Domingo. 13.10.2024
El tiempo
José Luis Louzán
19:33
12/03/10

Ruanda

As verdades como puños de José Luis Louzán

O 6 de abril do 1994 pode considerarse sen moitos miramentos coma unha das datas máis infames da historia da humanidade. A raíz de décadas de conflicto larbado, abusos duns e falla de arrestos para defenderse dos outros, anos de despotismo e odio entre as etnias tutsi e hutu derivaron nun dos episodios máis macabros do século XX e probablemente de toda a presencia da humanidade no alto da pirámide que dirixe o mundo.

Os terribles feitos que tiveron lugar nos meses de abril, maio, xuño e xullo, só durante catro meses, daquel ano derivaron no exterminio maior dunha etnia nunca na historia.

Calcúlase que entre 500.000 e 1.000.000 de persoas. Se foran tan só 800.000 os exterminados, equivalerían o 11 por ciento do total da poboación Ruandesa e en concreto 4 de cada 5 dos tutsis que vivían no país naquel ano.

Pouco importa quen comezou, si os tutsis abusaron durante séculos dunha posición de privilexio a pesares de compoñer menos do 14 por cento da población ( a etnia hutu sempre foi maioritaria), ou si os hutus utilizaron un momento histórico de supremacía despois duns anos convulsos (golpes de estado, morte do presidente, etc) para cobrarse a sua vinganza. O certo é que, de modo deliverado e despois dunha minuciosa preparación, as diferencias profundas de criterio entre dous pobos estouparon nunha orxía de sangue e morte descomunal.

E pode resultar tremendista, seguro que si, pero cando escoito, vexo e leo o modo no que certos lideres de tres al cuarto se despachan, en ausencia de argumentación algunha, carecendo de peso e capacidade intelectual para defender as suas posturas de modo inteleixente, cando vexo o modo no que se insulta, se menospreza e se abusa dunha posición apénome e asústome.

Asústome porque escoito que non, que eses tempos violentos nos deixamolos moi lonxe, que aprendemos da guerra de hai 75 anos, que vivimos acomodados e que non hai posibilidade porque nos “somos mais pacificos”… dame a risa. Vexo como se insulta a toda unha rexión, como se cruzan inxurias e calumnias entre os dous principias partidos condenados a entenderse, e sobre todo, escoito e discuto con paisanos e veciños que piden a supresión da presunción de inocencia, o control da homosexualidade ou medidas drásticas para acabar co delito, sin pensar para nada en que o peor modo de acabar cos extremismos e facendo “mártires” para a causa.

E a liña é tan fina, tan etérea, entre a cordura e a tolemia descontrolada, entre a lexítima confrontación politica e a violencia sectaria… que si aqueles que deberan manter a cordura, contrapesar as paixóns non o fan o que nos queda e a anarquia e a violencia. E ollo cos pusilánimes, os amigos do optimismo compulsivo… a Alemaña de Hitler nunca teria chegado onde chegou si o gabinete de Chamberlain tivera feito caso dos que pedian maior control do arsenal nazi, e menos concordia cando resultaba evidente para todos que ali se estaba fraguando o que logo foi invasión e guerra mundial, con millons de mortes durante anos.

Que básicamente non somos mais que animais o demostran episodios coma o de Ruanda, Camboia ou os mais recentes en Bosnia ou Croacia no transcorir da guerra dos Balcans, un conflicto entre veciños que, só uns meses antes de comezar, ninguén era capaz de prever. Ollo con non dar importancia a naturaza perversa do home. Ruanda esta moito mais preto de nos do que dictan os mapas.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Comentarios