Corrupción
Partamos dunha base. Parvos non somos, non?. Temos días mellores e peores, pero nin parecemos discapacitados intelectuais (a maioría) nin sufrimos eivas nese sentido (a maioría). Tomarnos polo tanto por idiotas esta mal e pode ser equivocado cando, por exemplo, un pretende defender a súa inocencia diante dunhas fotos que o deixan en moi mal lugar. Si, estou falando de Feijoo e si, xógome unha querela.
E non é que me sobren os cartos para gastalos en avogados pero teño unha estraña habilidade para evitar determinadas figuras legais na miña contra. Non digo que ir en barco en compaña dun contrabandista condenado por narcotráfico o converta a un en delincuente, pero si en sospeitoso de facerse acompañar por persoas de nula catadura moral e cos que eu, a lo menos, non quero tratos.
Tampouco se trata de considerar un delincuente a Bárcenas por ter acumulado 38 millóns de euros en Suíza de dubidosa ou descoñecida procedencia pero non me diredes que non cheira a chamusco. E tanto.
Algo así debeu pensar o xuíz Castro cando, despois de miralo e remiralo, decide imputar por graves delitos a Infanta Cristina, a muller do Urdangarín. Si resulta difícil para a xuíza dos ERE fraudulentos en Andalucía imputar a Griñán ou o seu antecesor coma presidente da Junta de Andalucía (o ínclito Chávez... non, o revolucionario non, o outro) imaxinade a clase de “indicios de delito” que tivo que ter observado a sua señoría como para atreverse a, por primeira vez na historia das monarquías no mundo, imputar por varios delitos a un membro directo dunha casa real. Aí queda. Esquecede ver nada mais, isto queda aquí e sanseacabo. Condenala? Pero vos en que mundo credes que vivides?... me desestabiliso coa risa.
O reverso tenebroso da forza, que diría un fan de StarWars, esta neste caso en algo tan simple coma o “tope de nivel” da paciencia común do paisano común. E dicir, ata cando e en que punto saltará todo polo aire. Porque diso non hai dubida, saltará, saltará. Isto o teño tan claro coma o que dicía antes da inviolabilidade da infanta de laranxa. Nin de coña se condenará a un membro da casa real e menos en España. E menos nesta España.
Por aquilo de deixar constancia e rizar o rizo, o xuíz Castro errou coas datas. O chulo, o molón, o chachi de verdade sería ter imputado a infanta o próximo día 14 (Viva la República!) no aniversario do ultimo goberno democrático de seu que tivo este país, xusto antes do golpe de estado de Franco e compañía. A que estaría ben?.
Namentres por aquí en baixo nada novo. Máis do mesmo. O paro baixou porque Semana Santa caeu en marzo e iso é un contrapeso de carallo (perdoando). Aínda así Camariñas (que algo de turismo terá, digo eu) perdeu 25 empregos porque Cerdeiras non precisou contratar e iso (a industria) si que pesa de narices. Os das preferentes seguen a sua e protestan cada vez con maior virulencia. Alguén pode pensar que son xente maior e con pouca gana de lerias pero aquí tamén, tarde ou cedo, o tope de nivel saltará e alguén acabará facendo algo lamentable coa cabeza dalgún político ou banqueiro. Outra cousa da que estou desgraciadamente seguro.
Nunca choveu que non escampara, di o refrán, pero na Costa da Morte choveu 145 dos últimos 180 días. E iso é moito chover sen escampar. Veremos na próxima.
Si, xa sei que cada vez rareo máis nestas presenzas (semanais?) pero nin teño moito tempo nin moitas gañas de seguir leirando na mesma teima por facer visible a merda que nos rodea a pesares da total pasividade da concorrencia que le, medita e cala. Ou le e cala directamente ou nin le nin cala e pensa que o culpable de que todo vaia mal é o que fala do mal que vai todo. E ata eu teño un límite. Por iso seguirei pasando por aquí pero, de verdade, nin coa interese de antes nin coa intención de antes. Non creo que dea en aportar nada novo os milleiros de liñas mellores que estas que se escriben sobre este desastre de país e de tempo no que vivimos. A miña mirada é so unha mirada e a min sempre me gustou destacar.
Todo está por facer. Veremos que pasa.
- José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.gal).
Verdades
- Quita.
- Paciencia?.
- Aldeas.
- RAF.
- Quita.
- Kafka.
- Opcións.
- Agora que todo comeza.
- A fuxida.
- Debates Bizantinos.
- Cheiro a fuel.
- Unidades.
- Glass-Steagall.
- Nós.
- Cortalumes.
- A Débeda.
- A maioría silenciosa.
- 21O.
- Persoas.
- Estado policial.
- Cans.
- Liderado.
- O Mal Goberno.
- 25 anos despois.
- BCE.
- Dez cousas que non teñen xeito.
- As liñas vermellas.
- Grandes Penalidades.
- Sete centímetros.
- E agora que?.
- Mediocres.
- Dimisión.
- Eufemismos.
- Os que mandan.
- Non chegarán.
- Agustín acredita nos Mayas e outras historias.
- Fauna.
