Venres. 26.04.2024
El tiempo
13:15
18/01/12

O PP esixe a limpeza da pintada “Fraga púdrete” do Xulgado de Corcubión

O PP esixe a limpeza da pintada “Fraga púdrete” do Xulgado de Corcubión

Así amencía na mañá de onte o Xulgado de Corcubión. Un deses "artístico" graffiti sinalaba, un día despois do seu falecemento "Fraga púdrete".

Non fixeron esperar as reaccións e o PP corcubionés vén de enviar unha nota de presna na que esixe a limpeza da pintada. A portavoz do PP de Corcubión, Gema Freire Insua, vai máis aló e se lamenta de que "haxa xente con tan pouco talante democrático como para insultar nunha pintada a unha persoa recentemente falecida".

"É unha mágoa que haxa xente con tan pouco talante democrático", lamentou Gema Freire Insua, portavoz do PP na localidade, que cualificou a pintada canto menos de "inapropiada".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Corcubión.

Comentarios