Martes. 23.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
20:31
09/04/10

A Ignorancia

As verdades como puños de José Luis Louzán

Mentres escoito a presidenta da comunidade de Madrid decir burradas (anunciar en sede parlamentaria que ela foi quen destapou a operación Gürtell é a todolos efectos unha burrada) penso nalgunha das escoitadas nos últimos días por un servidor o redor do mercado dominical en Cee.

Partindo da base de que quen non teña resposta rápida e sinxela as seguintes tres preguntas non debería falar, nin moito menos lexislar, sobre a materia (¿Por qué so Cee pode celebrar mercado en domingo na comarca?, ¿cal é o principal incentivo para que Cee se encha de publico cada Domingo?, ¿cantos cartos, en cifras reais, deixa a celebración do mercado cada domingo de Novembro a Marzo?), ocúrreseme que non existiu nunca un debate sereno e publico sobre esta materia.

Un debate o redor de porqué todo evoluciona menos isto viría moi ben. Un debate sen demagoxia, claro. O BNG pregunta o rexedor da vila porque non cumpre a lei de horarios comerciais de Galicia, articulo 8 no referente a delimitar zonas onde si se podería abrir os domingos e onde non do casco urban, e este acusa os nacionalistas de querer destruir a feira. Ta ben… “donde vas, manzanas traigo” que afirma o dito castelan. Se trata de defender o pequeno comercio da vila, ese polo que a actual e a anterior administración en Cee non tiveron consideración algunha. Esta visto que o posicionamento non cambiou e a actual administración esta pola labor de acabar cos últimos que quedan. El xa tomou o seu bando nesta trifulca.

Pero mais aló de estas evidencias o asunto que realmente debería situarse sobre a mesa é onde mellor quedaría unha decisión basada en maiorías partiría da pregunta ¿a quen beneficia, ademais de os ambulantes, a celebración do mercado?. Si, a lista de beneficiados pode ser extensa pero ¿son a maioria?. Por un lado os locais de hostelería, ollo non todos, so aqueles directamente situados no meollo da cuestión. O traslado por obras de parte do mercado cara a Alameda provocou xa certo malestar entre algún hostelerio que, lonxe de agradecer o dispendio en adoquín e bancos para sentarse, mostrou o seu enfado porque o mercado non volveu ainda a onde estaba, na “Praza sen Nome”.

Por outra banda están as superficies de alimentación, supermercados e tendeiros do mercado municipal, estes últimos son de feito os últimos que dan sustento moral a celebración da feira, aportando produtos de horta de grande calidade e carnes e queixos e demais. Pero, de entre os puros supermercados tampouco todos reciben gañancia por igual. Sen dubida, os inmediatamente mais cercanos o centro xeografico do mercado parecen mais beneficiados.

Así as cousas, ¿alguen mais recibe beneficios reais que xustifiquen empregados, gastos e paciencia mais a perda dun día de asueto (perdón, O día de asueto) cada semana?. Ben, non o sei. Nunca vin, nin creo que exista, un estudo real, o longo dun ano, e sector por sector, feito e escrutado por fonte fiable que cifre en euros o beneficio real de cada comercio e cada zona do concello. Porque a feira, en realidade non é a “feira de Cee”. Non. É a feira da Nosa señora da Xunqueira, celebrase fronte a igrexa do mesmo nome e arredores e non ten repercusión algunha nin na Ameixenda, nin en Lires, nin en Toba, nin en Lobelos nin en Brens, onde si viven veciños que sustentan cos seus impostos os servicios que si utiliza o concello para dar soporte o mercado. Nin sequera en Xallas ou nas Ruas Calzada, da Pena ou na Avenida de Finisterre. So deixa alguns cartos no puro e duro centro, no centro inventado, como xa dixen, por catro personaxes hai unha decada enriba do recheo.

Si alguen ten algún dato certo, científico e contrastado, mais aló das voces de comerciantes beneficiados (de algúns, non de todos) que o aporte e me faga cambiar de opinión.

Para acabar ¿alguen pode respostar as tres preguntas do principio?. ¿No?. Ben, xa llo digo eu. Na primeira, non so Cee pode, Muxia tamén pode cun permiso da mesma categoria que o de Cee, ¿por qué non o celebran entón?. Ben, cada un resposte, cae de caixón. Na segunda, o principal incentivo é a diferencia entre Cee e o resto das localidades da comarca e o comercio estable, maior en número e variedade a calquera outro concello. Pouco ten que ver hai unha feira onde, cada vez mais, o único mercable é roupa e calzado. E a terceira… descoñezo o dato. Descoñezo eu e todo o mundo porque NUNCA se fixo estudio independente serio ningun. Xa vai sendo hora.

A partir de aquí cada quen que diga o que lle pete pero, por favor, non queden no argumento do “histórico” e “tradicional” do mercado que de ese tipo (historicas e tradicionais) había moitas cousas que cambiamos, comezando polo modo de goberno hai trinta e pico anos. Evolución.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Comentarios