Martes. 23.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
20:28
23/04/10

Ilusión de movemento

Ilusión de movemento
As verdades como puños de José Luis Louzán

Resulta que non existen os debates estériles. Debatir, como teño dito noutras ocasións, si se fai dende a sinceridade e a argumentación meditada é e resulta sempre positivo. Agora ben, existen tempos e maneiras, e existen intereses que poden forzar un debate antes de que a cidadanía este preparada para afrontalo en plenitude ou sin que ninguen teña nin idea de que é o que esta en debate.

O asunto último do velo islámico, este caso que unha moza en Madrid protagoniza o decidir, da noite para a mañá, que estaría ben acudir coa cabeza cuberta o seu colexio onde esta prohibido levar nada na cabeza, é un bo exemplo de debate a destempo e de asunto no que ninguén sabe que puñeta é o que esta en discusión. E así, coma neste, en ducias de ocasions nos mangonean a gusto durante días e semanas. ¿Qué quen nos mangonea?. Aló que imos.

A época que vivimos, de crise profunda, paro subido e confusión social, resulta un caldo de cultivo estupendo para a estupidez colectiva. E nese clima de atontamento, de discursos encendidos de extrema dereita (a saber; Inmigrante ladrón e delincuente, xuventude pervertida, se rompe España, etc) resulta estupendo que as persoas, os cidadans, os contribuintes, non pensen nos catro millóns de parados, vale, pero tampouco en que o modo de goberno, de desgoberno, limita as nosas opcions a favor dunha elite de millonarios denominada clase política. E iso, sen mais, é o paso seguinte de fractura ao momento critico de profunda depresión económica; preguntarnos, simplemente, ¿para quen é a suba do IVE?, ¿quen sae realmente beneficiado con que falemos da nena do velo, do Xuiz Garzón ou do cantante da Paris de Noia?. Eco, eles.

Nin vostede, nin eu, nin por suposto o debate sereno que sería preciso para este e para outros moitos asuntos. Porque, como teño indicado, hai demasiadas cousas feitas a medias e demasiado vanagloriarse de cousas que non foron para nada perfectas. Este xoves visitaban o congreso os pais da constitución que protagonizaban un agrio debate en plena sede parlamentaria. En concreto Fraga e Roca i Junyent acababan o acto tirándose os trastos o redor do Estatut e a decisión do constitucional (a indecisión, mellor dito)

Porque, agora en serio, ¿ninguen pensou que, cando xentes da esquerda, da dereita, da caberna franquista e nacionalistas vascos e catalans se reuniron para escribir ese dechado de virtudes que é a constitución española non podían, nin de coña, facelo nas condicions debidas?. Cun rexime nas ultimas, os militares dispostos a todo e co dedo no gatillo, a dereita de sempre reafirmándose en que un xiro a democracia significaría a guerra, etc… cun país en gayumbos non se pode crer seriamente que algo escrito así, mirando por eriba do ombreiro, baixo o medo de non ser capaces de chegar a un consenso pode ser base de nada nin marco de nada nin nada de nada.

O peor en todo este asunto, o do velo, a memoria histórica, a reforma da Constitución e demais é que todo esta interconectado. E non ten solución. Cando os pais fundadores dos Estados Unidos de América se reuniron, partían dunhas bases bastante fastidiadas pero debatían cunha premisa da que carecían os nosos “pais” da constitución… eles negociaron en pe de igualdade. Cada estado un, cada zona coas suas caracteristicas relixiosas, culturais, incluso co seu propio idioma. ¿Había rencillas entre eles? Si, por suposto. ¿Existían diferencias irreconciliables?. Ben, franceses e ingleses protagonizaban o sempiterno conflicto dos seculos XVII e XVIII… pero Virginia e Nova Inglaterra se entenderon. Fixerono deixando claro que debates querían ter e cales non. Entenderonse no fundamental e deixaron aberta a porta a que as xeracions futuras decidiran sobre temas que podían mudar coa historia (a escravitude, o aborto…) e co paso dos anos, das décadas e dos séculos.

Aquí, un grupo de irreconciliables chegaron a sentarse xuntos e escribiron algo, pechando tódolos camiños e poñendo unhas condicions tan duras e difíciles para cambiar nada que fan que hoxe en día sexa directamente imposible que se chegue a mover unha coma da carta magna sin que, ahí si, España salte en mil pedazos.

E digo eu que quizá, solo quizá, o mellor vale a pena que pase. Que tódalas Pontes, tódolos consensos voen en mil pedazos. A ver si así, por fin, despois de 32 anos, conseguimos que pase algo e obteñamos algo mais que esta permanente ilusión de movemento, coma debuxos animados… sen ir nunca a ninguna parte.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Máis información e contacto

Comentarios