Venres. 29.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
20:32
07/04/10

Síntomas

As verdades como puños de José Luis Louzán

A sociedade esta enferma. Unha enfermidade con tratamento e cura, seguramente, pero que eu aló menos non coñezo e que non ofrece recetas rapidas que a solucionen. Si se coñecen os sintomas, claros para algúns doctores e mais dificilices de percibir para o propio enfermo, para os padecentes e sufridos enfermos, os cidadans que, en moitos casos, protagonizan eses sintomas.

En pequenos trazos o feito da enfermidade que nos acosa, chamemola Síndrome, se sustancia en cousas coma as que a diario nos ofrece a profusa e manipulada información publica en radio, prensa ou televisión. Unha sociedade desposta a defender ata a extenuación a animais e cousas (lugares, monumentos…) pero que o tempo permite a morte de centos de mulleres a mans dos seus presuntos compañeiros. Unha sociedade que acusa de asasinos os toureiros e permite poblados chabolistas onde a droga reina coma ferramenta de consumo.

O sindrome, chamemolo “de deficiencia social”, permite un lider relixioso capaz de encubrir a pederastia na organización que dirixe sin que por esto as autoridade comparezan para apresalo e xulgalo polo presunto crime. Un lider que, seguro, será defendido e perdoado masivamente polos mais radicais da sua secta, ese que piden paz e amor o tempo que acusan os demais de herexía.

O mal que nos acosa permite e aplaude un sistema economico baseado na avaricia, no abuso dos poderosos e na impunidade dos administradores, raposos encargados de gardar das galiñas, carentes de ningunha etica e aplaudidos por unha cidadania inculta e fanática.

O sindrome de definciencia social ofrece sintomas tan claros coma estos pero, como ten costume de pasar, o enfermo descoñece e non recoñece que padeza ningun mal. Acuvillados coma estamos na comodidade da nosa vida de deseño, construida sobre bases de area, pensamos que somos invencibles, indestructibles, asentados na paz e na tranquilidade. Non. Para nada. Todo pode desaparecer en cuestión de minutos. ¿Qué cal é a cura?. Non o sei, pero esta claro que fai falla unha, antes de que o virus se Extenda de forma irreversible. Non falta moito para iso.

  • José Luis Louzán (louzan[arroba]quepasanacosta.com).

Comentarios