Xoves. 25.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
18:07
25/05/19

A porra das Eleccións Municipais 2019

Pronostico electoral 2019
Pronostico electoral 2019
A porra das Eleccións Municipais 2019

Este domingo 26 de maio son as Eleccións Municipais 2019. E este é o meu pronóstico nos Concellos da Costa da Morte, baseado nunha mera percepción persoal da realidade.

Camariñas  (13 Concelleiros)

Partido

Resultado 2015

Pronostico 2019

Psoe

7-7

6 - 7

PP

5-5

5-6

BNG

1-1

0-1

O PSOE poderia perder a maioría absoluta, aínda que o máis probable é que a manteña. O escano que perderían os socialistas podería ir a PP ou ao BNG

Carnota  (11 concelleiros)

Partido

Resultado 2015

Pronostico 2019

Psoe

2-2

2-3

PP

3-3

2-3

BNG

6-6

5-6

Milucho mantería a alcaldía, toda vez que, aínda que perdera un con concelleiro en favor do PP ou do PSOE, é practicamente imposible que se poda facilitar un pacto en PP e SOE no Concello

Cee  (13 Concelleiros)

Partido

Resultado 2015

Pronostico 2019

Psoe

2-2

1-2

PP

4-4

2-3

BNG

1-1

1-2

UCG

0-0

0-1

C’s

1-1

1-2

IxCee

5-5

3-4

Libertarios

0-0

0-0

Un dos concellos cun resultado máis incerto. IxCee obtivo o segundo mellor resultado da súa historia, pero despois de 4 anos realmente lamentables, é posible que a tendencia amosada nos últimos comicios se consolide e IxCee perda outros 300 ou 400 electores, o que podería levalo a non ser a forza máis votada.

A irrupción de Antonio Domínguez é un dos elementos que mais desestabilizan os resultados porque, aánda que Cee non é o da última vez que Domínguez encabezou unha lista para o PP, é moi probable que manteña ou perda moi pouco do que acadou Zaira Rodriguez en 2015 (1.266 votos) o que podería situalo coma forza máis votada. Por outra banda, haberá que estar moi atento ao resultado que acade Ciudadanos en Cee, cunha lista totalmente renovada e xurdida da escisión do PP na vila. É moi probable que esta nova lista acade un mellor resultado que o conseguido por Plácido García en 2015 (266 votos) e esto podería levalos a un segundo concelleiro. Por outra banda, é probable que Union Cidada Galega acade representación no pleno (en 2015 estivo a tan so 46 votos de acadar un concelleiro. De todos os xeitos é o concello máis aberto.

Corcubión  (9 concelleiros)

Partido

Resultado 2015

Pronístico 2019

Psoe

3-3

2-3

PP

2-2

2-2

BNG

3-3

2-3

Sempre Corcubión

0-0

0-1

PACor

1-1

0-1

A irrupción dunha candidatura da corrente das Mareas en Corcubión, liderada ademais por un vello coñecido da historia politica local coma Alfredo Gonzálezé o principal elementos de distorsión na vila do San Marcos para estes comicios. Esta chegada podería abrir varias posibilidades, entre outras que o PACor de José Ramón Rojo quedase sen representación. Se nalgún concello un voto é valioso este é Corcubión. En 2015 o PSOE estivo a só 19 votos de deixar ao PACor sen representación e acadar o seu cuarto concelleiro.

A chegada das Mareas fai que esa posibilidade se reduza considerablemente porque, hai que mencionalo, o partido áais votado en Corcubión nas ultimas municipais obtivo 385 votos, só 36 máis que o seguinte, o BNG, e só 140 máis que o PP, que foi terceira forza con 240 votos. A maioría no pleno, de 5 concelleiros, fai a politica de pactos poda resultar clave para ver si Manuel Insua continua ao frente da alcaldía ou si o BNG volve a formar parte do goberno.

Dumbría  (11 concelleiros)

Partido

Resultado 2015

Pronostico 2019

Psoe

10-10

9-10

PP

1-1

1-2

Poderá José Manuel Pequeño batir a sua propia marca?. Dado que en Dumbría só o PP osa mancillar o feudo do alcalde máis lonxevo da Costa da Morte, a única duda pasa por saber si Pequeño será quen de sumar unha porcentaxe superior ao 86% do votos acadados nas últimas municipais.

