Sábado. 21.09.2019
El tiempo
José Luis Louzán
19:19
23/05/09

A estupidez non é unha enfermidade

A estupidez non é unha enfermidade
As verdades como puños de José Luis Louzán

Pódese ser idiota de moitas maneiras, por acción ou omisión e incluso sen querer. Cando esa necedade, esa estupidez, procede de alguén que non inflúe demasiado na vida dos demais, o feito de que esa persoa sexa ou se comporte coma un idiota non vai mais a lo da esfera privada, da do entorno do individuo. O problema é cando ese comportamento o manifesta un dirixente ou un membro da administración. Aquí que un persoeiro sexa ou se comporte estupidamente xa pode resultar mais grave.

Dentro da administración publica na Costa da Morte hai moita estupidez. Moita. Defino a estupidez como a carencia de sentido común suficiente para, por exemplo, non quedar sen unha subvención por unha cuestión partidista. Ou non manifestarse con absoluto desprezo polos administrados, ou ignoralos de xeito incalificable, ou actuar de xeito prepotente e despótico con cidadáns e empregados. Ou ter o grao de entendemento suficiente para non negarse a un mesmo e demostrar, con feitos, que todo o prometido cando as eleccións, todo, non foron mais que patrañas. Cando este tipo de cousas as fai un presidente autonómico, por exemplo, ou o alcalde da Coruña, con 300.000 habitantes, non queda mais remedio que fastidiarse. Cando quen as fai é un alcalde dunha das nosas “aldeas” de residencia, onde nos coñecemos todos, a cousa xa pinta en bastos.

Porque a estupidez non é unha enfermidade, pero si é contaxiosa. E pola mesma regra de tres, si un alcalde ou un subalterno municipal calquera, destes que deciden sen ter nin coñecementos nin categoría para facelo, fallan por defecto a lei detrás da que se oculta para cobrar tasas abusivas por servizos obrigatorios, cando so fan que fanfarronear dos seus contactos ou do crédulos que son os seus veciños ou da moita autoridade que destilan tras do mostrador, cabe a posibilidade de que outro veciño, tan ou mais estúpido que el, ou eles, lles parta a cara. E isto, que sona e é lamar de forte, pode estar moito mais preto de suceder do que parece cando se trata a propios e estraños como se un fose un ser superior, na vez de un veciño dunha vila elixido de entre iguais para ocupar unha praza ou un cargo nun concello.

No actual estado das cousas seria apropiado non xogar co futuro dos veciños e veciñas, facendo anuncios grandilocuentes que non van a parte ningunha, ou manifestando de modo tan evidente a incompetencia propia e do equipo de goberno. Estaría ben que todos, veciños e por suposto empregados municipais e autoridades tivésemos a altura suficiente para que non chegue o sangue o río. Que hai moito en xogo e moito que perder. E non esta o forno para bolos, polo que se ve, e a violencia, indesexable sempre, aparece cando menos se agarda e desexa. Teñamos sentidiño, que falta fai.

  • José Luis Louzán.

comentarios