Os Penedos de Traba e Pasarela
Estes días estivemos vendo na instituto un documental sobre os Penedos de Traba e Pasarela. Posteriormente, tivemos que elaborar un comentario sobre o seguinte tema: "a instalación de eólicos nos Penedos de Pasarela e Traba, beneficio ou destrución?", tema que, ademais de ser diverso, xera bastante controversia debido á existencia de diferentes opinións.
En primeiro lugar, debemos coñecer o que son os Penedos. Sabemos que son unhas formacións graníticas moi singulares que se atopan entre Vimianzo e Laxe, concretamente, na Serra de Pena Forcada. Son consideradas figuras rochosas antropomórficas e zoomórficas, coñecidas dende 1835, e que suscitan moito interese.
Agora ben, se nos centramos na idea deste comentario, observamos que os beneficios que se obteñen das novas fontes de enerxía renovables contrastan coas desvantaxes que xera a instalación de eólicos. Os Penedos, un lugar de gran atractivo social, poderían chegar a perder o seu encanto debido á instalación de eólicos?
A miña resposta a esta pregunta constitúe a miña propia opinión a cerca do tema principal. Unha paisaxe nada afectada polo ser humano, totalmente natural non pode ser contaminada visualmente. Sendo eu unha persoa que vive preto dos eólicos, podo asegurar que existe moita contaminación acústica moi pouco agradable. Todos nós, como veciños e veciñas, como xente que se sente orgullosa do seu contorno, como galegos, temos que saber que estas paisaxes son o que define o noso lugar.
Por todo iso, debemos frear os "avances", impedir a imposición de eólicos en espazos protexidos; debemos repartilos por todo o país e non concentralos na nosa Comunidade. E nesa loita debemos estar todos unidos!
Como conclusión, desde o meu punto de vista, a instalación de eólicos nos Penedos de Pasarela e Traba é unha completa destrución, deberían atoparse outras alternativas e non acabar con esta paisaxe tan significativa do noso concello.
- Claudia Roget Antelo. Alumna de 1º Bacharelato do IES Terra de Soneira