Luns. 06.04.2020
El tiempo
Manuel Suárez Suárez
04:47
17/07/17

As cartas do avó Pascasio: Aplausos fortes para o gobernador de San Luís!

As cartas do avó Pascasio: Aplausos fortes para o gobernador de San Luís!
Moi querida neta Cristina: Cóntoche que os avós vivimos unha xornada de gran alegría ao poder ver en directo a gran festa de inauguración do Parque da Pedrera na provincia de San Luís. Parécenos determinante ao hora de votar o elixir entre unha política de ficción como a que predica a indecente Vidalita ou a realidade das obras do gayego Alberto. Por unha banda tes a rostro de pedra que sen ruborizarse diche que "esta vez, en serio, as obras son de verdade" ou que "o cambio empezou e esta vez empezou de verdade" ou o colmo da desfachatez: "Confiade, que esta vez vai en serio". Alá na provincia de San Luís, a uns 800 km de Bos Aires, tes un goberno honrado que inviste con criterio nunha obra de futuro no que onte era un basural. Supoñemos que o "Clarinete" non se decatou do evento. Andan entretidos cunha entrevista á bicicletera que sen ter ningunha ciclovía terminada vaise a levar o lindo sueldito de 71.147 pesos mensuales. Os avós puidémonos informar de primeira man ao contar co cordial aporte do compañeiro Luís Bernardo Lusquiños que como sabes estivo desde 1983 á beira dos irmáns Rodríguez Saá, primeiro con Adolfo e despois con Alberto, sendo tamén o primeiro rector da Universidade da Punta. Aínda que Luís Bernardo naceu na Paternal o consideran un puntano máis ao estar ligado ata o seu falecemento ao progreso de San Luís. Acompañou a Alberto na súa visita ao Papa Francisco para falar do tema dos refuxiados e coñece todos os pormenores da xestión administrativa provincial. Díxonos que alí non hai déficit. Un pouco antes do comezo da trasmisión televisiva mostrounos os planos das obras realizadas pola empresa Rovella Carranza para o Megaproyecto Parque da Pedrera de Vila Mercés-Provincia de San Luís. Puxémonos diante da pantalla para gozar dun fermoso espectáculo desde o "Estadio Único de Vila Mercés". A festa comezou coa interpretación do famoso tema Cale Angosta polo grupo local 100 Guitarras Mercedinas. A canción, unha cueca cuyana creada polos irmáns Alfredo e José Zavala, foi coreada polos miles de asistentes que encheron un estadio con capacidade para 28.000 persoas sentadas. Despois actuou o grupo Escalandrum que fusiona jazz, tango e folklore e que ten na batería ao neto do gran Astor Piazzolla, Daniel. O broche de ouro musical púxoo a actriz Elena Roger ao cantar o himno nacional. Tamén houbo fútbol, un encontro entre amigos de Martín Palermo e Fernando Cavenaghi. Parécenos de sentido común que se informe a todos os arxentinos de que o investimento de 110 millóns de dólares inclúe varias obras de importancia: hospital, escolas primaria e secundaria, escola de equinoterapia, cuartel de bombeiros, comisaría, un anfiteatro para 3.000 persoas, un circuíto de automovilismo, unha pista de atletismo e lagoas naturais para deportes náuticos. É de lamentar que a mafia mediática que protexe ao presidente Macri oculte á cidadanía unha obra que é de todos. Non nos sorprende. O esforzo desinformativo segue tendo a miles de cidadáns enganchados a boludeces para facelos esquecer o asadito dos domingos. É posible ser tan pouca cousa que te alegras coa caída en desgraza de amigos e veciños? Despídome. Teño que irme correndo. Non quero perderme nada do que diga o alcalde de Santiago de Compostela en trasmisión especial desde o Pazo de Raxoi. Informaranos sobre as festas do Apóstolo 2017 que encherán rúas e prazas de concertos, actividades teatrais e proxeccións multimedia. Acá arriba tamén participamos ao poñer á nosa morriña a recordar que antes de embarcar fomos felices no noso fermoso paraíso atlántico. Recibe o agarimo do avó fonsagradino que aplaude á neta que loitou para mellorar a vida dos cidadáns da miña querida segunda patria. – PASCASIO FERNÁNDEZ GÓMEZ.  
  • Manuel Suárez Suárez.

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

comentarios