Xoves. 19.09.2019
El tiempo
José Luis Louzán
10:04
03/10/08

Categorías

As verdades como puños de José Luis Louzán

Algunhas persoas o miden todo por listas. Listas, categorías, niveis, clases, tipos, escalafons... para esas persoas as cousas que non figuran nun listado simplemente non existen. A lista dos mais guapos, a lista dos mellor vestidos, a lista dos mellores restaurantes, a lista de gañadores, de perdedores. Esas persoas teñen por costume categorizalo todo.

As veces dáme a sensación de que existe un plan. Chamádeme tolo si queredes (chamádemo, de verdade, non me importa demasiado a estas alturas da película) pero creo que existe algo parecido a unha lista de prioridades de actuación no noso pais. Unha lista que existiría dende hai tempo e que simplemente marca unha liña común a tódolos gobernos, sexan da cor política que sexan, para que o territorio siga unha traxectoria mais ou menos igualitaria. Mais ou menos.

Por mor desa lista, en primeiro lugar se inviste nas cidades. A relación de persoas afectadas e resultado das actuacións e maior e ademais o desgaste das infraestruturas tamén. Despois aquelas comarcas con maior densidade de habitantes, non sei, a Mariña Luguesa ou a Ría de Arousa, onde existen poboacións que roldan os cincuenta mil habitantes preto de outras mais pequenas e onde tamén fan falla pequenas inversións cada pouco. Logo irían aqueles lugares mais alonxados dos grandes núcleos, zonas de Lugo e Ourense, puntos preto das fronteiras con Portugal e León, pequenos recantos da alta montaña. E o fin, no pe da paxina que conten esta lista estamos nos, a Costa da Morte.

¿Porque estamos o final? Bueno, alguén tiña que ser e ademais de ser o recanto que estropea a xeografía perfecta da costa atlántica galega, que seria dereitiña coma un fío sen esta nariz de pedra, somos tamén o lugar mais afastado das rutas comerciais tradicionais e do eixo A Coruña-Santiago-Vigo. A Mariña lucense comunica o norte coa cornisa Cantábrica e o sur de Ourense e Pontevedra con Portugal. ¿E o centro?. Ben, Monforte e Sarria comunican norte e sur, Lugo con Ourense e o que queda entre a capital e Vigo ten a súa propia autopista e tren dende hai décadas. Así que, simplemente, alguén debía quedar “sin”. E fomos nos.

Non agardo por suposto trocar mentalidade ningunha con diatribas coma esta pero a próxima vez que inxenuamente alguén pense que nesta terra e diante das administración todos os galegos somos iguais, simplemente, pense neste deseño cuadriculado da inversión en Galicia. E volva a realidade.

  • José Luis Louzán.

comentarios