A dez anos da Homenaxe a Cipriano Fernández, alcalde republicano de Fisterra que foi represaliado en 1936


Nestes días cúmprese unha década da celebración dos actos organizados en Fisterra pola extinta «Comisión de Homenaxe a Cipriano Fernández Brage», quen fora alcalde por Izquierda Republicana e asasinado un 5 de novembro de 1936. No proxecto universitario Nomes e Voces lembran o seu oficio de radiotelegrafista e sinalan: «Detido por falanxistas en Fisterra aparecendo morto no pozo da ponte da Castellana-Vilarraso-Aranga. Inicialmente inscrito como descoñecido e posteriormente identificado». Tamén a Área de Cultura da Deputación da Coruña recoñece o seu labor na galería de persoas represalidas «Xeración Perdida».
O finado e chorado historiador e amigo ourensán Marcos Valcárcel (1958-2010), Medalla Castelao 2009 ou Premio Otero Pedrayo 2009, que adoitaba gozar unha parte do verán coa súa familia n'O Sardiñeiro, mantiña naquela altura un blogue denominado As uvas na solaina (que por sorte aínda se pode consultar na rede), no que recollía testemuños da súa constante e sobranceira actividade cultural, así como tamén as súas colaboracións xornalísticas. Foi precisamente Marcos Valcárcel quen proferiu a conferencia inaugural das xornadas e de resultas dese acto na Homenaxe ao alcalde republicano Cipriano Fernández, escribiu un artigo na súa columna «Andoliña» na derradeira páxina do xornal Galicia Hoxe, cando aínda existía en papel. Publicouse o martes, 3 de abril do 2007, e ao día seguinte tamén apareceu en La Región de Ourense, alén de que o Marcos tamén nos enviou aos seus amigos “fisterráns”, coma nos chamaba, o texto que se reproduce ao final.
Porén, non deixa de sorprendernos que dez anos despois non se teña feito moito máis, de quitado das crónicas sempre inprescindibles de Luís Lamela García, para divulgar o legado de quen era o lexítimo e democrático alcalde fisterrán en 1936, antes de que a sublevación fascista derramase a súa vida, coma moitas outras nos anos do terror, tamén na Costa da Morte.
ANDOLIÑA martes 3 abril- MEMORIA HISTÓRICA EN FISTERRA
Marcos Valcárcel
Estiven esta fin de semana en Fisterra participando nunhas xornadas dedicadas a Cipriano Fernández, alcalde da vila fisterrá durante case toda a Segunda República e militante de Izquierda Republicana, que ten o dubidoso honor de ser o único alcalde da Costa da Morte “paseado” naquela hora. Quizais non só por motivos políticos, senón tamén por vinganza persoal: de todo houbo naquel estoupido da barbarie. Falei alí do xigantesco esplendor cultural da Galicia de 1900 a 1936 en todos os campos: da literatura ás artes plásticas, da música ó teatro, do cine ó pensamento, da loita pola lingua ó labor cotián na emigración, arela consciente de construír un país.
Este encontro coa historia é útil, necesario e inevitable. En Fisterra estaban Luís Lamela, o mellor coñecedor da represión naquela comarca, e os amigos poetas Miro Villar, Alexandre Nerium e Modesto Fraga, que foi quen me convidou. Por alí andaban tamén concelleiros do PP e do BNG. Pero sorprendeu a ausencia dos edís socialistas: corría o ruxe-ruxe dunha consigna do PSOE local para boicotear o acto. Por un motivo, por certo, ben pueril: a presenza na inauguración do alcalde do PP, que goberna o concello que patrocina o propio encontro.

- Miro Villar, ceense Doutor en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, é profesor de lingua e literatura galegas, ademais de poeta, narrador, tradutor e crítico literario en diversas revistas e publicacións periódicas. Autor do blog As crebas.
Artigos de Miro Villar en QPC
- As comarcas de Bergantiños e Fisterra na guía de viaxes francesa Joanne de 1890.
