Domingo. 22.09.2019
El tiempo
José Luis Louzán
09:57
12/12/08

O progreso

As verdades como puños de José Luis Louzán

Un, ás veces, escoita e atende. Esta semana, falando cunha persoa a que ríspeto polo que significou e polo que sabe, sobre todo, dinme conta de que as veces e moi difícil saber que esta ben e que mal. Falabamos do caso de esa nai que foi condenada por darlle un bofeton o seu fillo producíndolle unha ferida leve, pero que espertou as sospeitas dos mestres do colexio do rapaz, que denunciaron o feito, provocando o proceso que deriva nunha pena de cárcere contra a nai e cunha orde de alonxamento durante dous anos.

Todos podemos estar de acordo en que pegarlle a un neno e o máis execrable dos feitos, todos estamos, a bo seguro, en contra de calquera tipo de violencia física pero seguro que moitos, ou a lo menos algúns, tiveron algunha vez que reprender a un fillo. A un fillo de doce anos, non a un neno de sete ou menos, non, a un mociño camiño da puberdade, ou directamente a un mozo feito e dereito, na liña que separa a adolescencia da xuventude. Seguro que o razoamento cun saco de hormonas en plena efervescencia e mais que complexo.

A esta nai o rapaz lle lanzara unha zapatilla, un acto evidente de falla de respecto a un maior. E a man da nai acudiu presta a cabeza do rapaz... e si, certo, esta mal pero ¿vostede que faría nun caso similar?. ¿Onde se sitúa a fina liña que delimita o que é represión do que é maltrato, si é que existe unha liña?. ¿nunha faneca no cu?, ¿nun tirón de orellas?. Asunto peliagudo sen dubida. Xusto ocorre que se saiba deste asunto nas mesmas datas na que se xulga os maltratadores da nena Alba, famosa pola barbarie que sufriu a mans da súa propia nai, presuntamente, e dun compañeiro sentimental desta, presuntamente. ¿Cal será a pena imposta si son achados culpables?. Especulemos.

Poñamos por caso que un xuíz mais benévolo que o do primeiro caso decide mandar o cárcere a estes dous elementos, por un par de anos, que postos en papel queden nun ano real de estancia, mais perdida de patria potestade, lóxico e unha multa accesoria. Lembremos que estes dous deixaron a nena discapacitada, sen posibilidade de recuperación algunha e dependente de por vida de outras persoas. Un ano de cadea real e perdida de patria potestade contra dous anos de estrañamento dun fillo. Ogalla me equivoque.

Na semana do trinta aniversario da constitución o artigo 14 vive as súas peores épocas “Os españois son iguais diante da Lei, sen que poda prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.”. O dito.

  • José Luis Louzán.

comentarios