- Zozobra.
- Folga.
- Fe.
- 99 non é 100.
- Calma chicha.
- Ánimo Ramón.
- A Fuxida.
- A nosa maior prioridade.
- Imputados, témolos a eito.
- Fraga. A Costa é miña.
As Verdades como puños de José Luís Louzán
- Talibanismo.
- Totalitarismo.
- Apatía.
- Constitución. Solutions.
- Pesimismo Vs Optimismo.
- PPSOE.
- Agora que sabemos a verdade.
- Mercenarios.
- JMJ.
- Spitzer.
- Deberes.
- O Dilema.
- Pérez.
- AA.
- Mouseland.
- First Lady.
- Feitos.
- Cálculo Mezquino.
- Saqueo Vikingo.
- Medidas cautelares.
- A memoria.
- Neutral.
- Falso.
- Cómplices Silenciosos.
- Tufillo.
- Podre.
- Dinosaurios.
- Pese a quen pese.
- Nestes días tan terribles.
- Indiferenza.
- A estafa.
- Fascismo.
- Municipais
- Marbella.
- Cuestión de tempo .
- Falsas aparencias.
- Despilfarro.
- Envexa.
- Shackleton.
- A fin da sociedade civil.
- A Resposanbilidade.
- Tabaquismo.
- Por que?.
- Solutions. Medio ambiente e enerxía.
- Liberais Contra conservadores.
- Solutions. Economía.
- Entelequia.
- Liderazgo.
- A Patronal.
- Fuxir da poliarquía.
- Intrigado.
- Lobos e ovellas.
- Límites xeográficos.
- Volver.
- 110 veces despois.
- Vacacións.
- Errores de bulto.
- Iluso.
- É nosa.
- Máximo de Hubbert.
- Sentenciados.
- Euforia.
- Sociedades Inflamables.
- Servil e ignorante.
- Colapso.
- Nos mundos de Yupi.
- “Agallas”.
- O Circo das Pulgas.
- A fin dos moderados.
- Ilusión de movemento.
- “Aínda que pareza mentira…”.
- A Ignorancia.
- Síntoma.
- Porque lle chaman lei cando queren decir cachondeo.
- Ruanda.
- Naves de Marte.
- Realismo Vs Optimismo irracional.
- Nunca Xamáis.
- A débeda.
- Clamor.
- Debates estériles.
- Irresoluble Problema.
- SERGAS S.A..
- Tópicos e presuposicións.
- A Praza que nos separa.
- Alzheimer público.
- Falando o valeiro.
- Desistencia de autoridade.
- Conspiranoia.
- Piratas a bordo.
- Esquizofrenia política.
- Conciencia.
- Papel mollado.
- O vaso medio cheo….
- Patrimonio do Estado?.
- Perversión.
- Unicamente naquel lugar.
- “Nenu, Que mala es la Dronga”.
- Un modo distinto de gobernar.
- Postais.
- O Complexo de inferioridade.
- Summer in the city.
- Todo necio confunde valor con precio.
- Os “Salvapatrias” .
- Infamia.
- Amigos.
- Baixo a tiranía da ignorancia.
- Dereitos.
- Event Horizont.
- Non me gusta a túa musica.
- Falsas apariencias.
- Evidencias que nos matan.
- Cidade sen lei.
- O dia de.
- A noite do cazador .
- O asombroso caso da urbanización pantasma.
- A venda nos ollos.
- A utopía Democrática do mundo de nada .
- A delgada liña vermella .
- Unha chispa de luz no lugar máis aburrido do mundo .
- Os catro pilares do desastre .
- A triste realidade de cada día .
- Eu non son Anxo Quintana.
- Dúbidas Razoables.
- A mente sobre a materia.
- Todos vivimos na política.
- O progreso.
- Xente corrente:
- A Responsabilidade.
- Terra de miserables.
- Escaso prezo.
- I have a dream.
- A Constitución de todos?.
- Corralito.
- Un país metido nunha fosa.
- Categorías.
- A delgada liña.
- Notoriedade.
- Autoritas.
- Onde vas Alfonso XIII? IIª parte.
- Onde vas Alfonso XIII?.
- O sentido da medida-
- Estamos concentrados.
- A Espeleoloxía é unha ciencia.
- Que verde era o meu val.
- Tórrido verán.
- Carta aberta a D. José Bono Martínez, Presidente del Congreso de los Diputados..
- En realidade todos son iguais.
- Don Cretino e a grande tarta do Rei.
- Cuestión de principios.
- Ás veces dáme moita vergoña ser de Cee.
- Ignorantes Consentidos.
- Punxsutawney Phill.
- Bandeiras dos nosos fillos.
- 200.000 m2.
- A hora das depedidas.
- Longo Abril de chuvascos.
- Leis para nada.
- A fin da Inocencia.
- Chiringuitos.
- “Había una vez, un circo….”.
- Agora vai parecer que esto son as Seychelles.
- Sobre a erótica do poder e de como “aplicarse o conto”.
- Porque os chaman impostos cando queren dicir roubo?.
- Verdades como puños: Unha breve introdución.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).