Fisterra (11 concelleiros)

Partido

Resultado 2015

Pronóstico 2019

Psoe

4-4

3-4

PP

4-4

6-7

BNG

2-2

2-3

CG

1-1

0-1

En 2015 .o PP quedou a só 86 votos de obter a maioría absoluta, deixando sen representación a Xan García, unha situación que podería repetirse nestes comicios. O factor de diverxencia pasa pola candidatura do BNG que, segundo as hipóteses lantexadas, podería mellorar o resultado de 2015 e achegarse aos 600 ou 700 votos. Resultado moi aberto.

Laxe (11 concelleiros)

Partido

Resultado 2015

Pronostico 2019

Psoe

5-5

4-5

PP

5-5

5-6

BNG

1-1

1-2

Todo aberto. Psoe e BNG non repetirían coma coalición de goberno se o PP é quen de mellorar o resultado de 2015, onde faltaron só 67 votos para que os Populares sumasen un concelleiro máis, acadando así a maioría absoluta.

Mazaricos  (11 concelleiros)

Partido

Resultado 2015

Pronostico 2019

Psoe

0-0

0-1

PP

4-4

3-4

BNG

7-7

6-7

CxG-CCTT

0-0

NO

A figura de Juan José Blanco é crucial para entender o éxito do BNG en Mazaricos e a sua xestión parece sen discusión, máis alá do desgaste propio de 4 anos de goberno nun concello en graves dificultades, coma o mazaricán. Podería perder un edil pero seguiría mantendo o goberno sen problemas. O Psoe podería acadar representación, toda vez que Francisco Javier Trillo, con experiencia e peso politico no concello, aglutinaría os máis de 200 votos que se perderon no 2015.

Muxía  (11 concellos)

Partido

Resultado 2015

Pronostico 2019

Psoe

9-9

5-6

PP

3-3

5-6

BNG

1-1

0-1

Varias circunstancias deixan moi abertas as eleccións en Muxía. Por un lado, a retirada de Félix Porto, que lograba en 2015 o mellor resultado histórico dos socialistas, coloca ao seu substituto nunha delicada posición para revalidar a maioría absoluta. Por outro lado, Muxía baixa de 13 concelleiros no pleno a 11, ao caer por debaixo dos 5.000 habitantes, algo que fará que cada voto conte aínda áais. Os resultados deste domingo podería obrigar ao PSOE a ter que buscar un goberno de coalición cos nacionalistas de Carlos Concheiro.

Vimianzo  (13 concelleiros)

Partido

Resultado 2015

Pronostico 2019

Psoe

1-1

3-4

PP

1-1

2-3

BNG

8-8

1-2

IxVimianzo

2-2

NO

CxG-CCTT

0-0

NO

TEGA

1-1

NO

Adiante Vimianzo

NO

6-7

Vimianzo é a outra praza onde a contenda está máis aberta. O resultado acadado por Manuel Antelo en 2015 a fronte da lista do BNG corre serio perigo de repetirse. O que simulaba unha lexislatura prácida e tranquila podería rematar en disgusto principalmente por dúas circunstancias.

En primeiro lugar, a saída do rexedor da orbita do BNG para presentarse agora cunha lista independente provocou movementos ao redor da lista que, entre outras cousas, levaron a dous pesos pesados coma Fernando Mancebo e María José Ramos a deixar a politica. O BNG, aínda que non se agardaba nun primeiro momento, presentou unha lista alternativa na capital soneirán, con Vicente Rivas a fronte e con vellos coñecidos da formación frentista en Vimianzo o que sen dúbida restará votos o partido do actual rexedor e, para colmo, a unión do PSOE historico da vila coa renovada dirección que acabou coa herdanza de Alejandro Rodrúguez no partido socialista local, parcialmente, fai posible que os socialistas volvan a cifras máis habituais na súa historia recente.

Por último, o PP tamén se renovaba, unindo ademias ao exsocialista José Manuel Rodriguez “Roque” que, coma ven sendo habitual, poderia arrastrar ata 400 votos a suma dos Populares. Polo tanto, periga, ainda que non moito, a maioría absoluta de Antelo en Vimianzo-

Zas (11 concelleiros)

Partido

Resultado 2015

Pronostico 2019

ALNO

NO

0-1

PP

3-3

3-4

BNG

8-8

6-7

Non hai dúbidas sobre que Manuel Muiño vai revalidar a maioría absoluta en Zas. Despois de acadar case 7 de cada 10 sufraxios nas ultimas municipais (69,53%) e sumar una maioria mais que sobrada, o unico que podería restar ao BNG nestas eleccións é a irrupción dunha lista transversal baixo a denominación de Alternativa Nova, ALNO, encabezada polo ex socialista José Vilariño. Zas é un dos poucos concellos onde o Psoe non presenta lista e o PP presentase cun equipo renovado pero sen peso, o que podería motivar que perderan representación no pleno municipal.

