Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Saúde, obrigatoria por lei?

Saúde, obrigatoria por lei?

Máis dun ano escoitando que hai que cumprir as normas sanitarias, tramitando denuncias por incumprimentos, veciños axexando dende os balcóns para ver quen saía moito co can... e demais situacións, cada quen terá cadansúa.

Obviemos tamén os incumprimentos dos propios responsábeis sanitarios incumprindo as súas propias medidas.

Porque chega o verán. E é ano xacobeo. E hai que facturar.

E poida que non moitos de nós saibamos que o 26 de febreiro de 2021 saíu no DOGA a nova Lei Galega de Saúde.

Deixemos de momento afastada a cuestión da constitucionalidade da mesma, xa que o goberno do estado dixo que ía recorrer ao Tribunal Constitucional por mor da obrigatoriedade de vacinarse, ou que o propio TC xa aceptou unha proposta de promovida por VOX (desta sexta feira 02/07/21) que cuestiona o punto quinto (que modifica o artigo 38 da Lei 8/2008) que recomendo ler, xa que non hai moito por onde collelo: “as autoridades sanitarias autonómicas poderán incautar produtos, intervir bens...”. Lectura recomendada.

Imos ó lío. Punto tres, artigo 15. “(…)Con esta finalidade, e por disposición directa desta lei, queda prohibido o consumo en grupo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas públicas e noutros lugares de tránsito”.

E como dixen antes, chega o verán, e con el as festas variadas. E venme a cabeza A Barca de Muxía, ou calquera outra onde a xente vai coas cervexas/viño ou o que for saudando á xente, e bebendo pola rúa. A da Auga de Vilagarcía, os Caneiros de Betanzos... e imos ver canto nos preocupa o cumprimento das normas sanitarias. Cantas van prohibir, canta xente quedará na casa para denunciar ós veciños, canta autoridade irá sancionando á xente que vaia con alcohol e outra persoa por calquera espazo público.

Ou se non, xa directamente, non a cumpriremos ningún. E será que non todo era tan importante, ou que a importancia é relativa ós nosos intereses persoais?

  • José María Carretero, licenciado en ADE pola University Collegue of Dublin, Técnico Superior en prevención de riscos laborais, Mestrado en Asesoría Laboral, Conselleiro de Seguridade no Transporte de Mercadorías Perigosas, Mestrado en Profesorado e Ex CEO dunha multinacional do Transporte de Mercadorías por Estrada. Lé o DOGA para QPC.

Outros artigos de José María Carretero

Comentarios