Venres. 19.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
20:24
28/05/10

Colapso

As verdades como puños de José Luis Louzán

Esta semana quero propoñer a lectura dun libro. Non se trata de ningún especial revelador de nada, nin de ningunha lectura ineludible. Mais ben o contrario, en “Colapso” de Jared Diamond (Ed. DEBOLSILLO. 2007) se analizan referencias o colapso de civilizacións como a Maya ou a Azteca, pero na lectura deste interesante estudio un atopa reflexións sobre aqueles desastres como a seguinte “"Una característica de sociedades que se autodestruyeron es su nula capacidad de prever el futuro, aplicando al largo plazo soluciones que han sido efectivas en épocas de bonanza, y que conducen al desastre en cuanto cambian minimamente las condiciones, como por ejemplo una sequía". ¿Sóalle? 

Non hai peor cego que o que non quere ver, e disto a actual civilización occidental sabe un pico. Temos desenvolvido unha linguaxe especial so para “taponar” as fallas que o sistema sufre de cando en vez. Cando algunha persoa, algún profesor, algún economista ou sociólogo, algún filosofo ou antropólogo atisbou, aló polo lonxano 2005 o desastre actual, decidiuse tratar a estes de “iluminados”. A soa mención deste calificativo o carón da persoa que anunciaba, por exemplo, que en tres anos a economía mundial sufriría unha caída espectacular deixaba a este e ao seu argumento totalmente descalificado. Así de fácil e rápido.

Outro caso. Cando Santiago Niño, Catedrático de Estrutura Económica na Ramón Llul de Barcelona, auguraba hai ¡¡ tres anos !!! o actual caos e rechiar de dentes económico, un simple “é un pesimista” ou “agoreiro do desastre” era suficiente para que todo canto dixo (todo plenamente real e cumprido nos termos que anunciou) quedara desacreditado. Fácil e rápido. 

E o peor de todo non é  que eu, ou ti, ou vostede, ou calquera outro veciño, lector de quepasanacosta.com ou simplemente residente na bisbarra fixera caso omiso os avisos. Non. O peor é que quen debía analizar a verosimilitude do relato do profesor Santiago Niño, ou doutro fato de Economistas, Sociólogos, Filósofos ou Antropólogos non o fixo. Quen debía responsabilizarse de mirar mais aló, de ver mais o futuro cercano que o presente sucinto, quen tiña a obriga ética, legal e moral de preocuparse de ver por todos nos mais aló do que a linguaxe torticeira e manipulativa da banca e dos seus medios de comunicación obrigaban, o goberno e a clase política en xeral, non o fixeron. Non fixeron aquilo para o que existen, a saber, predicir e anticipar decisións globais que afectan a milleiros de persoas. Non quixeron, ollo, porque poder podían.

 

Eu acuso o partido socialista obrero español, os seus lideres e mandatarios, o partido popular, os seus delegados e correlixionarios, e a todos e tódalas forzas políticas con representación na cámara nacional de cegueira interesada e de absoluta incapacidade para representarse nin sequera a si mesmos. Acuso o goberno de ocultación da realidade, o partido popular de neglixencia grave na súa función controladora e correctora das accións do gobernos, e o resto de forzas nacionais e nacionalistas de total deixación de funcións, na busca dunha pura interese particular, en prol a lograr mellores posicionamentos económicos dos seus apoios financeiros e adlateres en xeral. 

A Unión europea publicaba esta semana un dato demoledor que eu, aquí, pronostico claro definidor do que vai suceder coa actual civilización occidental nun prazo non mais aló dunha década. Dicía a UE que a crise financeira do pasado ano custou as arcas da Unión a frioleira de un billón (con b) e medio de euros. Tocamos, segundo o mesmo informe, a 3000 euros por cabeza, dispensados por cada europeo para que bancos e caixas podan anunciar en xunta directiva, un ano mais, ganancias multimillonarias. 3000 euros por cabeza. Iso lle debe a vostede o seu banco, aínda que nunca os cobrara. Unha característica das sociedades que se autodestrúen é a súa nula capacidade para prever o futuro. Así de simple. Fácil e rápido.

   
  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Comentarios