- De “coreanos” a “faroleiros”. Unha cala sobre os alcumes da Costa da Morte no Portal de Ditados Tópicos Galegos.
- Unha obra teatral contra a lesbofobia no distrito de Corcubión en 1901.
- A escura lembranza do Prestige.
- A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (3ª parte).
- A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (2ª parte).
- A prensa de Corcubión ao servizo da Costa da Morte desde 1890 (1ª parte).
- Unha crítica á celebración do 12 de outubro nos versos de Antón Zapata García.
- Novos testemuños do franquismo de Eugenio López López.
- A romaxe da Barca desde a emigración bonaerense:
- A fundación en Bos Aires do xermolo da «Asociación Benéfica Cultural del Partido de Corcubión» e a unificación coa «Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía».
- Feros Corvos, 1 (Inverno de 1997). A revista do Batallón Literario da Costa da Morte.
- Tres sonetos de Antón Zapata García no Día de Galiza do ano 1947.
- A Costa da Morte en Nova Ardentía. Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial.
- Efeméride: No 80 aniversario da publicación de «Na morte de Lexandro Bóveda» de Antón Zapata García.
- Efeméride: No 64 aniversario do pasamento do poeta Antón Zapata García.
- Os artigos literarios de Baldomero Cores no diario vespertino La Noche.
- Nemancos (1953-1954), a revista dirixida por Baldomero Cores Trasmonte.
- «O pino de Corcubión» en dous poemas de Xervasio Paz Lestón.
- Paco Souto, in memoriam.
- Efémeride: No 139 aniversario do natalicio de Gonzalo López Abente.
- El Eco de Mugía (1902-1904). No 115 aniversario dunha cabeceira da prensa costeira
- “A relixión do mar”, de Xosé Iglesias Lamela.
- Efeméride: 120 anos do naufraxio do «City of Agra» e un poema de Antón Zapata García.
- “O pino de Corcubión”, un poema de López Abente.
- Nos 80 anos (1936-2016) dun decembro negro na Costa da Morte.
- O naufraxio do HMS Serpent na novela Cadeas (Premio Xerais 2013) de Xabier López.
- Emigración e antifranquismo na poesía de Xervasio Paz Lestón (23/10/1898 – 1977).
- No trinta aniversario do colectivo de poesía «Un Medio» de Cee.
- «A Virxe d’a Barca», un poema de Juan Bautista Armada Losada, Marqués de Figueroa editado en 1917.
- Coplas populares na nosa lingua no Programa de Festas de Cee, agosto de 1952.
- Adagio por outono.
- A xeira do Seminario de Estudos Galegos en 1936 a Fisterra.
- «Saúde e Terra, irmá(n)s!». Exposición conmemorativa do Centenario das Irmandades da Fala (1916 – 2016).
- A vinte anos I Encontro de Escritores e Escritoras da Costa da Morte, primeira actividade do Batallón Literario.
- O poeta maltés Stephen Cachia critica o peche temporal do Museo da Pesca de Fisterra.
- No natalicio do escritor emigrante muxián Victorino Abente Lago.
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (III).
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (II).
- A Costa da Morte: poesía e paisaxe nos textos de Manuel María (I).
- Ceés / Ceesa e outras propostas filolóxicas polémicas en Xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega.
- Os neofranquistas de Cee non queren mudar o nome do colexio público Eugenio López.
Novas relacionadas
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- De pescos a montañeses. Os verdadeiros xentilicios da Costa da Morte.
- Os versos de Miro Villar musicados en clave indie.
- Miro Villar, un contacontos de primeira.
- Miro Villar espallou os seus haikus do Finisterrae Bretón pola costa ártabra.
- Miro Villar rebélase na charca da poesía para nenos.
- As Crebas de Miro Villar premiado como o Mellor Blogue Literario pola AELG.
- Miro Villar explica por que rexeita o Faro Nerio.
- Miro Villar: Estranxeiro na súa patria.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).