Sábado. 02.11.2024
El tiempo

As cartas do Avó Pascasio: Un secuestrador de apelido Macri

As cartas do Avó Pascasio: Un secuestrador de apelido Macri
Moi querida neta Cristina: Teño que comentarche que ando co estómago revolto por culpa das doses diarias de desgrazas que nos chegan desde a miña querida segunda patria. Menos mal que acá arriba conto con atención médica especializada nas nostalxias dos emigrantes galegos. Aténdeme o doutor Pérez Prado que ademais de fillo de lucenses é sobre todo un experto coñecedor das virtudes e defectos da deteriorada clase media arxentina. O bo de Antonio alíviame os meus excesos de puteadas antimacristas cun preciso toque de humor orixinario da parroquia de Santo Estevo de Parga. A cancha quédame moza ao ver que o voto duns descerebrados puxeron de presidente a un contrabandista que agora se dedica ao secuestro de cidadáns. É unha realidade que o presidente Macri perdeu a pouqiña dignidade que tiña ao actuar fóra da lei para beneficiar a especuladores estranxeiros que usurpan terras propiedade das comunidades orixinarias. O que máis me doe como vello emigrante é ver o pelotudismo -que espero sexa pasaxeiro- dos que apoiaron a Macri. Refírome aos infelices que non forman parte do reducido sector que se está levando a guita a paladas. Non se entende que aplaudan a un presidente secuestrador. Non son tan giles como para esperar ser contratados polos terratenientes patagónicos. Onde están os carteis preguntando por Santiago Maldonado? Estanse asfixiando no medio dunha nauseabunda corrupción que os deixou na lona pero a caída do consumo é culpa do artesano Santiago Maldonado que anda cos mapuches. Estanse quedando sen os dólares que puideron aforrar cando estabas vos pero a falta de emprego é culpa dos que protestan porque non queren deixarlle as súas terras para o alegre sojero que non paga impostos. No Centro Galego de Bos Aires gástase máis nos "ñoquis" que meteu Moyano que no persoal propio da entidade pero a culpa é de Carlos A Blunda que non despediu aos 500 empregados de maior antigüidade. Aínda moitos macristas seguen coa venda nos ollos. Son fieis cumpridores do credo macricida que lles rompeu o orto a cambio de gozar co aumento diario da fortuna mal habida de don Mauricio. Hai que ser moi otario para non ver que detrás do secuestro de Santiago Maldonado está o neoliberalismo que afunde o país na miseria. Exprésao con claridade Mempo Giardinelli no seu artigo "Cuestións coa terra que nos pariu": Ademais da perversidad do goberno e os medios dominantes que amenten e encobren, a desaparición forzada de Santiago Maldonado puxo en evidencia unha cuestión que parecía durmida: os enormes negociados coas terras, como cando naceu esta república. O neolatifundismo na Arxentina (hai polo menos unha ducia de unidades de máis de 400 mil hectáreas, a maioría en mans de persoas/corporacións estranxeiras) mostra agora na Patagonia o rostro máis cruel do colonialismo. O equipo de goberno esquécese de que o poder é efémero. O presidente parece descoñecer que perderá a inmunidad ao deixar de ter votos. É case seguro que a súa actividade delituosa non quedará impune. Será xulgado e condenado. Os coimeros do poder xudicial estarán retirados. A mafia mediática do "Clarinete" apuntarase aos novos aires de rexeneración democrática ao sentir soprar un pampero ético que varre aos activos estafadores da seita macricida. O presidente enfrontarase a sucesivas demandas por traizón á patria ao ser responsable do desmonte e tallado de bosques autóctonos para beneficio de empresarios amigos. Terá que responder polas inundacións provocadas polo exceso de hectáreas destinadas a soia. Deberá de devolver a guita roubada para indemnizar aos damnificados polo seu coimera decisión de exonerar de impostos ás empresas contaminadores do aire que respiramos e do auga que bebemos. Despídome. Voume á sala de audio para escoitar á neta Graciela Pereira. Acabamos de recibir unha grabación remasterizada do seu disco Bos Amores onde inclúe uns fermosos recitados de temas rosalianos na voz da nosa compañeira Maruxa Villanueva. Na entrada da sala puxemos unha foto grande de Santiago Maldonado. Recibe o agarimo do avó fonsagradino que a pesar do paso do tempo mantén inalterable o seu máximo agradecimiento á sempre nobre República Arxentina. Pascasio Fernández Gómez  
  • Manuel Suárez Suárez.
 

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Fonte

Comentarios