Martes. 15.10.2024
El tiempo
Luís Lamela
12:20
07/06/19

Ferroatlántica e o fondo americano TPG

Ferroatlántica e o fondo americano TPG
Ferroatlántica e o fondo americano TPG

O fondo norteamericano TPG, que quere comprar os activos de Ferroatlántica de Cee e Dumbría, é especialista en adquirir empresas que a priori non parecen rendibles -non é o caso das instalacións de Cee e Dumbría sempre que persista a súa vinculación coa enerxía eléctrica producida polo Xallas e o río Castro-, para convertelas en máquinas de xerar ingresos: Continental Airlines, Burger King, a Metro Goldwyn Mayer, Abengoa Brasil, as vivendas da Sareb, Ducati, Motorola..., son algunhas das organizacións empresariais nas que o grupo yanqui investiu e saído adiante. Pero non quere dicir que en todos os seus investimentos suceda o mesmo, porque o capital, en canto ve ou cheira negocio, non ten alma. E asegurar unha futura saída, é imposible.

A situación de posible suspensión de pagos ou concurso de acreedores é a sombra que cobre desde fai algún tempo ao grupo Villar Mir, e a única saída para evitala é a venda de determinados activos. E, Ferroatlántica, e a súa produción de enerxía eléctrica ten hoxe mellor saída grazas ao traballo dos propios sindicatos que impediron a segregación das centrais hidroeléctricas, a xoia de calquera coroa.

Por iso, insisto, a Xunta de Galicia é a que debe facer ben o seu traballo. E, cando toque, revise con detenimiento as condicións do contrato de venda, e quede de forma jurídicamente clara que as centrais hidroeléctricas seguen co mesmo status quo xurídico actual, de concesión pública vinculadas á existencia de produción e traballo.

Esa é a única esixencia, ou a máis importante, que defenderán sen dúbida os sindicatos, e tamén os responsables políticos da comarca.

  • Luís Lamela. Historiador e escritor corcubionés, un activo da recuperación da memoria histórica da Costa da Morte.

Outros artigos de Luís Lamela

 

Novas relacionadas