Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Villar Mir acaba vendendo Ferroatlántica

Fabrica de Brens-Foto-Eloy Cambeiro
Imae nocturna da fábrica de Brens-Foto-Eloy Cambeiro
Villar Mir acaba vendendo Ferroatlántica

Villar Mir vende Ferroatlántica

Acabáronse cumplindo as premonicións do Comité de Empresa. Os traballadores das fábricas de Cee e Dumbría e das centrais hidroeléctricas do Xallas érguense esta mañá coa nova de que o Grupo Ferroglobe acaba de vender os seus centros de traballo ao fondo de investimentos estadounidense TPG Sixth Street Partners, con intereses no negocio da enerxía mais sen relación co sector das ferroaliaxes.

A operación, que aínda está pendente da autorización da Comisión Nacional del Mercado y de la Competencia (CNMC) e tamén da Xunta, que ten opcióna veto, implica uns 170 millóns de euros cos que Villar Mir pode ir solventando as súas débedas á costa da estabilidade de centos de traballadores da comarca.

A sinatura da venda implica un peaxe a longo prazo, polo que Ferroatlántica será o único comprador dos produtos terminados nas fábricas, e ao tempo Ferroglobe comprométese a suministrar matrias primas clave.

Pedro Larrea, CEO de Ferroglobe, asegura que a venda permite “o desapalancamento da empresa e a mellora da liquidez”, e atrévese a dicir que “á vez que mantemos a nosa forte presenza no mercado das ferroaleaciones e o noso compromiso coa rexión de Galicia”.

Esta mañá terá reunión o Comité coa dirección das fábricas, dende onde esperan un posicionamento firme da Xunta.

Artigos relacionados

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios