Luns. 06.04.2020
El tiempo
Manuel Suárez Suárez
02:59
13/11/17

As cartas do Avó Pascasio: A garrafa que custaba vinte pesos

As cartas do Avó Pascasio: A garrafa que custaba vinte pesos
Moi querida neta Cristina: Cóntoche que manteño a miña forza espiritual malia os golpes recibidos por parte dun goberno que destrúe a convivencia cidadá. O meu ánimo nútrese do convencimiento de que "non hai Malcri que dure cen anos" ou quizais sexan as castañas que me estou morfando. Espero que sexa en novembro cando visites a aldea fonsagradina na que nacín. Sendo así, os teus curmáns de Mazaeda poderanche recibir cun magosto (castañas asadas) que che unirá para sempre ao sabroso paraíso galego. Penso que deica pouco o presidente Macri deixará de facer caixa. Logo de encher o camión borrarase para evitar un xuízo que o meta en cana e haberá miles de votantes que se darán de baixa do Partido Cornudista ao recoñecer que foron enganados. Os meus anos alá abaixo dinme que non é posible o retorno á senda da sensatez democrática sen aqueles cidadáns que cambiaron un emprego digno por unha cola de tres cadras en Lanús para optar a un posto de traballo. É necesario que saian da escuridade todos aqueles que aceptaron como algo normal que a garrafa de gas de dez quilos pase de 20 pesos no 2015 a 217 pesos no 2017. Son estes decepcionados os que sumarán a súa vontade de progreso solidario ao deixar de pichicatearse con "Clarination". Ao volver á sa dieta do asadito domingueiro sentirán que respiran mellor. O seu sorriso mostraranos a súa satisfacción ao lograr a desintoxicación. Agora poden facer números. Daranse conta de que os estafaron xa que non hai xustificación para a enorme subida de prezo dunha garrafa de gas. Ao avivarse deixarán de botarlle a culpa ao goberno anterior. Tampouco teñen responsabilidade no aumento Milagre Sala ou Santiago Maldonado. A curación chega coa autocrítica. Haberá que facerlle caso a Arturo Jauretche: "cando o peón e o patrón votan ao mesmo candidato, o que perde é o peón". Os votantes que estaban no túnel macrista eran monocolores. Ao saír á superficie ofréceselles un panorama de cor que necesita duns ollos abertos que se deben encher de sentido común. Non tes que carburar moito para detectar que saídes perdendo cando o goberno converte a enerxía de todos nun negocio particular. Enseguida atas a piola para concluír que si o xacemento de "Vaca Morta" non camiña é porque non lle reporta ningún beneficio ao equipo de goberno. Antes repetías as boludeces que difundían os mercenarios mediáticos sobre a escasa rendibilidade das empresas públicas. Agora es un firme defensor do gran beneficio de ter autonomía enerxética. Ir as dúbidas ao ter que pagar tres veces máis polo mesmo consumo. Es consciente de que elixiches a un capo mafioso para presidente da República Arxentina. É duro o recoñecelo pero non tenés máis remedio. Sorpréndeste con Jorge Rial cando di que "Macri destruíu a Arxentina que moitísimo esforzo construíu Néstor e Cristina". Os avós emigrantes confiamos en ter, en aproximadamente un ano, un millón de ex pichicateros yellow completamente rehabilitados. Estes cidadáns serán os que envorquen as urnas para o progreso en liberdade. Non volverán crer en candidatos engrupidores. Non se deixarán arrastrar para votar en contra do veciño do barrio que se rompe o lombo laburando. Non apoiarán máis aos lavadores de cerebros ao descubrir o chamuye de que ver o fútbol, gratis, é negativo para o país. Hai que ser moi nabo para tragarse que o mellor é ver os partidos no bar pero desde a vereda! Acabáronse os pelotudos que se plegaban aos dexenerados mediáticos que afirman o marabilloso de que veña carne de chancho do exterior. Acabáronse os criticadores de que os produtos nacionais son caros. A túa vontade derrotou á drogadición macrista. Axudouche moito a boa calidade dos anticorpos de patriotismo que llevás no sangue. Despídome. Teño que achegarme ao "Cine Celestial" para ver a grabación da obra teatral Elisa e Marcela. Trátase dunha coproducción entre o Centro Dramático Galego e a compañía A panadaría que está tendo gran repercusión. Interésanos moito xa que as dúas protagonistas terminaron os seus días en Bos Aires. Eran dúas mestras coruñesas [Elisa Sánchez Loriga-Marcela Graza Ibias] que se casaron na súa cidade natal o 8 de xuño de 1901. Fai uns cantos anos que lemos sobre elas no libro Primos e estranxeiros. Emigrantes españois en Bos Aires, 1850-1930, da autoría do profesor José C. Moya. Recibe o agarimo do avó emigrante que non esquece o acogedor fogón solidario que o acubillou na beira rioplatense. Pascasio Fernández Gómez  
  • Manuel Suárez Suárez.
 

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

comentarios