Luns. 20.05.2019
El tiempo
Óscar de Souto
10:23
11/08/18

Anatomía do noso mar post-Prestige

Anatomía do noso mar post-Prestige
  Carros de sollas, palangres na rodela, fisgas e cambites, lembranzas fastuosas daquel período de fartura cando todo era libre e había de sobra para o vecindario completo. E agora que só uns poucos poden mariscar ou apañar percebes ou poñer palangres ou redes... por que hai tan pouca cousa??? Esta é a gran pregunta que todos nos facemos dende xa fai varias décadas. Mais se algo aprendín daquel suceso do Prestige foi o gran achádego desta cuestión. O verdadeiro cancro do mar é a sobrepesca. Porque os legais, con seguro e permes, son os máis furtivos de todos. Esa é a clave. Cando se afundiu ou afundiron aquel petroleiro maldito chuparon miles de millóns de euros os dos cumios arpados e de todas aquelas axudas europeas pouco chegou a estas terras estériles. Aos mariñeiros e armadores mercáronlles os seus silencios con estupendas primas por metro de eslora e por día de amarre. E todos contentos, aínda hoxe, desexando e soñando con algunha outra catástrofe. E eles son a verdadeira catástrofe do noso mar. Xusto un ano e varios meses despois do día 13 de novembro de 2002 foi cando rematei o meu choio de limpador de petróleo con ACS Dragados (deixara o meu posto anterios de maquinista de imprenta para alistarme na tramolla daquel circo) e con vacacións pagadas decidín ir por fin a pescar a miña ribeira (o esteiro do Anllóns). Xa era demasiado lapso na cidade e demasiado fuel coa hidrolimpadora polos coidos e praias de Malpica e xa tiña moita ilusión de poder perderme na noite coa miña caña e o meu cadelo na procura desa robaliza fuxitiva que tanto persigo. Puxeran unha barreira flotante de PVC na entrada do esteiro e non afectou a esta fermosa paraxe pontecesán. Poida que os peixes si tivesen algo de chapapote nos seus estómagos pero tiñan que ter moi pouco porque comemos centos delas e non pasou nada. O tema que quería eu aclarar é que o primeiro día que fun a pescar (de noite) cando lancei o plomo o ruído do propio aparello ó caer na auga somera do canal produciu un remosqueo colectivo dos centos de bancos de peixe que ateigaban por completo aquela estreita lagoa salgada de un metro e pico de fondo. E pesquei, vaia se pesquei. Seguín seis meses collendo catro e cinco kilogramos de lupus labrax tódalas noites daquel 2013-2014. Tamén fixeramos grandes pescatas na praia de Laxe, en Razo, Aviño, Riás e en Santa Mariña de Razo. Lenguados, doradas, escachos e un pouco de todo. O Prestige trouxo un ano enteiro sen poder poñer redes nin aparellos no mar e o noso Atlántico é fertil e xeneroso por iso seguimos notando ata fai pouco os efectos positivos daquel fantástico ano sen redes exterminando todo. Sen guía nin cupo nin factura nin talla nin distancia nin normas os saqueadores só pensan na cifra xuntiña na súa conta de aforros que alguén gastará cando a vida lle amose a tarxeta vermella. É totalmente imposible controlar a eses piratas saqueadores do mar porque faenan en todos os mares con bandeiras de todos os colores e aquí, en Galicia, precisarían un axente uniformado en cada lancha. O que está claro é que unha patrullera para toda a costa norte é sinónimo de manga larga e que cada un faga o que poda e o que queira. E así son as cousas e así vo-las conto hoxe.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

comentarios