Máis 200 sinaturas contra a antena de Brenlla
07:28 04/03/26
Continúa mobilizada a veciñanza de Brenlla, en Coristanco, para solicitar que se aplique o Principio de Precaución á antena de telefonía e a Liña de Alta Tensión que se ergue preto das súas casas.
Trala concentración do domingo anterior ás portas do Concello, este domingo, coincidindo coa Feira, a plataforma veciñal achegouse a Agualada, onde estivo informando á veciñanza e recollendo máis de 200 sinaturas na súa petición de que afasten os campos electromagnéticos das casas en todo Coristanco.


