As Cartas do Avó Pascasio: O hospital dos emigrantes galegos en Bos Aires
14:19 11/04/17
Moi querida neta Cristina:
Teño que insistir sobre os tristes acontecementos no noso querido hospital do Centro Galego de Bos Aires. Fáloche do "hospital" porque é onde poden facer negocio os macristas afanancios que gobernan a miña amada segunda patria. É certo que están aí porque os votaron pero non me cabe na cabeza que haxa tantos racistas dentro da clase merda arxentina. Explícome. Pódeche non gustar o doce de leite ou as mazás dos fermosos vales de Río Negro ou o rico cheiro do asado de tira na parrilla pero o que non podes facer é sacarlle da boca a outros unha mazá. Estou moi decepcionado ao ver noticias que me desbastan malia que levo bastante tempo en estado espiritual. Non recoñezo ao grupo de cidadáns que desprezan aos seus veciños ao velos comendo un choripán pola vereda.
Acá arriba estivémoslle dando voltas ao ataque macrista no Centro Galego. Considerámonos afectados directos pola mala cabeza de moitos dos nosos descendientes. Votaron ao verdugo. Votaron para perder a súa asistencia médica mutualista. Votaron a un "presidente vago e ladrón" que encheu o Centro Galego de ñoquis e de matóns maleducados. Que foi o que pasou? Créronse uns vivos bárbaros e lle erraron feo ao repetir babosadas en contra de cidadáns que elevaran o seu nivel de vida. É unha vella táctica de captación de votos a de distraer a atención do importante. Os nosos descendientes non se protexeron do veneno inoculado polos delincuentes do grupo mediático "Clarín Nacional". Contaxiáronse e entregáronlle, gratis, a suor dos avós a un clan porteño-calabrés que vive da estafa desde os tempos de Antonio Macrì (escríbese así o apelido que é bastante común na Regione Calabria).
As consecuencias de votar contra outros, están ben á vista no Centro Galego. Os propios galegos optaron por quedar sen mutualista ao elixir a don Mauricio que segue ao pé da letra o "Manual do Neoliberal Trucho". Lévalla toda o 1% da poboación e a vos, alegregilboludo, déixache as débedas. Cóntoche, Cristina, que o interventor Moyano foi a buscar a un experto en baleirar de hospitais públicos a España. Bueno, aclaro, é peor a cousa xa que o gran especialista esnaquizou o Centro Galego nos tempos da crise do 2002-2003. Foi o que dilapidou as grandes axudas que enviou a Xunta de Galicia para unha situación de urxencia. É Burgueño de Mora de Toledo o indicado para resolver o actual problema? Os avós, coñecedores tamén da súa negativa xestión en Madrid, cremos que é a peor persoa posible para darlle vea neste enterro. Entendemos que precisamente por ser o peor, é polo que foi contratado (ao estar xubilado é evidente que cobrará en negro) por Moyano.
Descoñécese si é unha empresa local ou unha española ou unha sociedade mixta a que segundo o interventor Moyano faríase cargo dos servizos médicos mediante unha concesión. O interventor caracterízase por non informar ou contar a medias. É o encargado do traballo sucio. Ten que mentir porque a cumpre ordes. É escandaloso que meta a varios de ñoquis e a uns cantos matones baratos que se moven na zona de atención social. Non podes protestar nin queixarche: fas cola coa boca calada. Está todo ben como no resto do país. O obxectivo do indecente macrismo é liquidar o hospital dos emigrantes galegos para que en nova vida sexa unha clínica privada manexada por unha empresa coimera de lerchas. Hai que lamentar que desde dentro recibiu o apoio duns poucos traidores que esperan ser ben retribuidos. Coméntase que una tal Miguelita anda desesperada por aparecer como coordinadora, directora ou o que sexa no Hospital Afanado aos socios do Centro Galego.
Despídome. Teño que achegarme ao Cine Celestial para non perderme a trasmisión en directo da representación de "A pel de Elisa" no Espazo Calello do barrio de Almagro. A dramaturga canadiense Carole Fréchette métenos na pel dunha rapariga (Dana Basso) que sofre unha enfermidade que a paraliza. Un raparigo (Lisandro Penelas) recéitalle un tratamento especial que lle axuda a superar o seu mal. Si tes uns minutos recoméndoche leas a nota titulada "Quédanos a palabra" publicada en "Galicia Digital" e en "Xornal de Betanzos" polo corresponsal porteño Xoaquín Montes. Recibe o agarimo do vello emigrante da inesquecible parroquia fonsagradina de San Pedro de Neiro.
- PASCASIO FERNÁNDEZ GÓMEZ
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.com).
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- Imos a Montevideo!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha proposta para o ministro arxentino de Saúde.
- As cartas do Avó Pascasio: Dúas ducias de ñoquis macristas.
- As cartas do Avó Pascasio: Quero falarche do Centro Galego de Bos Aires.
- Imos a Montevideo!.
- O glorioso Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: Un mercenario no Banco da Nación Arxentina.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha camioneta para o alegre “sojerito” exportador.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha carta para Giulianno Sorettini.
