistas reciben achegas económicas anuais que se viron reducidas pola crise pero que non desapareceron. Non dubidamos en que os novos emigrantes serán atendidos no Centro Galego de Bos Aires ou na Casa de Galicia de Montevideo coa mesma dilixente profesionalidade coa que atenden a calquera socio local. Certamente que algún dos médicos ou médicas que atendan aos novos emigrantes será familiar ou coincidirá nas orixes parroquiais co recén chegado e ata poida que sexa da Fonsagrada que é onde naceu o avó da presidenta Fernández.
Dona Diáspora recomenda que os deputados que meteron a pata aprobando a última reforma da lei de Estranxería e o regulamento do 30-VI-2011 deberían de peregrinar ata a capital de Galicia para arrepentirse do pecado de “Esquecemento do valioso esforzo emigrante en América”. Quere axudalos diante de Santiago Apóstolo e por iso redactou unha pregaria en galego que cada pecador adaptará ao seu caso particular pero sen saírse do guión xa que senón non acadará o favor solicitado. Pensou en engadir algún que outro pecado clásico pero non quere cargar toda a culpabilidade enriba dos representantes da vontade popular. Asegura que recibirán a indulxencia se len co corazón o seguinte prego:
“Boas, meu Señor Santiago. Reciba vostede a este humilde pecador que despois de camiñar ata Compostela roga o perdón por votar contra dos dereitos dos emigrantes no Congreso dos Deputados.
O camiño foi quen de abrir a miña pechada mente para decatarme que no hemiciclo madrileño fun unha ovelliña máis as ordes do meu partido. Se calei a boca foi para que non me quitasen das listas en futuras convocatorias electorais.Estaba cegado polas vaidades terrenais que me fixeron esquecer que a única lista na que se debe estar é naquela que permite entrar coa conciencia limpia no reino de Deus.
Pídovos meu Apóstolo que teñades en conta a miña máis absoluta ignorancia sentimental ao pensar que para ser deputado chegaba cun título universitario. O que quero dicir é que uns días antes da votación estiven falando co meu pai sobre a necesidade de poñer freo ao ingreso indiscriminado de estranxeiros.
Cando lle dixen que a reforma da lei sería aprobada por ampla maioría e tamén co meu voto; púxose a berrar contra min. Chamoume burro ignorante e desagradecido. Non me gustou nadiña que se alporizase daquela maneira pero quedei calado cando vin os seus ollos cheos de bágoas.
Lembrou con todo detalle aquel día no que acompañou a súa nai ata a panadería. Eran os anos máis duros da posguerra nos que a cartilla de racionamento era o documento básico para o sustento familiar. Volveu feliz comendo un anaco de pan que lle sabía moi ben. A nai comentou que o fixeran co trigo de Perón. Moitos anos despois soubo que Perón non era o nome dunha variedade especial de cereal senón o nome do presidente dun país sudamericano que nos enviara, gratis, toneladas de alimentos.
O meu pai despediume ---moi doído comigo--- coa advertencia de que non é recomendable cuspir para enriba e que axiña os ofensores novos ricos do Reino de España volverán a pedir papas aos gobernantes arxentinos para que non lle poñan barreiras aos netos que van traballar alí.
Que razón tiña meu pai! Agora o seu neto maior está en Bos Aires, Presentou unha solicitude que aceptou o Dr. La Blunda [Interventor Xudicial do Centro Galego] para realizar prácticas non remuneradas no servizo de Radioloxía do Hospital da esquina de Belgrano e Pasco. Alí estará ata que aquí se convoquen as oposicións para os técnicos de Imaxe para o Diagnóstico.
Sei que fun un pasmón presumido e arrepíntome por non ter memoria e pido diante do altar desta Santa Catedral que me concedades a graza do perdón apóstolico. Ofrezo a miña palabra de honor de que nunca máis esquecerei que a nobre achega que nos fixeron os emigrantes é sagrada.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.gal)
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- As cartas do avó Pascasio: Un tano porteño no Vaticano.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
- Dona Diáspora en Hollywood.
