Martes. 17.09.2019
El tiempo
José Luis Louzán
19:11
12/06/09

Amigos

As verdades como puños de José Luis Louzán

Complicado isto da amizade. Un ten tendencia a pensar que un trato amable, aberto, cercano as preocupacións da outra parte pode facer posible que as persoas “normais”, as frecuentes, as habituais, mostren a súa mellor cara e nos acheguen a pequena lista de aqueles os que decidan chamar amigos.

Existe unha categoría aínda por enriba, a lo menos para min, a dos “irmáns” en grao familiar real ou espiritual puro. Nesa categoría eu teño a dúas persoas nada mais. Esta semana alguén a quen respeto moito, por ser persoa ponderada, discreta e intelixente, me felicitaba pola miña ultima columna e me ofrecía unha copia dun texto de seu, no que incluíra unha cita literal de Francisco Giner de Los Rios, fundador aló polo 1876 da Institución libre de Enseñanza. El dixo o seguinte;

“Qué es la vulgaridad?. La Dictadura del egoismo, la servidumbre de la rutina y la indiferencia por las grandes cosas. El hombre vulgar puede ser discreto, culto, dotado de talentos, de alta posición en la sociedad; pero el nivel en que se complace su espiritu jamás se levanta sobre las cosas pequeñas o, por mejor decir, sobre una contemplación pequeña de las cosas. Llama a la abnegación candidez, locura al sacrificio y a la lealtad torpeza, o vive al menos cual si se lo llamara, y perpetuamente embebido en el culto de los mas triviales intereses”

No século XIX alguén xa escribía sobre os males do noso tempo. Sei que non digo nada novo con isto pero a sucesión de ideas dos últimos 20 anos fai lembrar en demasía na falla de bases nas que asentar os valores que a xuventude actualmente en fase de formación debería ter recibido como apresto fundamental sobre o que “pegar” o resto de coñecementos cos que formalos. A lealdade, como modo e maneira de comportarse para cos que nos axudan sen pedir nada a cambio ou para cos nosos superiores, cando estes son xusto e ecuánimes. O sacrificio, como modo de optar, no traballo ou no estudio a un futuro mellor ou, aló menos, a un futuro adecuado os nosos desexos e necesidades. A abnegación, que fixo que moitos mestres, médicos ou enxeñeiros accedesen a traballar e vivir aquí, na Costa da Morte, en tempos nos que non existían nin a abundancia nin as liberdades de agora, deixando tras de si familia e facendas por facer ben o seu traballo, de xeito dedicado e honrado.

A amizade é un deses valores, pero agora simplemente non existe. Nesta modernidade mesquiña e valeira, os “amigos” van e veñen. Hoxe son e maña esquecémolos, levados en volandas por unha corrente errónea do novo, do “ultimísimo”, que nos fai esquecer raíces e pasado. A indolencia nos fai decidir e cambiar de amigos en función do que nos dan na vez do que podemos compartir. E onde antes se fraguaban en cuestión de días amizades de por vida agora atopámonos con amigos de verán, de inverno, de “noite da fin de semana” ou do supermercado e da praia. Todos por interese, todos “por agora” porque maña poderían ser rivais ou inimigos.

Escoller ben os amigos é tamén un dos rasgos que definen o grao de humanidade dunha persoa, home ou muller. Ter bos amigos e vital, e a súa ausencia unha autentica enfermidade de difícil curación. Eu padézoa de forma endémica dende pequeno, pero iso xa é outra historia......

  • José Luis Louzán.

comentarios