A hora das decisións equivocadas
Dinme por hai que este domingo se celebraron eleccións xerais, e que as gañou o PSOE. Non é que viva nun covo perdido no monte, non, mais ben o que me pasa e que dende hai bastantes anos fago caso omiso da política a nivel do estado, a lo menos no referente a quen manda e quen deixa de mandar. Non me interesa si rouba Xan ou Perillan.. Pero do resultado final saco conclusións ó redor no noso día a día neste recanto do mundo civilizado.
A primeira conclusión sería a de pensar que neste país máis de 10 millóns de persoas prefiren a un traidor contra o estado confeso, un estafador, un rexistrador en excedencia e un ex-presidente melenas con complexo de hippy, antes que calquera outra opción política..
A segunda pasaría pola reflexión que moitos políticos locais deberían facer sobre os seus resultados. Non por nada, pero é que en Cee gañou o PSOE co 45 por cento dos votos, máis de catro puntos por diante do PP. Con estes resultados serían goberno non sei si con maioría absoluta pero case. Sen compañeiros de viaxe.
Pero atención que non é a máis gorda. En Dumbría o SOE tería maioría absoluta, vale, pero o PP e o BNG estarían a zaga. Actualmente dous concelleiros do PP testimoniais acompañan a nove do SOE.
E que dicir de Corcubión. Maioría absoluta dos socialistas, sen pactos raros. Que diferente podería ser o noso pequeno mundo.
Por si alguén pouco espabilado non se dou conta estou a dicir que o mellor os candidatos as locais non son os mellores posibles. Ou directamente que son malos de narices. Máis que nada porque se non hai cousas que non se entenden.
Outra conclusión sería que as xerais lle importan un pepino a todo o mundo e por iso estes resultados, pero vendo as cifras de participación, moi similares as das locais, o argumento se ven abaixo. Sexa como fora a cousa e que este tipo de comisións aquí non provocan nin de lonxe as tensións e os problemas que si provocan as locais.
Porque en realidade nos vai a marcha. ¿Como se entende se non que as grúas do macro-edificio que Dragados está a construír no centro de Cee desapareceran do “Skyline” (que moderno queda esto eh) da vila da Xunqueira?. Tres grúas saltan demasiado a vista. ¿Segunda paralización? ¿Fendas nas vivendas cercanas? Ou peor aínda ¿a rendibilidade agardada non vai a ser a esperada no actual escenario do mercado inmobiliario?. Agardo que se solucione a cousa. Un covo dese tamaño no centro de Cee queda feo. Bastante máis feo que un mamotreto de 160 vivendas. Incluso peor que construir vivendas en chan público. Vostede xa me entende “monsieur le maire”.
- José Luis Louzán.