Xoves. 25.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
19:53
13/11/09

Esquizofrenia política

Esquizofrenia política
As verdades como puños de José Luis Louzán

Xa me teño referido neste espazo a antigos país do pensamento político . Non porque comulgue o cento por cento coa súa liña de pensamento, pero si porque, moitas veces, son dos que cre que as verdades primordiais desta vida levan escritas moito tempo. Así que, a risco de resultar mais ou menos aburrido a parroquia que me segue (que sei que sodes xa uns cuantos) de xeito habitual aquí vai a barbaridade da semana; Hoxe demostraremos empiricamente que PSOE e PP, dereitas e esquerdas neste país, non son basicamente a mesma cousa, senón que incluso equivocan a súa base política.
Ao loro.

Partamos dun par de fundamentos. Primeiro. Karl Marx, pai da liña de pensamento que motivou a Pablo Iglesias a fundar o PSOE aló por finais do século XIX, falaba de loita de clases, proletariado, asemblearismo e tiranía do obreiro, tradicionalmente oprimido polo capital, como chan ideolóxico dun xeito de entender a política (estou resumindo, quede claro). Neste contexto nace o exemplo da tarta de Maza e a tarta de Barro. Marx, simbolicamente, explicaba que o esforzo, a perseveranza e a vontade do traballador podía “dar valor” a calquera cousa, aínda que os seus elementos, a materia prima, non fose da mellor calidade.

E é aquí onde esta o quid da cuestión, porque isto non é de todo certo. Por moito que un goberno se esforce en facer viable que a forza do traballo vai sacar a un pais da crise, sen enerxía, importando a maior parte do que se gasta en producila, sen materias primas, carbón ,aceiro etc, de calidade suficiente é literalmente imposible facer que España se volva Alemaña en cousa de dous anos.

Nin coas mellores mentes pensantes e o 100% dos ingresos do país dedicados a investigación e desenvolvemento se conseguiría semellante cousa en décadas, para mais co discurso actual de “vamos chicos, todos a una” que tano gusta en Presidencia. O SOE, así, se converte nun arma mais do plantexamento de Keynes e compañía, invalido en economía capitalista. Basear no “gasto social” a escusa para unha brutal suba nos impostos. Un partido de “dereitas”. O mundo o revés.

Por contra temos o caso do PP. Partido de sólidas bases Miltonianas (por Milton Friedman, pai da economía moderna). Partido liberal (Paine, Adams) que debería ter transmitido a súa fundamentación política o pensamento propio desta corrente, a saber; peso máximo da liberdade individual, autosuperación dos problemas sociais polo individuo, libre mercado, libre empresa..... ¡¡ Ay amigo, oh problema¡¡... imposible. O PP arrostra, dende o mesmo berce no que naceu un problema de dimensións descomunais, irresoluble sen unha ruptura dramática con esa cuna e directamente irresoluble sen que medie unha debacle que, na practica, destrúa ese partido e todo o que actualmente significa; a Igrexa Católica Española.

O PP e unha prolongación política deste pseudo-partido. A infiltración nos seus órganos directivos e directamente vírica, incurable sen a amputación do “membro” enfermo, a propia cúpula do partido e un 75% das súas bases. O PP non é de dereitas, nin sequera demócrata-cristiano na concepción mais tradicional destas forzas en centroeuropa. O PP é puramente un partido nacional-católico, contrario o aborto por motivos puramente relixiosos, sen argumento científico ou utilizando diversas terxiversacións destes. O PP, o partido de “dereitas” esquece, de xeito consciente, cousas como estas;

  • “A sociedade é obra das nosas necesidades. O goberno o é da nosa perversión”.
  • “A vida carece de valor se non nos produce satisfaccións. Entre estas, a mais valiosa é a sociedade racional, que ilustra a mente, suaviza o temperamento, alegra o ánimo e promove a saúde ”.
  • “A liberdade non pode preservarse sen un coñecemento xeral da xente que a quere disfrutar ”.
  • “Digo grazas a Deus polo gasto gobernamental. Se o goberno está facendo cousas malas, e só o gasto o que pode previr que o dano non sexa mais grande”.

Son frases de insignes liberais e anticlericais, algúns, políticos e economistas anglosaxóns, nos que enraíza o pensamento que debería, supostamente, dirixir as políticas do PP.

Cando o PP chegou o goberno no ano 96 o primeiro que fixo foi subir a presión fiscal un punto e medio nos primeiros catro anos, ata o 34.2% por habitante e ano. Cando marchou no 2004 chegaba o 35% (Datos de informes da OCDE). En todo o tempo no que os populares ocuparon o goberno nunca baixaron ningún imposto e subiron varias veces todos os impostos especiais (tabaco, alcohol,etc) e as taxas publicas. Non se reduciu nunca o gasto interanual do goberno. Nunca, salvo no momento inicial de chegar a Moncloa, se realizou campaña algunha de austeridade real, non matemática. As cifras son moi interesantes pero, cando despois de transcorrido un exercicio, dígase o que se diga nun telediario, o gasto foi maior que o ano anterior, iso quere dicir que se gastou mais. E punto.

Así que, nin diminución do goberno, nin liberalización total do mercado (so da parte que interesou, a inmobiliaria e a bancaria), nin Deísmo (renuncia a igrexa católica, aceptando de Deus como unha deidade, simplemente, sen “representantes” nin “mediadores”).... O PP, que sobe impostos aínda que sexa menos que os socialistas, gasta en axuda social e regula o mercado, aló menos a parte que lle interesa ter regulada, non é de “Dereitas”. Mais ben, parece de Esquerdas, o estilo mais nórdico e Escandinavo dalgúns partidos Suecos e Noruegueses.

Sei que foi longo e, tal vez, aburrido, pero creo que merece a pena que, cando nos conten unha das súas milongas, nos defendan o indefendible ou nos queiran tomar de novo o pelo, saibamos exactamente de que estamos falando. I e que os dous principais partidos políticos españois son esquizofrénicos. Hai tempo.

Unha ultima frase. Milton Friedman, Premio Novel de Economía, pai do liberalismo económico e o libre mercado dixo unha vez “ Os gobernos nunca aprenden. So a xente aprende”. A ver si é verdade.

  • José Luis Louzán.

Comentarios