Venres. 29.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
10:56
19/12/08

Todos vivimos na política

Todos vivimos na política
As verdades como puños de José Luis Louzán

Estes días pasados unha serie de televisión sobre feitos históricos lembroume unha frase que define moi ben aquilo que un servidor se empeña en explicar as xeracións mais novas pero que nin estas nin algún individuo das anteriores parece entender.

Abigail Adams (22 de Novembro, 1744, Weymouth, Massachusetts - 28 de Outubro, 1818, Quincy, Massachusetts) foi a dona do segundo presidente da historia dos Estados Unidos John Adams. Persoa con profundos coñecementos da historia, gran lectora e probablemente a principal conselleira do seu home o longo da dilatada carreira política deste, en certa ocasión, conversando con el na época do bloqueo británico a cidade de Boston con motivo da guerra de independencia americana, deixou para a reflexión a seguinte frase.

O Sr. Adams defendíase dos ataques da súa muller pola lentitude na toma de decisións do recen nacido parlamento dos Estados Unidos afirmando que se trataba das complexidades da política e insinuando que ela, unha muller no século XVIII, non vivía a política coma el. Abigail contestoulle “¿Dis que eu non vivo a política?. ¿A que te refires cando dis iso?. Cando eu abro os armarios da alacena e non atopo carne, nin café nin agullas, ¿non é iso vivir a política?. Cando vexo pasar carromatos cheos de enfermos agónicos da viruela sen posibilidade de salvación ¿non estou vivindo a política?... Ti e o resto dos estimados congresistas fariades ben en lembrar que a vosa incapacidade en poñervos de acordo e tomar decisións concretas nos fai a todos vivir na política de xeito cotián. "Fariades moi ben en lembralo”.

Esta frase, na miña modestísima opinión, resumía entón e faino agora, o xeito no que esa parte que tanto denostamos, con razón, e que tanto desexamos ignorar, sen ela, a política, inflúe nas nosas vidas. Os políticos e o seu xeito de actuar deciden canto nos costa vivir en liberdade, que prezo debemos pagar en impostos por elo, canta tranquilidade imos desfrutar, de cantas oportunidade gozaremos nos e os nosos fillos, cal será a súa educación, se viviran ou non en paz, cal vai ser o xeito no que morreremos, si poderemos ou non gozar dunha vida plena, si teremos ou non medios para curarnos ó caer enfermos, cal vai ser a calidade da nosa comida, da nosa auga...

Todos vivimos na política. Dentro dela. So os necios e os ignorantes poden negar tal certeza. A cuestión é, de que xeito a manipulamos para evitar que nos apalaste?

  • José Luis Louzán.

Comentarios