Luns. 21.10.2019
El tiempo
José Luis Louzán
06:04
15/01/18

Os tempos son chegados

Os tempos son chegados
Resulta adecuado citar a Pondal. Non sei hoxe en día, pero no século XIX non pinta que fose sinxelo amosar determinadas actitudes ou sentimentos. O nacionalismo está mal visto (en xeral) e o rexionalismo igual ou mais, así que escribir "Os Pinos", coa carga de denuncia e reclamación histórica coa que o cargou o de Ponteceso non semella sinxelo. Pero, ao caso do que hoxe me leva a escribir esta columna despois de tempo sen facelo pasa por unha serie de resumos, algo de lectura recente e un insomnio habitual pero nunca desexado, que me leva a ocuparme en actividades como esta. E, ademais, como iredes vendo, creo realmente que si, que "os tempos" son chegados para a Costa da Morte. Nas últimas semanas veñen publicándose no QPC unha serie de artigos de pura síntese e resumo dedicados ao estado xeral da Costa da Morte e dos que a habitamos. Son artigos que algún xornal en papel aproveitou para encher columnas esquecendo a quen lle dou a idea (o normal nese caso, non espero nada mellor) pero que, despois dunha lectura rápida, amosan sen asomo de dúbida o fin dun tempo. A Costa da Morte esmorece coma un azucariño e o mais grave é que a ninguén parece importarlle un pito. Non falo de "ninguén" a nivel local. É obvio desde hai tempo que aqueles veciños e veciñas nos que podería depositarse algun tipo de respeto e albergar azos de un futuro de liderazgo decidiron demitir prematuramente de calquera tipo de acción ou interese por liderar ou representar a uns veciños e a unha bisbarra que non so non ten aprecio por si mesma, senón que se odia a conciencia. Ninguen que eu coñeza con capacidade, mérito e nivel para ser alcalde ou alcaldesa ostenta ese cargo, ou aspira a facelo a día de hoxe, e os únicos que chegaron a el o fixeron cun custe persoal e moral que os deixa case valeiros de lexitimidade para coller este touro polos cornos e poñer as cousas en claro. ¿Quen vai ser o ou a líder que nos "encabece", que vaia por diante, que nos lexitime e defenda?...   si, eso mesmo penso eu. Por outra banda, a maneira de morrer do territorio, ademais de estarrecedora, está a ser estremadamente lenta. A bisbarra perde poboación, si, pero ao ritmo cansino dun lugar que non se abandona por un desastre natural ou por un accidente industrial, senón por pura desidia e aborrecemento; cansos de loitar os "costamortinos" marchan na busca dun lugar menos cabrón e con perspectiva de futuro (laboral e do outro). A bisbarra perde emprego, non o gaña, perde peso económico, pero os pouquiños, perde peso político (si é que algunha vez o tivo) pero ninguen parece aprecialo. Son detalles, algúns mais evidentes que outros, pero so pingueiras, folerpas que van caendo e se van acumulando pouco a pouco no chan ata que un bo día precisamos dun rescate porque a neve nos chega aos xeonllos. E ese momento ten chegado. Cos poucos xeradores de riqueza claramente amezados, cunha nula interese da administración pública en resolver a situación, co territorio cada vez mais valeiro e envellecido, cunha perspectiva de futuro cada vez mais incerta, e a un ano e medio dunhas eleccións municipais que se amosan cruciais, é o momento de propiciar un cambio. Un cambio real e positivo, que obrigue a homes e mulleres a tomar partido, polo territorio ou contra del. Sin hipocresía, sin miramientos e sin medianias. É agora ou nunca. Cada entidade veciñal, cada asociación cultural, cada medio de comunicación, cada partido político que realmente, que verdadeiramente, estea interesado no progreso e sostenemento da Costa da Morte como territorio (e por extensión, coa defensa e recuperación do rural galego) debe postular aquí e agora a súa posición e as súas ideas para lograr revertir o actual estado de "morte cerebral" da bisbarra. Si algunha vez existiu unha "intelixencia colectiva" e unha "sociedade civil" para exercela, este é o momento de demostralo. Xa non cabe agardar mais. Aquí e agora, cada intelectual, cada empresario, cada médico, cada obreiro, mariñeiro, gandeiro, mestre, soldador e político que realmente crea nisto que demos en chamar Costa da Morte debe erguerse e dicir alto e claro si é ou non "dos bos e xenerosos" e si está disposto a loitar e reclamar o que por lei e dereito nos corresponde ou si polo contrario vai continuar nesta especie de estado de hibernación onde todo está ben ata que ven un mercante e emborca petróleo ou químicos por doquier e saimos nos telediarios. Basta xa de mirar para outro lado, basta de facer coma se non fose con nos porque ninguen se molestou en explicarnos que "sempre vai con nos". Basta. Suficiente. Non podemos seguir agardando a que escampe mentres vemos pasar paraugas tras paraugas por diante nosa. Cada quen pode e debe facerse cargo do seu anaquiño de responsabilidade en facer posible a bisbarra tal e como a entendemos, tal e como a entendemos. Non hai xa segundas oportunidades. O camiño está trazado; fin do emprego industrial, nula entrada de inversión foránea neste terreo, fin da pesca e da agricultura tal e como a exercemos ata o e agora, drástica reducción no número de barcos e de explotacións agrícolas e gandeiras, caída lenta pero progresiva no emprego e na calidade deste, perda inadmisible de poboación, envellecemento da poboación que queda, redución en servizos e na calidade destes, nula inversión do estado ou autonómica en infraestruturas vitais para o territorio. É agora ou nunca, e sabémolo todos. Que levante a man quen estea disposto a loitar. Que levante a man quen este do noso lado... e os demais...    
  • José Luis Louzán é escritor, xornalista e empresario

Artigos de José Luís Louzán en QPC 2016

Verdades de José Luís Louzán en QPC

As Verdades como puños de José Luís Louzán

Fonte

comentarios