A nosa lareira espiritual en Bos Aires
06:47 27/12/17
Chámame a atención a min que coñezo un pouquiño da nosa longa historia emigrante no Río da Prata que ninguén no Parlamento de Galicia presentase unha pregunta ou proposta sobre a ofensa recibida por parte do goberno arxentino que acaba de entregar a seis fondos voitre o hospital do Centro Galego de Bos Aires. Estes escuros especuladores teñen nome: Vanguard Group, Blackrock, T. Rowe Price Group, State Street Corporation, Ameriprise Financial e Aurica XXI. Podería estenderme en explicacións pero abonda con dicir que os voitres son propietarios da denunciada empresa de servizos hospitalarios “Ribera Salud” que ten o privilexio de ser a primeira en fracasar cun modelo fallido no Hospital de la Ribera en Alzira (Valencia). Esta empresa é a que levará a xestión do hospital. Semella e non quero ser mal pensado que o seu interese non están en coidar da saúde dos asociados a cambio dunha cota mensual.
É curioso que non se fale do tema. Hai só un par de anos a mafia mediática que nos desinforma poñía polas nubes ao actual presidente Macri contando o marabilloso que era aquel grande empresario que viña a unir en irmandade a todos os arxentinos. O elixido presidente era un contrabandista de pezas de automoción con máis de 200 causas xudiciais abertas na súa contra. Non hai que ser moi espelido para decatarse que ía verse comprometido o futuro do Centro Galego xa que Macri é inimigo da sanidade mutualista e tamén da pública. As débedas do hospital puideron ser condonados polo goberno como fixo con outra entidade, chamada OSDE. Outra posibilidade era a nacionalización. Ao meu entender sería o máis xusto xa que o esforzo emigrante fíxose para deixar unha herdanza aos descendentes. Se a administración macrista optou pola privatización é porque hai por medio unha boa comisión (coima) en diñeiro negro. Os que saben din que “Ribera Salud” fai de cortina para unha acción especulativa de caráctar inmobiliario.
Quero falar do patrimonio cultural que posúe o Centro Galego xa que volvemos a escoitar voces que repiten o vello asunto do traslado de obras de arte a Galicia. Hai que ser serios e deixarse de trapalladas. A última gran desfeita foi o traslado dos restos de Castelao. Somos uns fracasados que non puidemos facer realidade un Espazo Emigrante (Museo da Emigración Galega) e agora imos “espir un santo” na esquina porteña de Belgrano e Pasco para espallar devocións por Galicia adiante. Que estou dicindo? Antes de dar a miña opinión é preciso que os interesados na defensa do patrimonio no exterior se acheguen as moi ben documentadas 506 páxinas do doutor Padorno Caldeiro (o pai era do Corgo e a nai de Castroverde) no seu libro “Historia del Centro Gallego de Buenos Aires”. Despois de ler o capítulo “Pinacoteca del Centro Gallego” saberán que o óleo “O cego” de Castelao mide 142 x 102 e que o debuxo a lapis “A familia do cego” mide 77 x 73. Se botan en falta “A derradeira leición do mestre” saiban que está no Centro Galicia.
Se queremos manter a “Pinacoteca” acesa para quecer os sentimentos de identidade dos nosos descendentes temos que convertir o actual “Intituto Argentino de Cultura Gallega” nunha fundación. Trátase de separar a sección cultural da sección médico-asistencial-hospitalaria. Coido pode ser o momento. A miña proposta é que a Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais destinen unha partida presupostaria anual para a conservación dos fondos artísticos e documentais que son propiedade do Centro Galego de Bos Aires. A fundación é moi doada de constituirse sobre a base do seu actual patrimonio que debe de incluír tamén ao Panteón Social no cemiterio da Chacarita. As obras de arte non poden ser trasladadas. A fundación terá que comprometerse na organización de visitas guiadas para os visitantes que desexen coñecer as obras de algúns dos nosos máis importantes creadores plásticos. Non creo que sexa boa cousa levar un cadro de Colmeiro a Silleda, un de Laxeiro a Lalín, un de Maside a Pontecesures e a “Procesión da Virxe da Franqueira” de Sotomayor a Ferrol.
As obras de arte de autor galego que están en Bos Aires son nosas. A escultura de Asorey que está na Casa de Galicia, en Montevideo, tamén é nosa. Non deixan de ser galegas polo seu afastamento de Santiago de Compostela. Non perden a súa denominación de orixe e non caduca o seu principio activo de incentivación do sentimento identitario. Somos afortunados. Temos milleiros de descendentes que non esquecen onde están as súas raíces. Poida que teñamos moito que varrer antes de ter limpo un espazo solidario no que a diáspora poida premer nunha pantalla táctil para buscar a aldea dos avós. Os galegos estamos inhabilitados para falar do traslado de patrimonio a Galicia. Perdemos a nosa autoridade moral ao calar diante dos voitres financeiros internacionais que peteiran na sáude dos emigrantes. Eu sei que a nosa lareira espiritual na beira do Prata non esmorecerá xa que sempre haberá quen lea a Rosalía de Castro e quen se emocione oíndo a campá da igrexa parroquial. Aínda estamos en débeda cos emigrantes. Un xeito de ir amortizando é o establecemento dunha sólida aliaxe que permita manter en óptimas condicións a moi rica e variada pegada cultural galega no exterior.
- Manuel Suárez Suárez.
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- As cartas do Avó Pascasio: O afundimento na inmoralidade.
- Na beira montevideana do Río da Prata.
- As cartas do Avó Pascasio: A garrafa que custaba vinte pesos.
- Viva o moi honorable Centro Galego de Bos Aires!.
- As cartas do avó Pascasio: Ao servizo da Macri Famiglia.
- As cartas do avó Pascasio: Anda que che cure Lemus!.
- As cartas do Avó Pascasio: O territorio ancestral dos mapuches.
- Tabaré e Lucía;
- As cartas do Avó Pascasio: Un secuestrador de apelido Macri.
- As Cartas do Avó Pascasio: O moi indigno goberno macrista.
- As cartas do avó Pascasio: As píldoras macristas son antidemocráticas.
- As cartas do Avó Pascasio: A crueldade do goberno neoliberal macrista.
- O veleno macrista no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Que me estás contando?.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos fortes para o gobernador de San Luís!.
- As cartas do avó Pascasio: Macri defraudou á cidadanía arxentina.
- As cartas do avó Pascasio; Unha para todos no medio da cancha.
- As cartas do avó Pascasio: En San Martín de Ándelos.
- As Cartas do Avó Pascasio: Aplausos para o gobernador gayego de San Luís!.
- As Cartas do Avó Pascasio: Sempre fixen o que debín
- O regreso da Illa do Tesouro.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha afronta que debe ser denunciada.
- As cartas do Avó Pascasio: Os sangüichitos da malcritud.
- Desde o 2 de maio de 1907 en Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: The Oxford Union.
- As cartas do Avó Pascasio: A soia é un Poroto.
- As Cartas do Avó Pascasio: O hospital dos emigrantes galegos en Bos Aires.
- Imos a Montevideo!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha proposta para o ministro arxentino de Saúde.
- As cartas do Avó Pascasio: Dúas ducias de ñoquis macristas.
- As cartas do Avó Pascasio: Quero falarche do Centro Galego de Bos Aires.
- Imos a Montevideo!.
- O glorioso Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: Un mercenario no Banco da Nación Arxentina.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha camioneta para o alegre “sojerito” exportador.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha carta para Giulianno Sorettini.
- As Cartas do avó Pascasio: Os aires acondicionados.
- As cartas do avó Pascasio: Alalá de Morazón.
- O ingreso do Tato da Valiña na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Unha bolsiña con castañas de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: Aqueles que votaron en contra propia.
- As Cartas do Avó Pascasio: Unha esmola de don Mauricio.
- As cartas do avó Pascasio: Don Hipólito, cen anos despois.
- O noso benquerido Centro Galego de Bos Aires.
- As Cartas do Avó Pascasio: O indigno réxime macricida.
- Agrandouse o Uruguay!.
- As cartas do Avó Pascasio: Clínica Sanitaria do Globo Amarelo.
- As cartas do Avó Pascasio: O que non podes facer na Arxentina.
- As cartas do avó Pascasio: Un angustioso caso de cornudismo macricida.
