Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Poden ser fixos os funcionarios interinos?

Poden ser fixos os funcionarios interinos?

Hoxe vimos comentar un tema que fai correr ríos de tinta, no ámbito xurídico e fóra del; referímonos á temporalidade no emprego público. Actualmente a tasa de temporalidade no emprego público en España atópase por un 30%, sendo o obxectivo reducila a un 8%. Isto preténdese lograr, entre outras cousas, co actual proceso de estabilización. Gran parte dese emprego público é de carácter fraudulento, na maior parte dos casos por superar os prazos legais e servir realmente para dar cobbertura a unha necesidade estrutural e permanente e non ser un posto de traballo temporal.

O pasado día 13 de xuño de 2024 ditouse polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) unha nova sentenza sobre o abuso de temporalidade e as súas consecuencias en relación aos funcionarios interinos.  Se ben moitos titulares estes días están afirmando que a citada sentenza supón a conversión dos funcionarios interinos en abuso de temporalidade en traballadores indefinidos equiparables a funcionarios públicos, a lectura detida da mesma non implica  esa conversión automática. 

Se  ben a Sentenza recoñece, unha vez máis a falta de adecuación do Dereito español á Directiva relativa ao Acordo Marco da CES, a UNICE e a CEEP sobre o traballo de duración determinada e a súa claúsula quinta, e insiste en que as nosas administracións públicas están a cubrir con traballo temporal necesidades que son permanentes así como en que o Dereito español non ten medidas de sanción adecuadas para reprimir os abusos de temporalidade. Rexeita expresamente que sexan métodos adecuados para esta finalidade correctiva: 

  • Manter ó afectado no posto de traballo ata a convocatoria e resolución do proceso selectivo (solución adoptada por moitas sentenzas)
  • Abono dunha compensación económica limitada (actualmente  20 díias por ano cun límite de 12 mensualidades)
  • Proceso selectivos abertos (como o actual proceso de estabilización)

O TXUE é claro nestes puntos, como pode verse en algúns dos parágrafos que reproducimos a continuación:

  • 75…..  En lo referente a la convocatoria de procesos selectivos como medida sancionadora conforme con la cláusula 5 del Acuerdo Marco, tal como la que aplica la jurisprudencia española o contempla el artículo 2 de la Ley 20/2021, ha de indicarse que el Tribunal de Justicia ha señalado que, aun cuando la convocatoria de procesos selectivos ofrece a los empleados públicos que hayan sido nombrados de manera abusiva en el marco de sucesivas relaciones de servicio de duración determinada la oportunidad de intentar acceder a la estabilidad en el empleo, ya que, en principio, pueden participar en dichos procesos, tal circunstancia no exime a los Estados miembros del cumplimiento de la obligación de establecer una medida adecuada para sancionar debidamente la utilización abusiva de esas sucesivas relaciones de servicio de duración determinada. En efecto, esos procesos, cuyo resultado es además incierto, también están abiertos, en general, a los candidatos que no han sido víctimas de tal abuso (véase, en este sentido, la sentencia de 19 de marzo de 2020, Sánchez Ruiz y otros, C‑103/18 y C‑429/18, EU:C:2020:219, apartado 100).
  • 76      Por lo tanto, dado que la convocatoria de dichos procesos es independiente de cualquier consideración relativa al carácter abusivo de la utilización de relaciones de servicio de duración determinada, no resulta adecuada para sancionar debidamente la utilización abusiva de tales relaciones ni para eliminar las consecuencias del incumplimiento del Derecho de la Unión. Así pues, no parece que permita alcanzar la finalidad perseguida por la cláusula 5 del Acuerdo Marco (véase, en este sentido, la sentencia de 19 de marzo de 2020, Sánchez Ruiz y otros, C‑103/18 y C‑429/18, EU:C:2020:219, apartado 101).
  • 81      Además, ha de señalarse que, en vista de que una compensación como la contemplada en el artículo 2 de la Ley 20/2021 tiene un doble límite máximo (el tope de los veinte días de retribución por año de servicio y el tope de los doce meses de salario en total), no permite ni la reparación proporcionada y efectiva en las situaciones de abuso que superen una determinada duración en años, ni la reparación adecuada e íntegra de los daños derivados de tales abusos.

   

Unha vez sentado polo TXUE que non existen medidas eficaces para evitar o uso abusivo da  contratación temporal,  e manifesta que a conversión deses contratos temporais en relacións indefinidas dí pode cumprir esa finalidade pero deixando claro que a adopción de calquera medida debe adoptarse polas autoridades nacionais.

  • Por lo tanto, corresponde a las autoridades nacionales adoptar medidas proporcionadas, eficaces y disuasorias para garantizar la plena eficacia de las normas adoptadas conforme al Acuerdo Marco, que pueden prever, a tal fin, la conversión de contratos o relaciones laborales de duración determinada en contratos o relaciones laborales por tiempo indefinido. No obstante, cuando se haya producido una utilización abusiva de sucesivos contratos o relaciones laborales de duración determinada, es indispensable poder aplicar alguna medida con objeto de sancionar debidamente dicho abuso y eliminar las consecuencias de la infracción de este Acuerdo Marco [véase la sentencia de 7 de abril de 2022, Ministero della Giustizia y otros (Estatuto de los jueces de paz italianos), C‑236/20, EU:C:2022:263, apartado 61 y jurisprudencia citada] 

 

Pero non é esta apelación xenérica o único freo que pon o TXUE, senón que lembra que o deber de interpretar o Dereito de cada Estado membro á luz da normativa comunitaria non pode servir de base a unha interpretación contra legem do dereito nacional. E aquí é onde entran en xogo os principios de igualdade, mérito e capacidade no acceso á función pública que limitan esa posible conversión.

Con independencia de cada caso xurídico debe analizarse de forma individualizada, debemos ter claro que a sentenza non impón en ningún caso á conversión do contrato dun funcionario interino en indefinido e que esa porta é complicada de abrir no dereito español. Nesta semana o Ministro de Administracións Públicas manifestouse en contra do recoñecemento xeral.

Non será este o último capítulo que se escriba sobre emprego público coa intervención do TXUE, xa que a Sala do Social elevou o pasado marzo unha nova cuestión prexudicial sobre como aplicar a fixeza no Dereito español, e especialmente, sobre como compatibilizalo cos principos de igualdade, mérito e capacidade. Se a resposta do TXUE vai nesta liña, pode pechar definitivamente a porta a esta opción pero quen sabe o que nos deparará o futuro. De momento continuamos mirando a Luxemburgo ante a falta de iniciativa das nsas administracións para atallar un problema que xa é endémico.
 

  • Fátima Insua Canosa. Avogada laboralista apaixonada do seu traballo que colabora con distintos despachos e organizacións sindicais galegas e que cre que o coñecemento dos dereitos e obrigas dentro da relación laboral é básico para facelos valer.

MÁIS ARTIGOS DE FÁTIMA INSUA CANOSA

Comentarios