Xoves. 19.09.2019
El tiempo
José Luis Louzán
10:01
31/10/08

A Constitución ¿de todos?

A Constitución ¿de todos?
As verdades como puños de José Luis Louzán

Dado quen estes días as novas nos levaron a varios principios constitucionais (a raíña Sofia ¿ten liberdade de expresión?, ou ¿que quere dicir que temos dereito a unha vivenda digna?, etc,etc) quero tocar un tema que me revolve enteiro cada vez que escoito a un político expresarse nestes termos; “La constitución que nos hemos dado”. Ben. Analicemos a frase.

Segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE) no Padrón actualizado a un de Xaneiro de 2008 somos 46.063.511 veciños. Por primeira vez na historia superamos esta cifra. Resulta que hoxe me deu por contar, por ver cantos deses 46 millóns son maiores de 58 anos de idade, e dicir, a idade que se debe de ter cumprido para ser un dos que tivo oportunidade física real de votar en referendo a Carta Magna aló polo ano 1978, o seis de Decembro coma é sabido. E resulta que con esa idade ou mais a dia de hoxe residen en territorio nacional 11.051.297, menos da cuarta parte do total.

A Constitución que nos demos a cuarta parte quedaría mellor no futuro cando calquera politicastro de tres o cuarto queira escudar a súa incompetencia tras dun texto que, por outra parte, nin nos vai nin nos ben a inmensa maioría de nos. Si, esta ben, e certo, sobre ela se asenta a maior parte do noso sistema legal pero a metade desas leis proveñen de tempos anteriores a lei e simplemente non foron reformadas. A reforma do Código Penal ultima acometeuna o goberno de Aznar pero o Código de Comercio, por poñer un exemplo, non foi reformado integramente senón actualizado por artigos para non quedar anacrónico. E así outros moitos.

E por isto que un servidor considera que, o mellor, esa famosa Carta Magna, ese fantástico texto xurdido do amplo consenso e da vontade de avance, e bla,bla,bla, da superfantástica transición que non serviu mais que para lexitimar a normativa do réxime anterior e, iso si, colocarnos na liña da democracia das maiorías, ese texto o mellor, digo eu, necesita un repaso. Non por entrar a debater isto ten porque enfadarse ninguén, nin ninguén ten porque votar as mans a cabeza por facer xurdir esta dubida.

Máis que nada porque cando alguén di que a Constitución nola demos todos, o mellor debería empezar por repasar os datos do censo. Por mirar va.

  • José Luis Louzán.

comentarios