Xoves. 02.05.2024
El tiempo
José Luis Louzán
11:33
15/02/08

Agora vai parecer que esto son as Seychelles

Agora vai parecer que esto son as Seychelles
As Verdades como Puños de José Luis Louzán

Esta pasada semana celebrouse en Madrid a FITUR, que para quen non o saiba ven sendo a segunda maior feira no mundo do turismo e das areas turísticas. Esta feira é coma un mundo en pequeniño. 10 pavillóns do recinto feiral de IFEMA en Madrid dedicados a isto, mais de 13.000 empresas e organismos oficias representados dos cinco continentes, cen mil metros cadrados de superficie, mais de 170 países. Unha barbaridade.

E escoito eu, no medio de todo esto, dun intenso debate o redor do topónimo “Costa da Morte” xurdido xusto despois de celebrada unha nova feira, dígase fracaso, de promoción desa costa da morte por parte de Neria por unha banda, e doutro nutrido grupo de entendidos en turismo pola outra. Inda o morto non esta frío e xa se están repartindo a súa herdanza.

Carencia de infraestruturas

E iso que non hai nada que herdar. Porque dígase o que se diga o panorama real da bisbarra é o mesmo que era hai quince anos, cando eu me metía en profundidade nesta leas. Aquí so se pode chegar ou por mar, pero en yate, en trasatlantico non que non caben, ou por estrada comarcal, a quinta mais perigosa da unión europea nas da súa categoría. Nin tren nin nada de nada. A infraestructura hostaleira se limita, coma sempre, os esforzos particulares, en casiñas rurais máis ou menos apañadas, dun grupo de aventureiros do turismo extremo os que, nalgúns casos, catro perxonases ben coñecidas lles contaron milongas sobre que todo estaba subvencionado e que non se preocuparan que “os turistas viran”.

Esta ultima frase parece de aquela película sobre baseball protagonizada por Kevin Costner. O tipo levantaba medio campo de trigo para facerse un campo de baseball e despois enchelo das pantasmas dos mais lendarios xogadores deste deporte, sobre a base de que “a xente vira”, para desfrutar do autentico sabor antigo de ese deporte. Aquí igual. So que aquí non montamos campo ningún, nin parque megalítico, nin parque “paralítico” tampouco. Aquí nada de nada.

Delimitación

A Costa da Morte é unha realidade socioeconómica vixente. Vai de Laxe (engadindo a parte do concello de Cabana mais próxima a este concello) ata Carnota pola costa e inclúe polo interior a Dumbría e Vimianzo, que teñen tramos de costa mais ou menos significativos pero que son tradicionalmente agropecuarios, e Mazaricos. Fin da Historia.

Nin “arcos costeiros”, nin “pedras marcadoras” coma nos marcos das leiras, nin chorradas escritas hai séculos por persoas que non coñecían esta realidade, senón aquela. E os que queiran “chupar” da suposta teta subvencionadora da xunta para co palabro en cuestión, pois que se inventen outra movida, vaia. “Arco galaico do oeste” ou “Cuesta del obito” non sei, me da igual. Pero estar incluído na expresión xeográfica Costa da Morte, debería levar implícito o illamento, a tomadura de pelo política de calquera bando, esquerdas ou dereitas aquí aínda non fixeron nada útil de verdade en democracia, e a ausencia de ríspeto para cos habitantes de aquel concello que decida adherirse a esta area xeográfica.

E por certo, de novo, nos volven marear con tonterias mentres da autopista nin rastro, amezas de derrubes absurdos, inoperancia política total, conchabeos e mangoneos varios e en FITUR... en FITUR coma cada ano dende que vamos nada de nada. Por non variar.

  • José Luis Louzán.

Comentarios