- As Cartas do avó Pascasio: Os aires acondicionados.
- As cartas do avó Pascasio: Alalá de Morazón.
- O ingreso do Tato da Valiña na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Unha bolsiña con castañas de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: Aqueles que votaron en contra propia.
- As Cartas do Avó Pascasio: Unha esmola de don Mauricio.
- As cartas do avó Pascasio: Don Hipólito, cen anos despois.
- O noso benquerido Centro Galego de Bos Aires.
- As Cartas do Avó Pascasio: O indigno réxime macricida.
- Agrandouse o Uruguay!.
- As cartas do Avó Pascasio: Clínica Sanitaria do Globo Amarelo.
- As cartas do Avó Pascasio: O que non podes facer na Arxentina.
- As cartas do avó Pascasio: Un angustioso caso de cornudismo macricida.
- Gol de Peñarol!.
- As cartas do Avó Pascasio: O gran traidor na catedral de Etchemiadzin.
- O milagre de Tandil.
- As cartas do Avó Pascasio: A concha da Shell.
- As Cartas do Avó Pascasio: Sen asado na grella e sen pan no forno.
- As cartas do Avó Pascasio: O complexo de dona Florinda.
- As Cartas do Avó Pascasio: Unha alegre grasita coloreada.
- As Cartas do Avó Pascasio: O saqueo do réxime macricida.
- As Cartas do Avó Pascasio: A aporofobia do réxime macricida.
- Un moi lixeiro mecánico dental.
- As cartas do Avó Pascasio: Hai algo que non pecha.
- As Cartas do Avó Pascasio: O regreso de Alberto Manguel.
- A familia Batán do Mosquetín.
- A Banda Oriental é un bastión de benestar.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha cancha moi enlamada.
- As cartas do Avó Pascasio: Un bo vaso de viño tinto.
- As cartas do avó Pascasio: Unha changuita para Inés.
- As cartas do Avó Pascasio: A dieta macricida prohibe o asado.
- As cartas do avó Pascasio: O macriquilombo instálase na República Arxentina.
- Isabel, a noiva “gayega” de Carlos Gardel.
- Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- As cartas do avó Pascasio: A nacionalización do Centro Galego de Bos Aires.
- Sr. Jorge Daniel Lemus: Ministro de Saúde da nación Arxentina e fillo duns emigrantes de Cereixo.
- A dieta macricida do globo amarelo.
- A marcha atrás tamén é un cambio.
- As cartas do Avó Pascasio: Una quintita en Avellaneda.
- Non somos pedras.
- As Cartas do Avó Pascasio: Un erro pódese convertir nun horror.
- Eu tamén son fisterrán!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha petición para o presidente Scioli.
- As cartas do Avó Pascasio: Non coman a curva!.
- As cartas do Avó Pascasio: Imos con Daniel da Villa Crespo.
- As Cartas do Avó Pascasio: Non foi maxia pero foi máxico.
- As cartas do avó Pascasio: “Milonga de aquí”.
- Unha linda primavera aurinegra!.
- Un golazo de Cristina!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha ovella negra no poder.
- A auga é vida.
- A moi garimosa República Arxentina.
- As cartas do avó Pascasio: Homenaxe a Amelita Baltar.
- As cartas do Avó Pascasio: O valor dunha neta de Cuntis.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha balea azul na Avenida Sarmiento.
- As cartas do Avó Pascasio: O repouso do “Centrojás”.
- As cartas do Avó Pascasio: A almendra no aquelarre.
- As cartas do Avó Pascasio: “Volverei e serei millóns.
- Gol de Galeano!.
- As cartas do Avó Pascasio: O tren que move aos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un país de novela.
- O segundo mandato do “gayego” Vázquez.
- As cartas do Avó Pascasio: No corazón dos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Non me toquen a Cristina!.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos herdeiros son arxentinos.
- JE SUIS Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O Centro Galego da Habana.
- Dona Diáspora na Habana.
- As cartas do avó Pascasio: Os avós que laburamos de albañiles.
- Don Tabaré, presidente electo dos uruguaio.
- O médico de La Teja.
- No paraíso dos paraísos.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Un “hornero” chamado Tabaré.
- Carlos Penelas en Compostela.
- Dona Calandria Fernández e don Voitre Singer.
- A desaparición do Centro Galego de Bos Aires.
- Dona Diáspora viaxa ata San Isidro de Curuguatí.
- Un adeus garimoso para un amigo da Costa da Morte.
- Dona Diáspora nas beiras do Chamangá.
- Dona Diáspora na cidade uruguaia de Melo.
- San Gardel de Tacuarembó.
- Dona Diáspora na rambla de Piriápolis.
- Un fogón artiguista en Madrid.
- As Cartas do Avó Pascasio: Os neopiratas á abordaxe de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura:
- As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben.
- O poema e a canción.
- As cartas do Avó Pascasio: A boa saúde do cine arxentino.
- O retorno de Lucía.
- As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Os números cantan.
- As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.
- Hai que aprender do goberno arxentino!.
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).