Martes. 17.09.2019
El tiempo
José Luis Louzán
19:04
17/07/09

Summer in the city

Summer in the city
As verdades como puños de José Luis Louzán

Xa cantaba o xenial Joe Cocker que o verán provocaba que as cidades parecesen penosas, con todo o mundo buscando refuxio para fuxir do calor. Que as noites eran mellores. Eu vou mais aló, e penso que o verán estase a converter, mais este ano que ningún outro, nunha excelente escusa para fuxir... pero das responsabilidades de cada un.

O pasado luns un grupo de nais e algún pai saian a rúa pedindo pediatra e servizos sanitarios. Un puñado, porque o horario non era, o parecer, o mais adecuado e porque... estamos no verán. Coma se alguén aquí marchase de vacacións. Mentres, centos de tractores colapsan Santiago o mércores. Pero o debate do asunto que provoca a mobilización (paupérrimos prezos para un produto de primeira necesidade) chega en mala época... porque o verán, xa se sabe, e todo o mundo de vacacións.

A televisión e a radio, os xornais e as revistas, buscan contidos mais “frescos” menos “espesos” e sesudos. Programas de festas, entrevistas a cantantes de orquestras, noticias curiosas como a dos gatos e o uso que fan do seu ronroneo para manipular os seus donos, centos, miles de informes sen sustancia nin sentido sobre quen bebe mais, quen fala mais, se homes ou mulleres, quen le mais e que libros na praia.

Mentres, en Galicia chove e praia pouca, ou ningunha. Pero todo resulta libiano, fresco, sinxelo, agradable.

Nestes días pasados Facendo me estafaba unha estimable cantidade de cartos. Un atraco, sen mais. ¿Porque?. Cousas nosas, pero eu teño razón aínda que non o pareza e eles non. ¿Importa?. Non, nin o mais mínimo, porque estamos no verán, e o importante e que todo resulte fresco, fácil, lixeiro. Contidos informativos para parvularios.

Todo pasa lento, todo pesado, todo agoniante. Pero a min me segue parecendo a época mellor para todo. A mellor para estar na rúa, a de maior exposición en horas de luz, a mais inspirada, a mais divertida. Cantas cousas se poderían facer se non nos dera por paralizar o país. Non digo que non se marche de vacacións, non, pero sexamos serios ¿cantos dos que aquí estamos teremos realmente vacacións?. Tal vez un 30% da poboación laboral. Nin a hostalería, nin o comercio, nin os funcionarios e traballadores dos sistemas de seguridade. Nin mariñeiros, nin gandeiros, nin as administracións publicas nas vilas costeiras, nin os membros das forzas e corpos de seguridade do estado nesas vilas de mar. Nin algúns xornalistas, nin os empregados en precario no comercio, na prensa, na gandería, na hostalería... O final so un grupo de privilexiados pode permitirse saír do seu lugar de residencia e viaxar, lonxe ou preto, e disfrutar. Entón ¿para que?. ¿porque todo este “ralentí”?.

Unha estupenda escusa para políticos e “mandamases”, ese que si poden permitirse un mes enteiro de asueto.

Chamádeme cansino, aburrido ou pesimista (seguramente acertaredes) pero un morto no verán en accidente e coma un no inverno, un atraco no verán e coma un no inverno e un político ladrón e igual no verán que no inverno. Aínda que non interese demasiado no programa vespertino. De feito, ata chove todo o día... igual que no inverno.

  • José Luis Louzán.

comentarios