Falsas apariencias
O cambio de goberno esta a facer saír a superficie unha serie de actitudes, de comportamentos e de “vicios” chamémoslle así, que denotan un grande descoñecemento da realidade política, do feito político en si, e do xeito no que as cousas deberían fluír na relación entre cidadanía e mandatarios.
Das miñas conversas con varias persoas relacionadas con BNG e SOE, os dous grandes derrotados, extraio un par de conceptos que me parece seria importante ter en conta, por exemplo, agora que estas dúas formacións deben elixir a aqueles que recompoñan a situación e ofrezan un novo plantexamento a cidadanía galega. Por orde;
- 1º- Son os políticos, de calquera formación, na administración publica os que traballan para o cidadán, non o revés. Fágano ben ou mal, sexa a súa labor adecuada ou non, o “cliente” é o cidadán. É o cidadán quen decide, adecuada ou erradamente, quen quere que o mande, é o cidadán quen castiga, con razón ou sen razón, quen pon e quen quita e calquera dubida sobre isto é un modo como outro calquera de poñer un cravo mais o ataúde dun proxecto político.
- 2º- Baixo esta mesma premisa, si a cidadanía dun pais recibe informacións falsas ou erróneas en campaña electoral, e en base a esas informacións, de xeito nada analítico e decididamente suicida, acorda denegar o seu apoio a esas dúas forzas políticas o fai dende o seu dereito a facelo, e calquera discusión sobre as razóns que levan a esa cidadanía a renunciar a ese apoio é banal e estúpido.
- 3º- Cando se produce unha debacle do calibre da sufrida o pasado un de Marzo o digno en política, case o regulamentario na miña opinión, debería ser a dimisión non so do cabeza de cartel senón tamén dos seus mais próximos colaboradores e dos cargos mais significados. Porque si non se ofrece unha sensación de renovación clara, senón se manifesta en publico que a dirección adoitada cando se estivo a fronte do goberno foi equivocada a algún dos mais decepcionados con esa acción de goberno podería darlle a sensación de que o que parecían dous partidos de esquerda e de esquerda nacionalista, non son mais que outros dous depósitos de politicastros de terceira, mais preocupados polo seu patrimonio persoal que pola defensa dunhas ideas e dun proxecto.
Por ultimo me gustaría dicir que considero importante a rapidez coa que SOE e BNG se puxeron as pilas de cara a facer real esa renovación, pero non. Esta fin de semana os socialistas escenificaran, se nada o impide, o relevo na cabeza do partido, de Touriño a Pepe Blanco, pasando por Patxi Vazquez. So o BNG, con Beiras como sempre a cabeza, e cun debate de fondo sobre quen manda realmente no partido, parecen dispostos a facernos entretida a súa asemblea nacional. Agardemos que non se trate, nos dous casos, de pura teatralidade sen mais fin que o mercantilismo de persoas. Veremos.
- José Luis Louzán.