Xoves. 28.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
19:52
20/11/09

Piratas a bordo

Piratas a bordo
As verdades como puños de José Luis Louzán

Dándolle voltas o caso do “Alakrana”, o atuneiro vasco con parte da tripulación galega que pasou 46 días en mans de piratas Somalís, pasoume que non entendo nada, ou aló menos, cada vez entendo de maneira distinta todo isto do libre mercado, oferta e demanda e demais. 

Porque para quen pense que aquí falamos doutra cousa que saiba que esta equivocado. ¿De que tamaño son os beneficios que pode obter alguén dunha pesquería cando esta se ten que realizar en condicións tan perigosas e lamentables?. E dicir, si a min o meu traballo me puidese custar a vida seguro que necesitaría un soldo acorde as características do risco. Ou saltándonos o mesmo obreiro, principal protagonista do perigo ¿que empresario pon en risco barcos e facenda en prol de que beneficio?. Porque esta vez foron 2,3 millóns de euros de rescate, o parecer, pero ¿e si falecera algún mariñeiro?. As indemnizacións, seguros e demais cifrarían de xeito astronómica... porque esta vez pagamos todos ¿non o sabían?. O Armador ¿canto pagou do rescate?. Eu non o sei pero, coma sempre, neste pais nos vai a marcha e a cousa derivou de xeito inmediato pola vía da bronca política, que enche mais telediarios e da mais xogo nas tertulias.

 

Así que, dado que se pagou cos meus cartos e os de todos o rescate ¿podo ou non dar a miña opinión?. Eu penso que eu ou calquera pode preguntarse, coma tantas veces ¿e cando quen estea en risco sexa eu, ou os meus, noutra actividade con menor repercusión mediática?, ¿e si o que esta en risco non é a miña vida a curto prazo, senón o meu benestar a medio ou longo?. Falase nos xornais e nas televisións de dedicar recursos militares a defender a posibilidade de traballar naquelas augas da industria do atún. No mesmo parlamento se debate xa si dotar de ese instrumento, infantes de mariña, armamento a bordo, etc... a defensa dunha pesquería condenada, por causas naturais, a desaparecer nun prazo non mais aló dos dez anos si se permanece nos actuais ratios de captura. ¿Para que tanto esforzo?, ¿É que se obtén tanto beneficio?. E si é así ¿porque nos, que pagámolo rescate, non vemos un peso deses beneficios? 

Como tantas veces as miñas preguntas viran o redor do carto pero, deixando a un lado o fácil que é manipular a unha opinión publica cando quen fala é unha vítima ou un familiar dunha desas vítimas (ou a muller dun mariñeiro secuestrado), o certo é que todo isto non existe mais por unha pura cuestión financeira. Xa o digo eu, si non se recollesen beneficios extraordinarios da pesquería do atún no Indico ninguén iria a pescalo. E si eses beneficios non foran asombrosos a ollos dun neófito na materia ninguén o pescaría acuciado por piratas e con risco de morte. Nin mais nin menos. 

Por sorte ou pola boa man diplomática do goberno, ou porque si, non o sei, a cousa saíu relativamente ben e os mais indefensos e os menos agraciados polo beneficios da pesquería, os mariñeiros, safaron e volta na casa. Pero,  a día de hoxe, non vimos nin unha soa toma do armador, nin da súa casa, nin da marca do seu coche nin do tamaño da súa conta corrente. De feito, sabemos mais dos piratas, sobre todo dos dous detidos en España, que da armadora do barco secuestrado. Curioso...

  • José Luis Louzán.

Comentarios