Venres. 29.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
21:11
05/06/09

Baixo a tiranía da ignorancia

Baixo a tiranía da ignorancia
As verdades como puños de José Luis Louzán

Cando penso nos problemas da nosa querida bisbarra, nas razóns profundas que impiden que avancemos e que nos aferran a tradicións decimonónicas e terceiromundistas acabo sempre chegando a un mesmo problema común e fondamente somerxido na conciencia popular: a ignorancia.

Na Costa da Morte se premia a ignorancia. Ser un ignorante no sentido amplo da palabra ten premio, digo, e se fomenta e apoia dende tódolos niveis da sociedade. Refírome a ignorante nun sentido extremo da palabra, non só en materias concretas, cultura,educación, formación, non. Falo de ignorante de pe a pa, de base e por dereito. Ignorante da actualidade diaria, da de aquí e da de ala, ignorante de cultura xeral, da de tódolos días, de esa que aparece nos libros de texto e nos de ficción. Ignorantes da historia propia e da do mundo, ignorantes de fundamentos mínimos en política, economía ou negocios. Ignorantes dos dereitos e deberes, da lei e das súas obrigas. Seres en definitiva que nin saben nin padecen, que pola maña acoden o seu traballo e pola noite se recollen, seres inanimados e sen espírito. Falo, en definitiva, da maioría

Esa ignorancia forma parte do ADN da xente normal. Canto menos sabe un mellor le vai. Non debe de saber, porque saber pode producir dor, pode provocar incomodidade. Saber que se é inxusto con un, saber que o enganan, que o explotan, pode producir unha sensación de fraude e de indefensión difícil de controlar. E non interesa.

Non interesa sobre todo os que mandan, tan ignorantes como a maioría pero mais espabilados, e encantados de que a maioría dos administrados prefira non saber a responsabilizarse do seu. Non interesa os que gañan con ela, coa ignorancia, ofrecendo servizos e produtos de terceira calidade como se foran de primeira (e a prezos de primeira) encantados con que a maioría da xente ignore que hai cousas mellores.

E non interesa a propia sociedade, o “establishmen”, que considera que unha vida de continuidade e soporífera, sen culpas e sen responsabilidades, sempre a rebufo do directivo, do mandatario, do empresario “que ese si que sabe e ten culpa de todo” e moito mellor que unha vida en conciencia e consciente. Unha vida de traballo obrigado e moito mellor que unha de traballo consciente e onde as preocupacións pasan da obtención do alimento e do refuxio a outra de preocupación integral polo entorno e polo que nos afecta.

A Costa da Morte esta inzada de cidadáns ignorantes e orgullosos de selo. Inzada de outro fato de ignorantes que jalean as accions de demostración da ignorancia propia como si de demostracións de fitos científicos se tratara. Inzada de fans da ignorancia e do paletismo, que nos impiden a todos, incluídos os poucos conscientes dispostos a loitar polo seu dereito a vivir en paz e desenvolvemento, o avance cara do século onde o resto do mundo leva case unha década vivindo. Un fato de valentes que escoita, pregunta e compara. Un fato de valentes que lee. Un grupo de pobres cidadáns dispostos a exercer como tales. A ultima esperanza. Ogalla non os devore a orda de fanáticos do barbarismo e da idiotez que por doquier nos abafa. Ogalla que algún dia saiamos da Idade Media na que vive a maioría da comarca. E que sexa para ben.

  • José Luis Louzán.

Comentarios