Xoves. 02.05.2024
El tiempo
José Luis Louzán
11:32
22/02/08

“Había una vez, un circo....”

“Había una vez, un circo....”
As Verdades como Puños de José Luis Louzán

Que tardes tan divertidas aquelas eh. Un chegaba do colexio a súa casa e zass¡¡, televisión acendida e os paiasos da tele cantando aquelo de “hola don pepito, hola don Jose” ou aqueloutro de “la gallina turuleta”. O malo e cando medran os ananos, o sol do Val de Soneira ¿verdade?. Escoito estes días, con medio sorriso nos beizos, que mais de un, e de unha, ameaza con “tirar da manta”. Tranquilos todos que non hai medo, e so unha ameaza, pero dáme que pensar.

Penso moito no caso porque o refraneiro ten moitas citas que se poderían aplicar o caso ou a moitas outras situacións en política na bisbarra. “ Cría corvos e che comeran os ollos”, “a can fraco todo son pulgas”, “tanto foi o cántaro a fonte que o final...” e etcétera. Cando se fan as cousas mal durante tantísimo tempo, tantas persoas implicadas, tantos cartos en xogo, tanto familiar metido con calzador, a lealdade queda moi por detrás de outras baixezas humanas básicas, por exemplo, a avaricia, a sede de poder ou o medo.

Cando unha persoa pasa tantos anos levantando a man por orde de outro sen cuestionarse para nada si a súa decisión e apoio son os correctos, un bo día pode ter que tomar unha decisión propia e non acordarse de como se fai.

Porque demasiado levantador profesional de dedo hai nos plenos municipais da bisbarra. Demasiado “monigote” sen valores nin ideais democráticos. Demasiado “empregado” dos partidos políticos dominantes (e aquí non se libra ningún coidadiño).

O mellor, en base a todo o que esta pasando no caso Soneira, vostedes xa me entenden, se debería pensar que o sistema actual de elección municipal non é adecuado. Ou polo menos e pouco serio. Porque, díganme a min, que hai de seriedade no que pasa. Un partido de extrema dereita (así considero eu o PP, sinto) se alía, o parecer, quen sabe, con outro de esquerdas supostas para gobernar nun concello mentres o seu aliado natural e por escrito, de extrema esquerda, ou dereita, ou centro ou... que demo da igual, dun lado ¿importa a caso?, mira con cara de “flipado”. E xa de paso, nunha desas características xornadas de coitelos longos tan lembradas na bisbarra, se axustan contas políticas e persoais, se sacan e poñen postos a dedo, se ameza con difundir ata que punto esta de podre o voto emigrante e o que che roldarei morena. Divertidísimo.

So falta que saia Fofito, ese “monstruo” da comedia, a dicir aquelo de “¡Como están ustedes....!”. E hai é onde todos contestamos MAAALLL¡¡¡¡¡.

Nestes últimos días escoito os de Merexo que din que atoparon restos arqueolóxicos e que vai resultar imposible ampliar a piscifactoría. Pois non, lamentablemente non. De esta non vos salva nin Gabi, Fofo, e Miliki, subidos nun coche coas cores da bandeira Gay e montando a “Paiaso Parade” pola veira das leiras de cebolas con denominación de orixe protexida. Diga o que diga o PP, aínda que mandase. Témome que non vos salva nin Díos. O dito, demasiados levantadores de dedo nos concellos da bisbarra.

  • José Luis Louzán.

Comentarios