Martes. 12.11.2019
El tiempo
José Luis Louzán
18:39
22/01/10

Irresoluble Problema

Irresoluble Problema
As verdades como puños de José Luis Louzán

Di o refraneiro que non hai mais cego que o que non quere ver. O que leva sucedendo na rúa calzada de Cee e cada vez mais trasladándose o resto da vila e tan evidente para todos coma difícil de ver e confuso para as autoridades municipais. Tan complexo de resolver para estes últimos coma claro e cristalino para a maioría da cidadanía. 

En Cee hai, dende hai décadas, un problema de seguridade cidadá grave, que vive conatos de vandalismo e cruce de navallas nas fins de semana de todo o ano. Isto ten evidentes episodios descritos en prensa e radio, a pesares do escurantismo xeral co que se tratan os feitos que noite tras noite, tódolos venres e sábado das 52 fins de semana que ten o ano mais algunha noite de festivo local se producen naquela rúa da vila ¿porque?. Ben, existen múltiples razóns pero tres prevalecen sobre o resto.  

  • Primeira; a nula presenza de forzas de seguridade do estado, policía local e garda civil na citada rúa e no resto de vías da capital municipal.
  • Segunda; a radicalización da Marcha nocturna, que de trasnadas e pequenos danos en mobiliario urbano e raramente ou case nunca na propiedade privada, pasou case o vandalismo organizado, con accións coordinadas de varios mozos e mozas e danos a persoas e vehículos.

  • E Terceiro; a nula autoridade de alcaldes e policía diante de hostaleiros e usuarios para facer cumprir, aínda que sexa minimamente, algunha das múltiples normativas aprobadas nas ultimas dúas décadas. 

I é este ultimo extremo, esa ausencia de peso e autoridade publica e moral, o mais grave e sangrante. Porque ¿como vai respetar un mozo de 18, 19 ou 20 anos a alguén  que comparte con el copas e noite nos pubs e discotecas locais?, ¿que autoridade emana de alguén que non é capaz de facer ver que si ten ríspeto polas normas que debería facer cumprir?. Solucionar os problemas da movida en Cee ten fácil arranxo. Cumprimento escrupuloso da normativa, cancelación das licencias municipais os locais que cesen na súa actividade. Vixiancia plena deses locais e sancións rápidas e contundentes para os que incumpran licencias e horarios. E, por suposto, reconversión da ubicación do sector. E inconcebible que en pleno século XXI se permitan determinadas actividades insalubres, molestas e perigosas en pleno casco urbano ¿ou a alguén lle cabe na cabeza que na rúa calzada ou no mesmo centro dunha vila calquera se permitira un almacén de explosivos?. Pois igual. Facer cumprir a lei e tan fácil coma facer que se cumpra. Sen excepcións.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com)

comentarios