Venres. 26.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
19:48
18/12/09

Alzheimer público

Alzheimer público
As verdades como puños de José Luis Louzán

O malo das malas actitudes, dos malos exemplos é que, o contrario que os bos, se ten tendencia a copialos con maior prestancia e velocidade que estes últimos. É  claro, si o exemplo o dan as forzas publicas, tanto peor. Así quedaba demostrado este martes, cando coñeciamos que, rizando o rizo, o colexio Eugenio López vaise chamar coma unha fonte que oubo por ala e non coma debería, lembrando algún feito reseñable, algún dato histórico ou a algún persoeiro de renome na vila ou, porque non, nos mais de 30 anos de docencia do propio centro. E todo isto ¿porque? 

A dirección do centro argumentaba coma un libro aberto na liña oficial dos últimos tempos que era importante cambiarlle o nome o centro en cumprimento da lei da memoria histórica e que, despois de barallar o nome dun ex-alcalde franquista se optou mellor polo dunha fonte da que, eu aló menos, despois estudar alí a EXB enteira non oíra falar na vida. Pero como seguro hai outras moitisimas cousas que non sei dou por bo o dato e acepto que alí oubo unha fonte ¿e que? 

Da miña etapa na EXB nese centro gardo estupendos recordos, deses que so se manifestan coma importantes cando os deixas lonxe no tempo. Lembro todos e cada un dos mestres que tiven. Cuns aprendín mais e con outros menos, pero de todos saquei leccións positivas, que me fixeron, mellor ou peor, coma hoxe son e que me motivaron mais ou menos a pensar coma penso. Daquela etapa saquei en limpo o importante que resulta a memoria e lembrar o pasado en aras a non repetir os mesmos erros no futuro. As clases de Dona Maruxa me ensinaron así historia, e a pesares dos pesares aprendín a acentuar, ou tenteino,  e a importancia do léxico de Doña Maruja. O galego coma lingua fermosa e garante da nosa identidade propia ma inculcou Dona Concha, mentres Doña Ana ou Doña Mari Gago me levaron polo camiño da infancia perfeccionando ou meu entendemento, a miña lectura, a miña escritura e as miñas precarias matemáticas. Dona Ana de Marcos incidiu co tempo en tentar facer de min alguén propenso as cifras, sen conseguilo, mais por demérito meu que seu, e anos despois Don Pedro tentouno de novo. Dona Marisa quixo facelo coas ciencias, pero tampouco,  íame mais a historia, certo, e así pasaron anos. Lembrando a Dona Elena, a Dona Ester ou a Dona Lucita, da que falaban marabillas de paciencia e tesón. 

Seguro que calquera deles, vivos ou mortos, xubilados ou en exercicio, merece mais o nome dun colexio que un Delegado de educación fascista ou un alcalde da ditadura. E seguro que o merece mais que unha fonte, por moi milagreira que esta fose. Pero nesta era de mentecatez, de naderia e de indolencia vale a pena que non se moleste ninguén, que todo siga placidamente camiño a ningunha parte a que alguén sexa lembrado polos seus méritos ou polo seu esforzo cotiá durante décadas. Repito, por segunda e ultima vez, que un pobo sen memoria e un pobo enfermo. E o cancro xa nos chega ata os xeonllos. O cheiro tamén.    

  • José Luis Louzán.

Máis información e contacto

Comentarios