Mércores. 24.04.2024
El tiempo
José Luis Louzán
20:23
04/06/10

Servil e ignorante

Servil e ignorante
As verdades como puños de José Luis Louzán

Escoria servil e ignorante. Cando Adolf Hitler chegou o goberno na Alemaña dos anos 30 o fixo despois dunhas eleccións. Non foi o gañador pero si logrou que o seu partido,m o Nazi, duplicase os seus votos ata situarse como unha forza política viable para gobernar. O fixo, despois de intrigas e manexos, cando foi nomeado canciller de Alemaña o 30 de Xaneiro do 1933. Non chegou a ese cargo, que despois substituíu por unha ditadura sen problemas coa poboación, por medio de ningún golpe de estado nin de ningunha coacción o estado ou os cidadáns. O fixo prometendo algo moi simple a un pobo, o alemán, destruído na súa mesma esencia despois de perder a primeira grande guerra e trala firma da rendición de Versalles. Prometeulles que, de aló en diante, non terían que preocuparse de pensar. Chegaba con que depositaran nel e no seu partido unha reverencial e absoluta confianza. Chegaba con que lle deran, si fora preciso, a súa vida, pola formación  dun estado, dun lugar, onde vivir sen ter que sufrir os rigores da época, a fame, a mortalidade, a vergoña da derrota. 

Foi relativamente sinxelo. Hitler estivo a fronte dunha das maiores expansións da produción industrial e da mellora civil nunca vistas na historia do país. A taxa de desemprego reduciuse substancialmente, na súa maioría por medio da produción de armas, construción de obra civil e o envío da muller a casa, para que os homes puideran ocupar os seus postos de traballo. Hitler tamén estivo ao cargo dunha das máis grandes campañas de mellora da infraestrutura na historia alemana, coa construción de decenas de represas, autopistas, ferrocarrís... 

Todo o mundo tiña traballo... ¿todos?. Non. Xudeus, xitanos ou comunistas perderan os seus, empurrados pola nova política que os culpaba da derrota na Primeira Guerra Mundial. Así, os xudeus, garantes da economía estatal en base o ouro, que posuían, os empréstitos que ofrecían e a súas relacións relixiosas cos seus naturais en Polonia, Rusia ou Francia viron como, primeiro, eran confinados en Guetos, despois en edificios públicos inmundos e fortemente vixiados para, finalmente, ser recluídos en campos de concentración e de exterminio de onde case 6 millóns deles nunca saíron. Todo isto sucedía a vista de todos, no dia a dia do resto dos alemáns, foran estes mais ou menos afectos o réxime e as ideas nazis. Ninguén fixo nada. A fin e o cabo a maioría deles non lle caian demasiado ben os xudeus, sempre tan pechados nas súas comunidades, tan respetuosos das súas tradicións. Nulamente integrados na tradición xermana. E so con pechar ollos e oídos, calquera alemán tiña emprego, vivenda e un prato de comida quente diario na mesa. Así que, simplemente, ninguén sabe nada. 

A cousa empeora, claro, porque a medida que a guerra, a segunda, avanza e despois dos éxitos iniciais comeza o descalabro, as derrotas e finalmente a invasión, as matanzas aumentan e se exteriorizan. O cheiro nas localidades cercanas os campos debía ser continuado, unha peste insoportable, a carne queimada e gas. Así no ano 44 e ata primeiros do 45. Pero ninguén fai nada. Nada de protestas. Xente perigosa estes nazis, pensaría mais dun, como para protestarlles polo cheiro... ou polo que provoca o cheiro.  

Para cando as tropas aliadas chegan o centro da Alemaña ocupada, morto Hitler na compaña de Eva Braun o 30 de Abril do 45, ninguén sabe nada. Nada sobre os campos, nada sobre as matanzas, sobre o cheiro insoportable, sobre os vagóns de tren cheos de xudeus famélicos camiño da morte. Ninguen sabe nada sobre os abusos da milicia do partido nazi que actuou como unha autentica policía secreta paralela que apalizaba, asasinaba e “limpaba” a todo canto elemento demostrase a súa tendencia contraria a atrocidade que se estaba a cometer. Ninguén sabe nin di nada. Ninguén e Nazi, diante das preguntas dos soldados americanos. Ninguén sabia nada, polo visto.

 

Escoria servil e ignorante. A frase atribúese a Churchill, Primeiro ministro británico, despois dunha primeira visita a un campo de concentración Nazi. Referíase os alemáns, a todos. Pobo que se rendeu diante da evidencia do tranquilo e apacible que pode resultar vivir cando un non debe preocuparse de nada, cando o que goberna afirma que esta o cargo de todo e de todos, e que xa se ocupa el. E cando o cumpre, aínda que sexa pagando o prezo dun holocausto inenarrable.  

Precaución diante do “bo pastor” que afirma que a el, os malos tempos non lle provocan fames e que a sequia, si el mandase, non tería lugar. Non existen as milagres. So os mentireiros que din ter facultade para concedelas. Ollo.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Comentarios