O polbo costamorteño
02:31 05/03/18
O polbo nunha lonxa da Costa da Morte
Os incidentes acontecidos en augas do Sahara poñen de moda os octopus galegos e, mais concretamente, o mellor de todos os polbos do mundo… que é, sen dúbida, o polbo costamorteño.
A realidade e que todos eses pescadores furtivos marroquies pescando, (saqueando), con caldeiros amarrados a unha corda poden vender moi barato polbo de fondo areoso a dez euros o kilo, colapsando o mercado galego, mediante empresas distribuidoras galegas que o mercan legalmente. Tiran os prezos e fartan de cefalópodos, de menor calidade, este mercado salvaxe que xa nin entende de normas nin de procedencias.
E o gobernallo galego e madrileño nada fan para frenar todo esto concientes de que a pesca do polbo en Galicia xa ten os seus días contados. A táctica de Rajoy é, a de sempre, agardar e non facer nada.
As novas técnicas na cría do polbo en cautividade, piscifactorías, avanzou tanto que para o 2019 e/ou 2020 a pesca de cefalópodos salvaxes xa non será rentable e iso significa que unha gran parte da flota pesqueira costamorteña vai ter que reconvertirse ou ir para o desgüace. A derradeira estocada ao cerco vai ser este novo rexurdir do polbo de piscifactoría que sairá a moi pouco prezo e en cantidades nunca endexamáis vistas facéndose moi rápidamente co mercado mundial.
Pero tamén avanza a cría en cautividade doutras moitas especies e eses novos avances veñen para quedar e para facerse cos mercados polo que tanto furtivos marroquies no sahara como as pesqueiras legales nosas, todos eles, teñen xa os días contados.
A ciencia e as tecnoloxías modernas queren facerse co mar e conseguirano e, aquí, nós, na costa atlántica, como pobo mariñeiro que somos, seremos testemuñas obrigadas a presenciar o estrepitoso final da nosa forma de vida mariñeira e eses novos arrastreiros xigantes completamente robotizados peneirarán os océanos ata que só quede a auga e nada máis.
A pesca con electricidade foi (de momento) paralizada no parlamento europeo mais a acuicultura e a pesca de arrastre hiper-moderna teñen vía libre para tomar por asalto as lonxas mundiais. Só unha unión de última hora dos armadores, patróns, redeiras/os e mariñeiros para esixir medidas urxentes poidera ser salvación de último segundo con algún tipo de distintivo de calidade para os nosos productos legais e salvaxes (cerco) ou axudas económicas ou algo similar. Mais a unión segue a ser escasa por estes lares. E así nos vai.
- Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.
Outros artigos de Óscar de Souto
- Os cruceiros fecais, todo é unha cadea!!.
- A lenda das mariscadoras multimillonarias.
- Os segredos soterrados nas areas do Esteiro do Anllóns.
- Vínculos indestrutibles.
- Turismofobia: Cando o turismo é negativo.
- Caso Dunas de Laxe.
- A esencia das novidades.
- 17 de maio: Crónica dunha gran desfeita.
- Peregrinos de Autopista.
- A nosa sangue celeste.
- Descende o paro na Costa Morta.
- A creatividade costeira… florece na primavera.
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán.
- O verdadeiros donos da Casa Republicana do Concello de Cabana.
- Buscando tesouros na praia de Laxe.
- A morte da Costa da Morte.
- Todos fomos ese neno labrego de Neira Vilas.
- Unha de cal e unha de area.
- Obscenidade, sexo e poesía.
- O Raio Vermello de Dombate.
- #12do12ás12: Galicia…. en pé de guerra.
- Con Laxe no punto de mira.
- Esta nosa Costa do Solpor.
- Brúan as vacas en Fisterra.
- A maxia dos sons ocultos.
- Carta aos amigos da radio libre.
- A puta conciencia.
- O rescate das gafas vermellas.
- Os Emperadores do mundo.
- Turismo de cantimplora.
- Os lobos feroces.
- En Laxe… os meniños escoitan cisnes.
- O Día das Letras… sen letras.
- Agora que as nosas casas son as casas do mar.
- Sen corpo para festas.
- Os timadores da bombona.
- Porcos e pienso.
- Alén dos nosos mares atlánticos.
- Con rumbo a porto esperanza.
- Crónica dunha morte anunciada.
- De vacacións a Suiza.
- Os laboratorios do verso.
- As nosas Rosalías.
- Esa amante secreta de Eduardo Pondal.
- O Dolmen de Dombate e o raio vermello do Solsticio de inverno.
- A envexa dos anxos e das prumas.
- Antón Borrazás, apagouse a túa luz.
- A cousa de Dombate… a debate.
Novas relacionadas
- Nova poesía para as ondas de radiONeria e Radio Roncudo con Óscar de Souto.
- Cabaneses que espallan cultura.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).