BERGANTIÑOS

Carballo  (21 concelleiros)

Partido

Resultado 2015

Pronostico 2019

Psoe

2-2

2-3

PP

5-5

4-5

BNG

11-11

9-10

TEGA

3-3

2-3

CxG-CCTT

0-0

0-1

Son (PODEMOS-SON 2019)

0-0

0-1

A capital bergantiñán amosa un escenario sen grandes diferencias. A aparición dunha candidatura na órbita de Podemos podería impulsar ao partido local SON en Común a un resultado moito maior que o exiguo 1,18% obtido hai catro anos. De todolos xeitos, aparenta que os 21 concelleiros do pleno carballés se repartirán de xeito similar a coma o fixeron en 2015, con Evencio Ferrero revalidando a alcaldía un ano máis, se conta cos apoios precisos.

A Laracha  (17 concelleiros)

Partido

Resultado 2015

Pronostico 2019

Psoe

2-2

2-3

PP

12-12

11-12

BNG

2-2

2-3

TEGA

1-1

NO

Os problemas en Terra Galega fan que na Laracha só se presenten 3 candidaturas e que a abultada maioría de José Manuel López, alcalde dende hai 20 anos, non corra aparentemente ningún perigo. BNG e PSOE pelexarán so por ser segunda forza.

Cabana  (11 concelleiros)

Partido

Resultado 2015

Pronostico 2019

Psoe

3-3

1-2

PP

7-7

6-7

BNG

1-1

0-1

CIC (agrupación de electores)

NO

0-1

UxC

NO

0-1

Cabana ofrece un escenario inédito, con 5 candidaturas. O PP revalidaría a maioria, pero a irrupción de ata 2 candidaturas independentes podría provocar cambios. Non aparenta que corra perigo a candidatura do Popular José Muiño, pero si os 3 representantes do PSOE e a representación do BNG, renovada por completo.

Coristanco (13 concelleiros)

Partido

Resultado 2015

Pronostico 2019

Psoe

1-1

0-1

PP

6-6

3-4

BNG

1-1

0-1

AL v C

NO (Pensado)

2-3

Contigo (somos Democracia)

NO (Gerpe)

1-2

TEGA

5-5 (Lavandeira)

2-3

C`s

NO

0-1

Marea de Coristanco-

Son en Común

NO

0-1

 

 

 

Se algún concello está aberto na zona de bergantiños, ese é Coristanco. despois dunha lexislatura convulsa, totalmente xudicializada, as candidaturas atomizaron a unha sorte de batalla persoal entre os tres ex-alcaldes da vila ainda en politica, Pensado, Lavandeira e Gerpe. A abultada maioría do PP tería as horas contadas e o pleno saido dos comicios deste domingo aparenta moito áais aberto e onde as coalicións resultarán cruciais.

Malpica (13 concelleiros)

Partido

Resultado 2015

Pronostico 2019

Psoe

1-1

0-1

PP

7-7

6-7

BNG

1-1

1-2

C`s

NO (Cañizo)

3-4

AIM

4-4

NO

SON

0-0

NO

O contrapeso de poder que supón Alfredo Cañizo se presenta nesta ocasión con Ciudadanos. PSOE e BNG se renovan e son unha incógnita. Non parece perigar a maioria da dereita en Malpica, pase o que pase co PP de Eduardo Parga.

Ponteceso (13 concelleiros)

Partido

Resultado 2015

Pronostico 2019

Psoe

4-4

2-3

PP

6-6

6-7

BNG

1-1

1-2

SON (APIN-SOMN 2019)

2-2

2-3

O PSOE de García Carballido chega en plena convulsión pola renovación da lista que o alcalde plantexou e levou adiante de cara a estas municipais. Este detalle, unido ao peso do histórico líder dos populares, José Luis Fondo Aguiar, leva ao PP a un paso de volver a maioría absoluta coa que xa contou en comicios anteriores.

  • José Luís Louzán.

Comentarios