Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O mes de maio en Bos Aires

Libro de Cristina Kirchner-Foto-Juano Tesone-Clarin
O libro de de Cristina Kirchner Sinceramente está sendo un éxito editorial-Foto-Juano Tesone-Clarín
O mes de maio en Bos Aires

É neste mes cando doña Macrigaita comeza a sentir que os ósos lle anuncian a proximidade dos primeiros fríos. É a podrecida humidade porteña que lle afecta sobre todo as costas na base da columna vertebral. Danlle ganas de borrarse para Córdoba para secarse un pouco en casa da súa única irmá. Non o fai porque non pode. Antes chegaba ben a fin de mes pero agora anda sempre escasa de guita. Pode ir sen prata pero non corresponde xa que non podería invitar á familia a comer un domingo en Carlos Paz. Estalle dando voltas ao tema. Hai algo que non pecha. Sendo os seus elixidos nas urnas “o mellor equipo” terán que explicarlle a razón de levar tres anos sen poder achegarse ao seu pizzería preferida, “O Cuartito”, coas súas amigas da mocidade.

Está facendo memoria do refrán que os pais galegos evocaban neste mes. Era máis ou menos así: auga en maio, pan para todo ou ano. É evidente que se refire aos labores agrícolas e á necesidade de que chova no momento apropiado para obter unha boa colleita. Sorprendíalle moito que se acordasen, con todo detalle, da súa vida na aldea galega malia que chegaron ao porto de Bos Aires con pouco máis de 20 anos. Agora enténdeo. A ela sucédelle o mesmo. Cada día que pasa ten máis claro as vivencias da infancia e adolescencia. Supón é porque despois viñeron as responsabilidades e ao final, case sen darte conta, chegaches á vellez. Menos mal que se consola mateando coa curativa herba “Abuelita” que lle está facendo aforrar uns bos mangos que antes gastaba en medicamentos.

Aínda que segue pagando a cota do Centro Galego non volveu máis pola esquina de Belgrano e Pasco. Que vote a Macri non a fai cega e xorda ás matufias do interventor Moyanito Embarrado. O que veu para arranxar resulta que botou empregados e pechou servizos de atención médica e aumentou a débeda a cifras desorbitadas. É horrible o que está pasando. Houbo dous intentos de suicidio de dúas empregadas veteranas que están desesperadas. Hai que ser moi mala xente para apoiar a un interventor que está baleirando o edificio para negocio inmobiliario a cambio dunha gran coima por parte de empresarios escuros. Din os que saben que o problema é a inflación. Doña Macrigaita contéstalles que o dólar non é o culpable de que os laburantes cobren mil pesos semanales e os ñoquis anden entre os trinta e corenta mil mensuales.

Unha amiga de doña Macrigaita chamouna para preguntarlle si lera o recente libro de Cristina titulado “Sinceramente”. Estrañoulle a pregunta porque a súa amiga está a matar con Macri e Vidal. Estiveron charlando un intre. A amiga comentou que a edición está tendo un enorme éxito e que se venderon máis de 60 mil exemplares. É unha tolemia á que Macri debe responder con outro libro. A amiga opina que estivo mal o ordenar ao servo Bonadio que interveña para embargar os beneficios da edición. Afirma que a Cristina véncella con aquilo de “ollo por ollo”. Entón o mellor é que o noso querido presidente publique, á brevedad posible, un libro cun gran globo amarelo na portada que inclúa dúas palabras: Simplemente, Mauricio. Así pode frear a Cristina. Ademais, para evitar críticas, deberá de indicar na contraportada que as ganancias irán na súa totalidade para o comedor de Margarita de Añatuya. Creo, sinceramente, que a ex presidenta está tremendo. É lóxico que suceda xa que o manexo da linguaxe en Macri é de terror.

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

Comentarios