- Gol de Peñarol!.
- As cartas do Avó Pascasio: O gran traidor na catedral de Etchemiadzin.
- O milagre de Tandil.
- As cartas do Avó Pascasio: A concha da Shell.
- As Cartas do Avó Pascasio: Sen asado na grella e sen pan no forno.
- As cartas do Avó Pascasio: O complexo de dona Florinda.
- As Cartas do Avó Pascasio: Unha alegre grasita coloreada.
- As Cartas do Avó Pascasio: O saqueo do réxime macricida.
- As Cartas do Avó Pascasio: A aporofobia do réxime macricida.
- Un moi lixeiro mecánico dental.
- As cartas do Avó Pascasio: Hai algo que non pecha.
- As Cartas do Avó Pascasio: O regreso de Alberto Manguel.
- A familia Batán do Mosquetín.
- A Banda Oriental é un bastión de benestar.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha cancha moi enlamada.
- As cartas do Avó Pascasio: Un bo vaso de viño tinto.
- As cartas do avó Pascasio: Unha changuita para Inés.
- As cartas do Avó Pascasio: A dieta macricida prohibe o asado.
- As cartas do avó Pascasio: O macriquilombo instálase na República Arxentina.
- Isabel, a noiva “gayega” de Carlos Gardel.
- Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- As cartas do avó Pascasio: A nacionalización do Centro Galego de Bos Aires.
- Sr. Jorge Daniel Lemus: Ministro de Saúde da nación Arxentina e fillo duns emigrantes de Cereixo.
- A dieta macricida do globo amarelo.
- A marcha atrás tamén é un cambio.
- As cartas do Avó Pascasio: Una quintita en Avellaneda.
- Non somos pedras.
- As Cartas do Avó Pascasio: Un erro pódese convertir nun horror.
- Eu tamén son fisterrán!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha petición para o presidente Scioli.
- As cartas do Avó Pascasio: Non coman a curva!.
- As cartas do Avó Pascasio: Imos con Daniel da Villa Crespo.
- As Cartas do Avó Pascasio: Non foi maxia pero foi máxico.
- As cartas do avó Pascasio: “Milonga de aquí”.
- Unha linda primavera aurinegra!.
- Un golazo de Cristina!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha ovella negra no poder.
- A auga é vida.
- A moi garimosa República Arxentina.
- As cartas do avó Pascasio: Homenaxe a Amelita Baltar.
- As cartas do Avó Pascasio: O valor dunha neta de Cuntis.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha balea azul na Avenida Sarmiento.
- As cartas do Avó Pascasio: O repouso do “Centrojás”.
- As cartas do Avó Pascasio: A almendra no aquelarre.
- As cartas do Avó Pascasio: “Volverei e serei millóns.
- Gol de Galeano!.
- As cartas do Avó Pascasio: O tren que move aos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un país de novela.
- O segundo mandato do “gayego” Vázquez.
- As cartas do Avó Pascasio: No corazón dos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Non me toquen a Cristina!.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos herdeiros son arxentinos.
- JE SUIS Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O Centro Galego da Habana.
- Dona Diáspora na Habana.
- As cartas do avó Pascasio: Os avós que laburamos de albañiles.
- Don Tabaré, presidente electo dos uruguaio.
- O médico de La Teja.
- No paraíso dos paraísos.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Un “hornero” chamado Tabaré.
- Carlos Penelas en Compostela.
- Dona Calandria Fernández e don Voitre Singer.
- A desaparición do Centro Galego de Bos Aires.
- Dona Diáspora viaxa ata San Isidro de Curuguatí.
- Un adeus garimoso para un amigo da Costa da Morte.
- Dona Diáspora nas beiras do Chamangá.
- Dona Diáspora na cidade uruguaia de Melo.
- San Gardel de Tacuarembó.
- Dona Diáspora na rambla de Piriápolis.
- Un fogón artiguista en Madrid.
- As Cartas do Avó Pascasio: Os neopiratas á abordaxe de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura:
- As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben.
- O poema e a canción.
- As cartas do Avó Pascasio: A boa saúde do cine arxentino.
- O retorno de Lucía.
- As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Os números cantan.
- As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.
- Hai que aprender do goberno arxentino!.
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).