- Unha aperta fisterrá para Rosario Olveira en Montevideo.
- Ánimo para Cristina e adeus ao prezado irmán Carbajal.
- Galicia fíxose na diáspora.
- Un recordo para Andrés Pazos e unha aperta para Carlos Penelas.
- Dous herdeiros riopratenses: Noemí Rial e Jorge Muíño.
- Unha boa homenaxe aos emigrantes no Uruguai.
- Apertas galeguistas para don Manuel Cordeiro Monteagudo.
- As alegrías e as penas de dona Diáspora.
- Carlos López García-Picos, egrexio compositor betanceiro.
- Un tango para Rosalía de Castro.
- Forza Uruguai!.
- No “Derby” con Roxelio de Cesantes.
- Dona Diáspora quere máis retorno.
- Os grelos de Gladys.
- Os espazos emigrantes de dona Diáspora.
- As empanadas montevideanas de dona Valentina.
- Un baúl da Arxentina.
- A tolemia do voto emigrante.
- A singradura emigrante.
- O ingreso de Andrés Pazos na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A xenerosidade de don Marcelino de Alqueidón.
- Un adeus moi garimoso para Andrés Pazos Pérez .
- A necesaria unidade dos centros galegos en terras americanas.
- As mans de María.
- Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para un país de primeira: Uruguai.
- O molete de Baio e os cruasáns de Malvín.
- Na Asemblea Celestial Riopratense queren que Pepe Mujica sexa o novo presidente do Uruguai.
- As miñas media ducia de razóns para non votar aos BLANCOLORADOS nas eleccións uruguaias.
- Forza Pepe! [O 25 de outubro hai eleccións presidenciais no Uruguai].
- Pérez Prado na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Un adeus fondamente galego para Antonio Pérez Prado.
- O centenario de Tacholas na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Debate sobre Gondomar na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- A miña noraboa para Castelao Bragaña.
- A biografía dun poeta emigrado.
- Hai moita preocupación na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Cando Cheíto de Romarís foi para Delémont.
- A sesión do 17 de maio na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Chegou o momento da UNIDADE aos fogares sociais galegos na diáspora.
- Chegou o momento do Espazo Emigrante no monte Gaiás.
- Na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega HAI DEBATE postelectoral.
- O debate entre Abraira e Sánchez na Asemblea Celestial Riopratense da Emigración Galega .
- Balbina, unha centenaria de Rebordelo.
- Debate sobre o voto exterior na Asemblea Celestial da Emigración Galega no Río da Prata .
- Necesitamos axentes electorais con experiencia [Absterse os que teñan ética profesional].
- Unha conversa na pizzería montevideana “Subte”.
- A Costa tamén vota dende Lonxe de Montevideo.
- ¿Querés que te haga un churrasquito, Manolito?.
- A familia Penedos de Pasarela.
- Dona Dionisia de Cedeira e as vindeiras eleccións autonómicas.
- O neno do lobo en Montevideo (II): Na esquina de Propios e Carabelas.
- O neno do lobo en Montevideo (I): “Na esquina de Pantaléon Artigas e Ipiranga”.
- Unha boa vacina contra do peronismo.
- ¿Querés un mate, gayego? Tomá mate, che que en el Rio de la Plata no se estila el chocolate.
- O fotógrafo preferido de Carlos Gardel.
- A güeya dun gaucho de Ribadeo.
- Os charrúas do Uruguai e as charrúas de Allariz.
- Un ferreiro de Tines en Montevideo.
- Un atípico emigrante da Laracha en Montevideo.
- Os nosos herdeiros riopratenses.
- A democracia dun capador bergantiñán en Montevideo.
- Un emigrante de Fisterra.
- Os emigrantes dicimos NON aos que queren pechar as portas.
- Entre Barcelona e Montevideo, díptico emigrante.
- De Barallobre a Bos Aires .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).